O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
"O tío Miseria. Conto metá d' este mundo, e metá d' o outro" en Galicia Moderna


O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro
Incluído en O tío Miseria e outros contos
      Enrique Labarta       (1897) 1968
 



"O tío Miseria. Conto metá deste mundo, e metá do outro",[1] de Enrique Labarta, inclúese no libro O tío Miseria e outros contos, publicado en 1968, na Colección O Moucho de Edicións Castrelos.[2]



                         I .

ERA o tío Miseria o labrego de mais bon
humor de toda a comarca. Daba
xenio ver aquel home de cote alegro, riso-
ño e churrasqueiro, e sentíase unha come-
zón d' envexa ô miralo tan felís ¡Vaya si
era felis! E tina porque selo; pois gráceas
á Dios ô bon d'o petrucio nunca lle faltou
nada n-este mundo... pra morrer de fame.
  Pol-a sua posición social podíaselle
chamar burgués á boca chea e ser apun-
tado n-o libro roxo d' os anarquistas pró
dia d'aq venganzas; porqu' o tío Miseria
era tod' un siñor porpietario, dono ausoluto
d' unha leira de cinco varas de longo, e
d' unha casa terreña de moitas comodida-
des, onde cabian perfeutamente de pé, él,
a parenta, un fillo y-a vaca marela. Y-
einda quedaba siteo pra catro mais ..
poñéndos' uns enriba d' outros.
  En cant' á comer, n-a sua casa comíase
ben. Pol-a mañan verzas cun auga, ô me-
deo día auga con verzas, e â noite volt-âs
verzas e volt-â y-auga. O estómago d'o
tío Miseria foi consencoente c' as verzas
tod-a vida e gardoulles fidelidade hastr' a
sua morte. ¡Talladas... nin velas! ¡Nunca
quixo trato co-as talladas!
  O tío Miseria era ademáis todo'un home
importante: un ciodadano libro á quen o
Goberno encheu xenerosamente hastr' a
coronilla de dereitos ceviles e polítecos.
Como que tiña o dereito de pensar .. que
non tiña un carto, o de casarse e crial-os
fillos, o de comer verzas e beber auga
d'a fonte, o de votar... ;y-hastra o de
estoupar! E todo iso á cámbeo de bên pou-
ca cousa: total, unhas pesetiñas do contre-
buceon pol-a leira, outras poucas pol-a
casa, algunhas mais pol-o consumo d'as
verzas, e o importe de tres cédolas: a sua,
a d'a parenta y-a d'o fillo. !Y hastra
houbo quen quixo facerlle pagar a d'a vaca
por cuesteon d' analoxia!
  Era tamén o tío Miseria un home ilus-
trado, gráceas ô Goberno, que Ile puxo


[...]


Notas[editar]

  1. Publicado orixinalmente en 1897 no n.º 6 de Galicia Moderna
  2. En 1996 a Editorial Galaxia reeditou O tío Miseria e outros contos co simple título de: Contos.



<<<< >>>>