O sol d'a libertade
Aparencia
O sol d'a libertade Manuel Antonio
Cando o sol lostreguee tral-a outra[1] montana
colle a fouce sagrada e bota un forte aturuxo
que se escoite n’a aldea e n’a cibdá lexana
onde a servil Infamia seu negro trono puxo.
Cando o sol alomée, lumioso e radiante,
marcha ergueito e disposto pol-a ruta esquencida.
Podes facer, si queres, a tual i-alma xigante
Podes hachar, si loitas, o que val máis que a vida.
Cando, longo n’a tarde, voe outro hourizonte,
de xionllos recibe, dend’a cume d’o monte,
a postreira raiola que revoe n’o val.
E garda no teu peito o rayo derradeiro,
e xura coma un vello i-andante cabaleiro,
defendel-o hastra a morte, coma un Santo Graal.
Notas
[editar]- ↑ É probable que se trate dunha errata e Manuel Antonio quiexe escribir outa, non outra