Oí oje eu ũa pastor cantar

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Oí oje eu ũa pastor cantar       Airas Nunes      
 


Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 454 ; Cancioneiro da Biblioteca Nacional: 868 869 870

Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 868 869 870.

 
Oí oje eu ũa pastor cantar,
du cavalgava per ũa ribeira,
e a pastor estava senlheira,
e ascondí-me pola ascuitar
e dizía mui ben este cantar:
«So lo ramo verde frolido
vodas fazen a meu amigo.
e choran olhos d'amor.»

E a pastor parecía mui ben,
e chorava e estava cantando;
e eu mui passo fui-mi achegando
pola oír, e sol non falei ren;
e dizía este cantar mui ben:
«Ai, estornhinho do avelanedo,
cantades vós e moiro eu e pen
e d'amores ei mal».

E eu oí-a sospiar entón
e queixava-se, estando con amores
e fazía a guirlanda de flores.
Des i chorava mui de coraçón
e dizía este cantar entón:
«Que coita ei tan grande de sofrer,
amar amigo e non o ousar veer!
E pousarei so l'avelanal.»

Pois que a guirlanda fez a pastor,
foi-se cantando, indo-se en manselinho,
e tornei-me eu logo a meu caminho,
ca de a nojar non ouve sabor.
E dizía este cantar ben a pastor:
«Pela ribeira do río cantando
ía la virgo d'amor: quen amores
à, como dormirá, ai bela frol !