Nouturnio
D'a aldea lexana fumegan as tellas
detrás dos petoutos vai póndose o sol
retornan pr'os eidos, co'a noite, as ovellas
triscando n'as beiras o céspede mol.
Un vello arrimado n'un pau de sanguiño
o monte atraversa de car' ó pinal.
Vai canso; unha pedra topou n'o camiño
e n'ela sentouse pra folgos tomar.
-¡Ai! dixo, que triste,
Que triste eu estou!
E o sapo que oía
repuxo: ¡Cro, cro!.
As ánemas tocan. Tal noite como esta
queimóuseme a casa, morreume a muller,
ardeume a xugada na corte, i a besta
na terra a semente botouse a perder.
Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo d?entón a pedir,
mais cando non topo pechada-las portas
os cans sáenme a elas e fanme fuxir.
Canta, sapo, canta,
ti e eu somos dous.
E o sapo, choroso,
cantaba «cro, cro».
Soliños estamos entrambos na Terra
mais nela un buraco ti alcontras, eu non.
A ti non te morden os ventos da serra
a min as entranas e os ósos me ron.
Ti, nado nos monte, nos montes esperas
decote cantando teu térmeno ver;
En, nado entre os homes, durmindo entre as feras
a morte non acho se quero morrer.
Xa tocan? Recemos,
¡que dicen que hai Dios!
El reza, e o sapo
cantaba «cro, cro».
A noite cerraba, e o raio da lúa
nas lívidas cumes comeza a brilar;
curisco que tolle nas árbores brúa
e escóitase ao lexos ó lobo ouvear.
O probe do vello, cos anos cangado,
ergueuse da pedra, y o pau recadou;
virou cara os ceos o pucho pechado,
e cara ós touzales rosmando marchou.
Cos ollos seguíndoo
na escura extensión,
o sapo quedouse
cantando «cro, cro».
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|