Saltar ao contido

Non pode ser

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Non pode ser (Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


Anda... Anda...

As nubes tamén iban
Qué escuro se iba pondo!


Anda... Anda...

A chover docementes
un agarimo dondo


Anda... Anda...

Sin camiño na serra
Enxurradas no fondo


Anda... Anda...

A ista cruz desterrada
ven rezar a Estadea


Anda... Anda...

Na baixada do monte
aquilo é unha aldea


Anda... Anda...

Ese alento das velas
cando chegan ó porto


Anda... Non pode ser!
Nista aldea esquencida
tamén están tocando a morto.


<<<< >>>>