Neboeiro

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


N E B O E I R O       Antón Losada Diéguez       Nadal, 1926
 


Publicado en Faro de Vigo o 1/1/1927.
Unha variante publicouse postumamente no n.º 71 da revista Nós, como "Lonxe" o 15/11/1929.[1]


L   O   N   X   E


Probes rosas, saudosas
Esperando amañecer;
Loumiñadas, degaradas
Por medrar, y arrecender.
Tristes rosas amorosas,
Todo chega y-o fin chega
Cando a pola se dobrega
E non vos pode soster.


Craros soños, frolecidos
Cobizando un ideal;
Aniñados, enchoyados,
N'unha roseira lanzal.
Tristes soños noitecidos,
Todo chega, y-o fin chega
Se dos soños soilo queda
O Imposibre no rosal.
Pontevedra, Nadal, 1926


L O N X E.jpg

Notas[editar]

  1. Páxina 191 do n.º 71 da revista Nós en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Véxase tamén[editar]