Nazonalismo. Pra Vicente Risco
Nazonalismo Roberto Blanco Torres 1918
O pobo entende pouco de nazonalismo, cando non lle fala ás febras do sentimento. As ideias políticas aséntanse sóbor o laboreo do inteleito, sóbor da íntema espeitazón da concencia, e percisan dunha terapéutica moral nobre, artruísta e xenerosa. O povo inda non puido decatarse do xeito direitor e progresivo destes fenómenos —políticos, económicos ou sociaes—; non poido atendere ao cultivamento desas forzas ferventes e intensivas que transforman normas e siñalan novas estradas.
Por outro xeito, ao representante do povo, ao político de oficio, non lle importa un res o nazonalismo; ou non lle interesa,, porque ao intresarlle inquedaríao e perturbaría seus folgos e súa voluptuosa preguiza, ou coida nel a posibilidade dunha perda de domiño, de influencia e polo tanto súa bancarrota persoal. Seguir como se está; velaí un bon programa predileito do político gallego.
O enunciado do nazonalismo gallego, do noso nazonalismo, fervente nas y-almas enxebres ateigadas de forza e de amore, debera ir diante de toda Galicia, sin distinción de cras algunha. Abondaría, para seguilo no seu desenvolvimento e camiño, soimente ser nado en Galicia, sentila e pensala. Esto e algo así de senso común. (Cómpre acrarar qe empleio esta frase como algo que "salta á vista". Polo demais, teño do chamado senso común o pior conceito e moi malas referencias). Aínda dase o caso de que hay quen mira con indiferenza e inda con receio o ideal da nazonalidade gallega. Pero ¿cicais o trunfo desta ideia non sería o trunfo de todos, o trunfo de Galicia? ¿Cicais intresa soamente ás Irmandades, nos seis impulsos patrióticos e progresistas, e non tamén a toda entidade, a toda corporazón, a todo cibdadano gallego? ¿E que un ideial desta natureza non vai a trocarse sinón nunhas calderillas que vanse repartir entre os chamados soñadores e románticos? ¡Santo romanticismo e santos ensonos!
O político gallego doulle moi pouco creto á súa propia capacidade —xusta se entende— e non poide achegarse con nobres curiosidades ao movimento nazonalista, porque, receioso e parvo, coida que o éixito socava seus fueros dentro do seu radio de aición. Y el se encarrega de oporlle todos os orgos da súa hostilidade y a resistenza vountaria daqueles ciudadanos que operan ao tuntún ás súas ordes.
¿Cabe dentro da Galicia un ideial nazonalista? En todo caso, si é que hay neles algunha posizón ideolóxica —que ben o dubidamos— eso é o que deberan facer ouxeto de problema polémico os caciques e toda esa caterva de políticos africás que se revolven e despreguizan ante as empresas libeiradoras e sementan a mala fe y a cizaña nos coutos do seu arbitrio feudal. Y entonces poideriamos discutir e daríasenos oportunidade de poñer diante os seus ollos as caraiterísticas integrantes das nazonalidades, nas que figuramos con releve e dereito propio.
Os grupos étnicos teñen unha fisonomía inconfundible. As nosas cualidás diferenciaes costitúen unha persoalidade con todos os xeitos temperamentaes e sicolóxicos. A iuxtaposizón de elementos non quer decir fusión de caracteres específicos. No xeográfico, filolóxico y ético somos un povo, unha nacionalidade.
Temos de loitar. Toda causa outa e xusta ten aparellados sacrificios y heroísmos. Pros espritus acesos hastra as prazas púbricas son púlpetos unxidos por púrpuras ideaes insenescentes e groriosas...
- Publicado en: A Nosa Terra nº 73-74, A Coruña, 5/12/1918. p. 6-7.
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|