N'o ceo, azul crarísimo

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


II. ¡Do íntimo! (Follas novas)       Rosalía de Castro       1880
 



Follas novas 1880 Rosalía Castro de Murguía.pdf




               * * *


   N'o ceo, azul crarísimo;
N'o chan, verdor intenso;
N'o fondo d'a alma miña,
Todo sombriso e negro.
   ¡Qu'alegre romaría!
¡Qué risas e contentos!...
Y os meus ollos en tanto
De bágoas están cheos.
   Cubertos de verdura,
Brilan os campos frescos,
Mentres qu'a fél amarga
Rebosa n'o meu peito