Saltar ao contido

Much Longer Than You Think

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Much Longer Than You Think
de Oksana Bugayova
Interpretada polo grupo musical To Leave A Trace, 3º tema do seu álbum Fight Your Evil Side.
Goza cada día da túa vida,
aínda que pareza que a vida dura demasiado.
Non esquezas que ao morrer
estarás morto moito máis tempo.
E non podes cambiar nada unha vez morto,
pero podes cambiar antes de morrer.
Non lle teñas medo a un corazón roto.
Non teñas medo de caer.
Deixa atrás toda esta dor.
Érguete sempre de cara ao mañá.
E non podes cambiar nada unha vez morto,
pero podes cambiar antes de morrer.
Así que converte o teu corazón en puro amor,
así vivirás moito máis do que cres.
Onte desapareceu, mañá agarda nalgures,
hoxe podes converterte nunha persoa mellor.
Paga a pena que cambies completamente,
así como o que che arrodea.
É moi triste cando un corazón está roto,
pero máis triste é cando torna en pedra.
Cando a merda te rodea, o corazón sufre,
pero é o meu destiño, chorar eternamente nas escuras nubes da morte?
Eu non o creo!
Eu non o creo!
Afastarei dos afiados cairos da morte.
Afastarei dos afiados cairos da morte.
Afastarei dos afiados cairos da morte.
Afastarei dos afiados cairos da morte,
ata perdelos de vista.
Pero non esquezar o amor de Xesucristo,
atravesado polos cravos.
Morre con el e vivirás
moito máis do que pensas,
moito máis…


Esta obra está protexida polos termos da licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported, que permite o libre uso, distribución e creación de obras derivadas, sempre e cando a licenza se manteña e se indique claramente, e se recoñeza a autoría da obra.