Saltar ao contido

Monólogo (Balás, 1912)

En Galifontes, o Wikisource en galego.


MONÓLOGO       Emiliano Balás Silva       1912
 



EL Correo Gallego, Ferrol, 9/2/1912.


NUESTROS COLABORADORES

MONÓLOGO

___

   He aquí el aplaudido monólogo, original del inspirado poeta y querido amigo nuestro D. Emiliano Balás, recitado, como presentación del coro pontevedrés Aires d'a terra en la Fiesta Gallega que se celebró en el New England el martes último:

   Señoras e señores, rogolles disemulen
ó meu atrevimento, eu, viña parolar
con vosco, un pouquichiño; mais, anque a falar veña
nin son un badueiro nin son un badallán

   Abofé, que nengunres de cantos ahí estades
podedes maxinarvos, siquera, quen eu son; .
nin as cobizás, nobres, que gardo acó n'o peito;
nin as fondas peniñas que m'enchen de delor.

   Son, unha mesturanza d'amores e xenrreiras, ^
de mágoas e d'aldraxes, que sempre ya esquenciu
os tempos de que datan; pois hevos miña hestoria
á hestoria dun escravo, xa cheo de sofrir...

   Eu, fúnvos, ben o podo decir, moi galloufeiro,
un pai da miña pátrea; un nobre loitador,
qu'a Iberia, edas que toda, d'o mouro asovallada,
en terra libre, grande y espréndida trocou.

   Eu, n'os antigos tempos, loitei con Viriato
da forte Roma en frente, en fero batallar;
e fun, n'a derradeira centuria, quen primeiro
das aigas d'os franceses, librou ó noso chan...

   ¡Me chaman cobizoso, e, doulles o meu sangre
sin marmular tampouco, nin perda teño d'el!
Me chaman cobizoso, e, avida enteira dinlles
á aqueles que m'aldraxan e fanme descreer!

   En pago dos meus trunfos, solo disprecios, danme;
^ do chan tan feiticeiro, que sempre defendín,
a forza de trabucos, de foros e gabelas,
me botan, ^desleigados! facéndome fuxir.

   Pra min, e sempre inverno (como decia Curros)
pra min, o ledo Mayo frorido, nunca ven,
pra min, e sempre noite... pero ^Quen sabe, ainda,
s'os batumes qu'estoupan, collidos, non terei?

   Os pobos nunca morren, si n'o sufrir se tempran
e valentes e fortes, nobres e honrados son;
non temen ser, os duros diamantes, arrayados,
por moito qu'os abatan, n'as penas, os cachóns...

   Mais eu, meus amiguiños, estábame esquecendo
d'a causa que me trouxo, con vos á parolar;
eu, veño presentarvos un fato de rapaces,
enxebres trovadores, garrida mocedá.

   Eles, vos dirán cousas que solo decir saben
isos airiños mornos, sinxelos, retozóns,
que.fan zoar a os pinos queixumes marmuleiros
e fanlle ceibar pelras abarreando á fror.

   ¡Oideos!, ^Ascoitade seus cantos melancónicos,
os ecos da montaña e mais d'a veira mar!,
¡oide, os esgarrantes, potentes aturuxos
que votan, cando a copra os aires fendeu xa!

   Oíndoos, sentiredes qu'a risa, po-l'os beizos,
facendo coxeguiñas, ordena d'asomar
e as bágoas outras veces virán ós vosos ollos
cal pingas qu'escorreran d'un puro manantial.
...............................................

   Adiós, lles digo a todos; eu, sintom' obrigado
po-l'as bondades vosas; despois de presentar
á istes mozos etucebres, demamdovo-l'a venia,
pra, c'a vosa licenĉia, poderme retirar.

                                        E. BALÁS

Véxase tamén

[editar]

Bibliografía

[editar]