Mariña-nocturno
Aparencia
Mariña-nocturno(Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
Beira do mar
Un silenzo de brétema
é o enterro da tarde fracasada
Inconcretamentes
teño unha voce Eu
e a onda infinda
amigante
repétema.
Foise o veleiro canso
Dilueuse
no tráxico da brétema
do lonxe
do serán e do mar
E suxereuse
a visión cavilosa da neurosis dun monxe.
Na alameda nocturna
misántropo cada farol.
case non se adiviñan as mudeces que choran
Volve do mar un son
Algo
(non se sabe nin chega)
sínte-se vir encol.
<<<< | >>>> |