Letrilla de los labradores gallegos a los regios desposorios

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa


LETRILLA de los Labradores Gallegos á los Regios Desposorios de S. M. en las funciones de la M. N. y M. L. Ciudad de Santiago, con su acostumbrado Ala, lála, lála, lála, Ala, lála, lála, lá.       Autor descoñecido. Santiago de Compostela, imprenta de Juan Francisco Moledo       1829
 


 
Vinde hermosas Santiaguesas;
vinde Nenas á cantar
ó noso REY DON FERNANDO,
que se acaba de casar.

Veñan as de Vista-alegre,
de S. Lourenso é Belvis,
con pandeyros é ferreñas,
é con gaytas do país.

Veñan tamen as de Conxo,
Picaños, é de Mallou,
á saber que ó REY de España;
coa unha Estrela se casóu.

Esta santa criatura
alá na Italia naseu,
é Dios pra' groria nosa
á FERNANDO lla sedeu.

Anque de terra tan lonxe
non por eso se olvidóu,
nin da sangre que acá tiña,
nía da leyte que mamou.

Ela vén á ser sobriña
do seu Novio, ó noso REY,
é por eso, ¡miña xoya!
anos de ter moita ley.

E garrida como á prata,
é bunita como ó Sol,
é ha de ser ó amparo
do desdichado Español.

E alegre, falangueyra,
é de moi donosa vos,
ten caridade dos probes,
é santo temor de Dios.

E á primeyra CRISTINA,
que de REYNA á España ven,
é ha de ser sin segunda
po las virtuaes tamen.

Bástalle que teña ó nome
de Cristo noso Señor,
pra que en ela busquemos
un segundo Redentor.

As miserias é traballos,
que nos poidan afrixír
todo, todo ¡miña rosa!
con gusto nos ha de oir.

Tirrias, vingas, é liortas
xa moi logo tendrán fin,
pois para faser as pases
baixou este Serafín.

Alcabalas é trabucos,
é canta gavela hay,
á favor dos labradores
todo á rebaixarse vay.

Tratos, comercios, é astrusias
salida logo han de ter,
e nas feyras é mercados
ó gando vay á correr.

Xá parese que rebrinca
no quinteyro por salir,
é que se senten os cartos,
nas faltriqueyras ruxir.

Grasias á Dios que podemos
dous netos oxe botar,
porque as endromenas todas
outro xeyto han de levar.

Viva ó noso Rey FERNANDO,
viva Cristina, é sua Nai
vivan as filias Infantas,
é tamen viva seu Pai.

Alegrádevos miniñas:
esta Boda festexá,
que pronostico seguro
da vosa tamen será.

Dios queira que canto antes
un Reysiño salla á lus,
pra que poidan os Gallegos
ó deño faserlle á crus.

Miña virxern do Corpino,
meu glorioso San Ramón,
dádelle un fillo á CRISTINA,
que console esta Nasión.

Dádelle moita fortuna,
é que nunca sinta mal,
pra que FERNANDO se folgue
na sua grasia anxelical.

O Padre Eterno lles bote
á sua santa bendision
é teña este Casamento
decote no córason.

Déalles por moitos anos
gracias, é bes á montós,
no seu Palasio alegría,
é nas suas uchas millós.