Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia
Foi derrogada pola Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia |
Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia
Exposición de motivos
[editar]O dereito civil de Galicia é unha creación xenuína do pobo galego. Como dereito regulador de relación entre suxeitos privados, xorde ó longo dos séculos na medida en que a súa necesidade se fai patente fronte a un dereito que, por ser común, negaba as nosas peculiaridades xurídicas emanadas do mais fondo sentir do noso pobo. É por iso un froito da realidade social e, como tal, cambiante ó longo do tempo, de xeito que mentres unhas institucións perden vixencia aparecen outras que tratan de acomodarse á nova situación. Esta tensión entre a realidade e a supervivencia de formas xurídicas que van sendo superadas foi dando, así mesmo, novo sentido a novas institucións, xa que poucas veces poderá atoparse unha relación funcional tan estreita entre esas necesidades que as institucións xurídicas tentan acadar e a realidades de cada momento histórico.
Este proceso de creación consuetudinario e do dereito civil, como froito dunha realidade concreta no tempo e no espacio, viuse, certamente, interrompido polo movemento codificador uniformador xurdido no século XIX. É, precisamente, o Código civil de 1889 o que coloca á marxe da legalidade vixente unha boa parte do noso dereito civil propio, sen que esta situación fose, nin moito menos, resolta co promulgación, en 1963, da Compilación do dereito civil de Galicia, fragmentaria, incompleta, falta de entidade propia dun sistema xurídico e, en consecuencia, en boa parte, de costas á realidade social O Estatuto de autonomía de Galicia de 1981 creou un novo marco, dentro do que pode conservarse modificarse e desenvolverse o dereito civil galego, tal como determina no artigo 27.4, ó fixa-la competencia exclusiva da Comunidade Autónoma, ó abeiro do previsto no artigo 149.1.8º da Constitución española de 1978. Sen prexuízo da competencia estatal en materia de lexislación civil, de acordo co previsto na Constitución e nos estatutos de autonomía, as comunidades autónomas poderán conservar, modificar e desenvolve-los seus propios dereitos civís, forais ou especiais, alí onde existan. marco estatutario completouse ademais coas súas previsións específicas sobre a parroquia rural, de acordo cos artigos 27.2 e 40 do Estatuto, que asoma nas disposicións desta lei sobre a comunidade veciñal, sobre as comunidades de augas ou sobre o réxime xurídico dos montes veciñais en mancomún, incorporados ó dereito autonómico por mor do previsto no devandito artigo 27 do propio Estatuto, entre outra competencias que inciden, naturalmente, sobre os máis diversos aspectos das relacións xurídico-privadas De singular transcendencia para o dereito civil galego é o artigo 38 do Estatuto de autonomía, expresivo das fontes do dereito propio de Galicia. No seu parágrafo terceiro di que "na determinación das fontes do dereito civil o Estado respectará as normas do dereito civil galego". Esta lei, no seu título preliminar, fa uso desta facultade e especifica nitidamente que o dereito civil de Galicia estará integrado polos usos costumes propios e polas normas contidas na presente lei, así como polas demais leis galegas que conserven, desenvolvan ou modifiquen. Nos demais artigos do título preliminar complétase o marco da normas do dereito civil de Galicia dentro das máis estrictas previsións constitucionais e estatutarias A Sentencia do Tribunal Constitucional número 182/1992, sobre a Lei 2/1986, do 10 de decembro, do Parlamento de Galicia, de prórroga no réxime de arrendamentos rústicos para Galicia, interpretou, mo axeitadamente, as expresións constitucionais e estatutarias sobre o ámbito material no que debía conservarse, modificarse ou desenvolverse o dereito civil galego. Dixo expresa e nitidamente que, sendo certo que a vixente Compilación do dereito civil de Galicia non contén ningunha regra, directa e expresa sobre o arrendamento rústico, non o é menos -como consideración de principio que a competencia autonómica para a conservación, modificación e desenvolvemento do propio dereito civil pode dar lugar segundo xa dixera na recente STC 121/1992 (fund. xurídico 2º), a unha recepción e formalización lexislativa de costumes e usos efectivamente vixentes no respectivo territorio autonómico, eventualidade esta última, que resulta aínda máis clara visto o enunciado do referido artigo 27.4 do Estatuto de autonomía de Galicia, pois na idea de "institución" xurídica, presente en tal precepto, intégranse o pódense integrar, con naturalidade, posibles normas consuetudinarias. En similar sentido pronunciáronse os distintos congresos de dereito galego, cando proclaman que a Compilación de 1963 non era expresión completa do noso dereito civil e, pola contra, fóra dela pervivían moitas institucións que agardaban a súa incorporación ó dereito vixente.
A presente Lei de dereito civil de Galicia tenta, pois, desenvolver, en tódolos seus aspectos, aquela institucións xurídico-privadas que realmente estivesen vivas no dereito propio de Galicia. De seguro que existen institucións que a lei non regula e que teñen méritos propios para ser incorporadas ó dereito escrito de Galicia. Por iso, en previsión da existencia de tales institucións, pero tamén das dúbidas e do problemas que a aplicación da presente lei puidese suscitar na práctica, establécese unha fórmula co fin de que se someta, cando se estime oportuno, como máximo no prazo de cinco anos, a unha avaliación presente texto mediante o informe dunha Ponencia especial, sen prexuízo da iniciativa parlamentaria que pode existir en calquera momento, de xeito que os grupos parlamentarios ou a Xunta de Galicia puidese facer no seu día uso de oportunas iniciativas lexislativas que permitan a conservación, a modificación ou o desenvolvemento propio do dereito de Galicia.
Estamos ante un dereito vivo de Galicia. Nado nos campos galegos, como emanación singular dun rico dereito agrario, desbordado hoxe, incluso na vida cotiá das súas urbes. Lonxe da preocupación de calquera tentación arqueolóxico-xurídica, a lei pretende regular institucións válidas para os intereses e a necesidades do pobo galego. As comunidades de montes veciñais en mancomún, as de augas, as agras os vilares teñen unha regulación específica. A dúbida sobre a posible incorporación dunha regulación do muíños de herdeiros como unha institución viva do dereito galego levou á Ponencia ó convencemento da oportunidade da súa inclusión, por canto pode ter de interese como elemento de interpretación integración dun sistema xurídico-civil propio de Galicia. O título dedicado ás serventías ocupa un ancho longo espacio, xa que as relacións de veciñanza e a propia configuración do sistema agrario galego así aconsellan. En canto ós contratos, a parcería, o arrendamento rústico e o lugar acasarado teñen hoxe unha excelente vitalidade, o que aconsella a súa regulación por medio da presente lei.
Se vivo e expresivo dun dereito propio é o sinalado no parágrafo anterior, complétase a súa riqueza co aquelas institucións constitutivas dun réxime económico familiar con fórmulas específicas de dereito sucesorio, integradoras dunhas relacións xurídico-privadas de gran alcance, pois definen as forma familiares e o papel da casa no desenvolvemento non só do dereito galego, senón tamén de grande elementos explicativos da cultura galega. Institucións como o vitalicio, tan vivo na realidade socia galega, acadan agora un estatuto xurídico que as circunstancias do noso tempo reclaman Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente promulgo en nome de El-rei, a Lei de dereito civil de Galicia.
Título Preliminar
[editar]Artigo 1
O dereito civil de Galicia está integrado polos usos e costumes propios e polas normas contidas na presente lei, así como polas demais leis galegas que o conserven, desenvolvan ou modifiquen.
Artigo 2
Os usos e costumes notorios non requirirán proba. Son notorios, ademais dos usos e costume compilados, os aplicados polo Tribunal Supremo, polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou pola antiga Audiencia Territorial de Galicia.
Artigo 3
1. Aplicaranse o Código civil e as demais leis civís comúns cando, ó faltar costumes e leis civís galegos esas normas non se opoñan ós principios do ordenamento xurídico galego 2. Non serán aplicables os usos e costumes cando fosen contrarios a leis imperativas.
Artigo 4
O dereito civil galego terá eficacia no territorio da Comunidade Autónoma. Exceptúanse os casos no que, conforme o dereito interrexional ou internacional privado, deban aplicarse outras normas.
Artigo 5
1. A suxeición ó dereito civil de Galicia determinarase pola veciñanza civil , consonte o disposto no dereito civil común.
2. Os galegos que residan fóra de Galicia terán dereito a mante-la veciñanza civil galega consonte disposto no dereito civil común e, en consecuencia, poderán seguir suxeitos ó dereito civil de Galicia.
Título I: Da situación de ausencia non declarada
[editar]Artigo 6
Na situación de ausencia non declarada xudicialmente, para os actos e negocios de administración que non admitan demora, o cónxuxe non separado legalmente, os descendentes e mailos ascendentes, por esta orde, con capacidade xurídica plena, maio res en idade en relación cos do seu grao, representarán ó ausente mentres a citada situación permaneza.
Artigo 7
Os bens do ausente a que se refire o artigo anterior serán aproveitados polo cónxuxe e, no seu defecto polas persoas referidas nese artigo, de acordo coa mesma prelación e coa obriga de render contas.
Artigo 8
Nos casos referidos anteriormente, o representante do ausente percibirá, como mínimo, o vintecinco po cento dos froitos netos dos bens que goberne.
Título II: Da casa e da veciña
[editar]Artigo 9
A casa patrucial e os seus anexos constitúen un patrimonio indivisible.
Artigo 10
Os patrucios dunha parroquia constitúen a veciña, que administra os bens en mancomún, segundo costume ou consonte o acordado pola maioría. Quedarán excluídos deste réxime os montes veciñais e mancomún, que se rexerán pola súa propia lexislación.
Artigo 11
A veciña reunirase polo menos unha vez ó ano, cando, como e onde o acorde, e estará presidida polo vigairo ou patrucio de máis idade ou pola persoa escollida pola maioría dos patrucios. O presidente te voto de calidade en caso de empate.
Artigo 12
O presidente chamará ós patrucios con tres días de antelación. De non o facer así, a veciña reunirase o 3 de decembro de cada ano, agás que houbese costume de xuntarse outro día.
Artigo 13
Na reunión anual da veciña, polo menos someteranse a aprobación as contas do ano anterior e fixaranse os plans ou obxectivos de actuación para o ano seguinte. Os acordos inusitados serán documentados.
Título III: Dereitos reais
[editar]Capítulo I: Comunidades
[editar]Sección 1ª: Dos montes veciñais en mancomún
[editar]Artigo 14
Son montes veciñais en mancomún, e rexeranse pola súa lexislación específica, os que, co independencia da súa orixe, das súas posibilidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais, e non como entidades administrativas, e veñan aproveitándose consuetudinariamente en réxime de comunidade se asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños con casa aberta e con fume.
Sección 2ª: Da comunidade en materia de augas
[editar]Artigo 15
1. O propietario dunha leira pode aproveita-las augas da chuvia, estancadas ou non, facendo saí-la sobrantes polo lugar acostumado.
2. Tamén pode aproveita-las subterráneas que nazan ou abrollen na súa leira, sempre sen prexuízo do dereitos preexistentes.
3. As augas nacidas en montes en mancomún aproveitaranse segundo o costume, e as que alí abrolle segundo o que acorde o organismo representativo da comunidade veciñal de montes en mancomún.
Artigo 16
1. As augas de torna a torna ou pilla pillota aproveitaranse segundo o uso e, a pedimento dalgún do usuarios ou partícipes, partiranse por horas, días ou semanas, en proporción á extensión que se viñese regando.
2. Os aproveitamentos existentes presúmense inmemoriais e por acta notarial de presencia poderán ser inscritos no Rexistro da Propiedade.
Artigo 17
O disposto neste capítulo deixará a salvo o establecido na vixente lexislación de augas.
Sección 3ª: Dos muíños de herdeiros
[editar]Artigo 18
Son muíños de herdeiros os de propiedade común indivisible dedicados a moer grans para consumo familiar e alimentación do gando dos seus copropietarios.
Artigo 19
1. O aproveitamento da cota indivisa na propiedade farase por pezas ou grupos de horas que acorden o copartícipes e nos días que establezan, e, no seu defecto, polo que fose costume, sendo exclusiva de cada herdeiro a cota asignada e, polo tanto, susceptible de permuta, alleamento ou arrendo, facendo seus o froitos ou utilidades que produza.
2. Os copropietarios contribuirán proporcionalmente ós custos de conservación e reparación do edificio da maquinaria e do aproveitamento da auga, sen que entre eles haxa que pagar maquía.
3. Os copropietarios poderán exercita-lo dereito de retracto, no caso de transmisión inter vivos, da peza o parte da peza da que outro partícipe dispuxese
Artigo 20
1. Calquera modificación no uso e aproveitamento respectará o dereito de cada partícipe e requirirá o voto favorable da maioría que posúa a meirande parte do uso e aproveitamento.
2. Os acordos da maioría que modifiquen o uso e aproveitamento serán executivos, pero impugnables no trinta días seguintes ó acordo ou á notificación.
Sección 4ª: Das agras e dos vilares
[editar]Artigo 21
1. A propiedade sobre as leiras integrantes da agra ou vilar levará inherente un dereito de copropiedade sobre os seus valos e cercados.
2. As partes en copropiedade non poderán ser alleadas ou gravadas con independencia das terras das que se reputan elementos anexos e inseparables, e na transmisión, por calquera título, do dominio dalgunh delas entenderase comprendida a cota de participación en tales elementos.
Artigo 22
De non haber pacto ou normas específicas de concentración parcelaria, o uso rexerá o aproveitamento e en xeral, as relacións xurídicas dos propietarios das leiras que integren a agra ou o vilar.
Artigo 23
O propietario ou a persoa que utilice a agra, no seu nome ou por título distinto, e use a parcela ou parcela sen respecta-los usos indemnizará polos danos e perdas ocasionados.
Artigo 24
Ningún propietario ou persoa que a título distinto utilice a leira ou leiras da agra estará obrigado a paga melloras, novos servicios ou instalacións, pero non as poderá aproveitar sen antes paga-lo que ll corresponda á súa leira ou leiras.
Capítulo II: Servidumes e serventías
[editar]Sección 1ª: Da servidume de paso
[editar]Artigo 25
A servidume de paso adquírese por lei, por dedicación do dono do predio servente ou por negoci xurídico bilateral, calquera que sexa a forma na que aquel se expresase. Igualmente, pódese adquirir pol súa poses ión pública, pacífica e ininterrompida durante o prazo de vinte anos, que comezará a contars desde o momento en que empezase a exercitarse.
Artigo 26
1. Os dereitos e as obrigas dos titulares dos predios dominante e servente virán determinados pol disposto no título constitutivo e, na servidume adquirida por usucapión, pola posesión.
2. No caso de dúbida, a servidume entenderase constituída de maneira que satisfaga as necesidades do predio dominante co menor prexuízo para o fundo servente.
Artigo 27
1. Non poderá o titular do predio dominante agravar de ningún xeito a servidume nin o do predio servent realizar ningún acto que supoña menoscabo do seu exercicio. Sen embargo, non se considerará agravación a adecuación dos medios de transporte ós avances técnicos, sempre e cando non se caus prexuízo apreciable na condición do fundo gravado.
2. Cando unha servidume de paso chegase a ser insuficiente para as necesidades do predio dominante, dono deste poderá pedi-la súa ampliación na medida en que tales circunstancias o esixisen, sempre que estado do predio servente o permita sen grave prexuízo e logo de indemnización. O aumento de necesidades poderá ser debido ás modificacións introducidas no fundo dominante de acordo co se destino e mellor uso e explotación.
Artigo 28
A servidume de paso extinguirase:
a) Por se reunir nunha mesma persoa a propiedade dos fundos dominante e servente. Para estes efecto será suficiente a adquisición da porción de terreo afectado polo paso, quedando liberado da servidume resto do predio gravado.
b) Por non uso durante o prazo de vinte anos. c) Por renuncia do titular do predio dominante.
Artigo 29
1. A imposibilidade de usa-la servidume non produce a súa extinción en canto non transcorra o prazo de vinte anos.
2. Ata o transcurso do devandito prazo tampouco se extinguirá por falta de utilidade no exercicio. Se embargo, se a servidume deviñese inútil por non lle reportar vantaxe ningunha ó predio dominante, titular do predio servente poderá solicita-la suspensión do exercicio en tanto a servidume non recobre utilidade ou non transcorra o prazo legal de extinción.
Sección 2ª: Das serventías
[editar]Artigo 30
O paso que se efectúa sobre un terreo que non teña carácter público e do que non conste o dominio ou identidade individualizada dos que o utilizan será considerado serventía ou servicio, calquera que fose que cada un dos usuarios ou causantes cedese para a súa constitución ou establecemento.
Artigo 31
Presúmese serventía ou servicio se as leiras forman ou formaron parte do agro, agra ou vilar, e se se prob o uso continuo.
Artigo 32
O exercicio de paso para a realización das faenas agrícolas en leiras ou parcelas dentro da agra ou vila practicarase do modo e da forma que se derivase do costume do cultivo á mesma man ou folla, arró cómaro ou ribazo. Quen cambiase o cultivo respecto da xeneralidade non poderá realizar, en tant estivesen pendentes as colleitas, outro paso que o de a pé polo lugar por onde non cause prexuízo para o outros.
Capítulo III: Do cómaro, ribazo ou arró
[editar]Artigo 33
O cómaro, ribazo ou arró e os muros de contención de leiras estremeiras sitas a distinto nivel ou socalco suponse que forman parte do predio sito no plano superior.
Título IV: O retracto de graciosa
[editar]Artigo 34
En tódolos casos de execución patrimonial sobre bens de natureza agraria, o debedor executado que tives a condición de profesional da agricultura poderá retraer definitivamente os bens adxudicados no prazo de trinta días a partir da data de notificación da adxudicación, mediante o pagamento do prezo e gastos de lexítimo aboamento. O organismo que fixo a adxudicación notificaralla ó debedor dentro do terceiro día e desde este intre iniciarase o cómputo do prazo para o exercicio da acción retractual.
Título V: Contratos
[editar]Capítulo I: Dos arrendamentos rústicos
[editar]Sección 1ª: Normas xerais
[editar]Artigo 35
Os arrendamentos de predios rústicos rexeranse polos pactos libremente establecidos entre as partes polas normas deste capítulo e, no seu defecto, polos usos e costumes que lles sexan aplicables.
Artigo 36
1. O obxecto do contrato será o uso e aproveitamento dos predios rústicos e os bens inmobles vinculado a eles, no seu destino agrícola, pecuario ou forestal.
2. Convido un tipo de cultivo ou aproveitamento, o arrendatario non poderá modificalo pola súa so vontade. En defecto de pacto, será o que se infira do destino do predio arrendado no momento do arrendamento.
3. Os aproveitamentos secundarios do predio pertenceranlle ó arrendatario, agás pacto ou costume e contrario.
Artigo 37
1. A renda será a que libremente estipulen as partes, que poderán acorda-lo correspondente sistema de actualización.
2. O pagamento efectuarase na forma, tempo e lugar pactados. En defecto de pacto ou costume aboaras en metálico, por anos vencidos e no domicilio do arrendador.
3. As partes poderán convir que a renda consista, en todo ou en parte, na mellora do predio arrendado.
Artigo 38
O contrato de arrendamento será obrigatorio calquera que sexa a forma na que se celebre. Sen embargo as partes poderanse compeler reciprocamente á súa formalización en documento privado ou público, po conta de quen o solicite.
Artigo 39
A duración do arrendamento será a que libremente e de común acordo estipulen as partes contratantes ou no seu defecto, polo tempo de dous anos agrícolas.
Artigo 40
1. O prazo de duración fixado no contrato só é prorrogable por acordo expreso das partes.
2. Non obstante, entenderase prorrogado tacitamente o contrato se polo menos con seis meses de antelación ó remate deste, ou ó de calquera das súas prórrogas, ningunha das partes contratantes ll manifestase á outra, mediante a correspondente notificación, a súa vontade de que o arrendament conclúa.
Estes períodos de prórroga terán unha duración de dous anos agrícolas.
Artigo 41
O arrendatario non poderá subarrendar ou ceder en todo ou en parte o predio arrendado sen consentimento expreso do arrendador.
Artigo 42
1. O arrendador debe realiza-las obras e reparacións necesarias co fin de mante-lo predio en estado de servicio, aproveitamento ou explotación ó que foi destinado, sendo a cargo do arrendatario aquelas que deriven do uso e desfrute ordinario del.
2. As reparacións extraordinarias serán sempre a cargo do arrendador, quen deberá ser advertido da súa necesidade polo arrendatario.
Artigo 43
1. Calquera dos contratantes poderá realiza-las melloras útiles de que sexa susceptible o predio segundo seu destino. Para isto deberalle comunicar previamente á outra parte este propósito, e non poderá efectualas se constase a súa oposición expresa no prazo de quince días 2. As devanditas melloras poderán ser compensadas economicamente ou mediante prórroga de arrendamento, segundo acordo das partes, tendo en conta o valor actualizado ó momento en que contrato finalice
Artigo 44
Serán de cargo do arrendador as contribucións e os impostos de carácter real que recaian sobre o predio, poderán repercutir sobre o arrendatario a metade dos incrementos que se poidan producir co posterioridade á celebración do contrato.
Artigo 45
O arrendatario saínte débelles permitir ó entrante ou ó propietario, se é o caso, os actos necesarios para realización dos labores preparatorios do ano agrícola seguinte e, reciprocamente, o entrante ou propietario teñen a obriga de lle permitir ó saínte o necesario para a recolección e o aproveitamento de froitos, aténdose en todo caso ó costume do lugar.
Artigo 46
O arrendamento extinguirase:
1) Polo vencemento do prazo estipulado e o das súas prórrogas.
2) Por perda ou expropiación da leira arrendada.
3) Por morte ou invalidez do arrendatario, quedando a salvo o dereito dos seus sucesores lexítimos ou, no seu defecto, familiares que convivisen con el e o auxiliasen na explotación da leira ou leiras arrendadas.
Os sucesores ou familiares terán que escoller entre eles, por maioría, o que se subrogará nas condicións nos dereitos do arrendatario falecido ou que caese en eiva. O viúvo ou a viúva con fillos menores terá mellor dereito.
Artigo 47
1. A instancia do arrendador poderase resolve-lo arrendamento polas seguintes causas:
a) Falta de pagamento da renda.
b) Non respecta-lo destino ou tipo de cultivo pactado.
c) Non explota-la leira durante o período de polo menos dous anos consecutivos.
d) Grave incumprimento das obrigas pactadas.
e) Causar dolosa ou culposamente danos graves na leira.
f) Subarrendo ou cesión inconsentida.
2. A instancia do arrendador non propietario: Ó extinguirse o dereito que o arrendador tiña sobre a leira Sen embargo, subsistirá o arrendamento ata o remate do ano agrícola en curso.
Artigo 48
O alleamento da leira non será causa de resolución do contrato, subrogándose o adquirente en tódalas obrigas do arrendador.
Artigo 49
1. No caso de transmisión a título oneroso do predio rústico arrendado, poderá o arrendatario que estea cultivalo de modo persoal exercita-lo dereito de tenteo dentro dos trinta días seguintes á notificación fidedigna que, para tal efecto, lle realice o arrendador, indicándolle o prezo ofrecido e as demais condicións da transmisión.
2. En defecto de notificación terá o arrendatario un dereito de retracto durante outros trinta días a partir da data na que, por calquera medio, tivese coñecemento da transmisión e das condicións reais en que se fixo
3. Estes dereitos serán preferentes a calquera outro de adquisición, agás o retracto de lindantes par predios de cabida non superior a unha hectárea e o dos coherdeiros e comuneiros.
4. Exercitados estes dereitos, non poderá o arrendatario ou o seu causante allear total ou parcialmente predio ata que transcorran tres anos polo menos desde a súa adquisición, nos que deberá ser cultivado de modo persoal, con facultade de reverter para o comprador retractado se se dese incumprimento do disposto.
5. Cando se transmitan conxuntamente leiras arrendadas con outras que non o estivesen, faranse consta separadamente os prezos dunhas e doutras para os efectos do exercicio do dereito de retracto.
6. Só cabe renunciar a estes dereitos desde o momento en que poidan ser exercitados.
7. Exclúese o seu exercicio nos arrendamentos que teñan por obxecto terreos a pasto, prado e, en xeral calquera aproveitamento secundario ou que sexan de duración inferior ó ano agrícola
Sección 2ª: Do arrendamento do lugar acasarado
[editar]Artigo 50
Con carácter xeral, e sen prexuízo das aplicacións concretas que se especifican nesta lei, entenderase po lugar acasarado o conxunto que, formando unha unidade, comprende a casa de labor, as edificacións, a dependencias e os terreos, aínda que non sexan lindantes. Inclúe, así mesmo, toda clase de gando maquinaria, apeiros de labranza e instalacións que constitúan unha unidade orgánica de explotación agraria, forestal ou mixta.
Artigo 51
1. Este arrendamento terá unha duración mínima de cinco anos, agás denuncia do contrato polo arrendatario, notificada de maneira que lle faga fe ó arrendador con máis de seis meses de antelación á data na que desexe dalo por rematado.
2. O prazo de duración fixado no contrato só é prorrogable por acordo expreso das partes ou, tacitamente por anos agrícolas de non mediar notificación na forma e no prazo previstos no apartado anterior.
Artigo 52
Durante a vixencia do contrato non poderá excluírse do lugar acasarado, por vontade do arrendador ningunha das leiras ou dos elementos que o constitúan.
Artigo 53
1. O arrendatario terá dereito de tenteo e de retracto, nos termos do artigo 49 da presente lei, que recaerá sobre tódalas leiras arrendadas ou as que o arrendador allease.
2. Os dereitos de tenteo e retracto do lugar acasarado que puidese exercita-lo arrendatario, en caso de transmisión onerosa do lugar, recaerán sobre a súa totalidade. Estes dereitos do arrendatario sobre o lugar acasarado serán preferentes con respecto a calquera outro de adquisición, agás o do coherdeiro e o do copropietario.
3. Se se allease separadamente algunha das leiras ou elementos integrantes do lugar, o arrendatario poderá exercitar tales dereitos segundo a orde preferente establecida.
Artigo 54
1. Exercitados estes dereitos, o arrendatario quedará suxeito en tódolos seus termos ó establecido no apartado 4 do artigo 49, tanto respecto do lugar no seu conxunto coma das súas partes individuais.
2. No tocante á súa renuncia, aplicarase tamén o sinalado no apartado 6 do mesmo artigo.
Artigo 55
1. O caseiro que por si ou polos seus causantes usase e aproveitas e o lugar durante trinta anos ou máis terá dereito a adquirilo polo prezo do mercado e, no caso de non existir acordo, este será fixado xudicialmente.
2. Exercitado este dereito, non poderá o arrendatario ou o seu causante allear total ou parcialmente o lugar acasarado ou calquera dos inmobles que o constitúan ata que transcorran seis anos desde a súa adquisición, nos que deberá ser cultivado de modo persoal, con facultade de reverter ó arrendador se s dese incumprimento do disposto.
Artigo 56.
Cando o arrendamento teña por obxecto exclusivamente unha explotación gandeira xa preexistente ou u aproveitamento forestal, sexa nun monte veciñal en mancomún ou noutro monte calquera, rexerase polo pactos libremente acordados entre as partes, polas súas normas específicas, se as houbese, e, no se defecto, polas normas deste capítulo ou, subsidiariamente, polas normas do dereito civil estatal.
Capítulo II: Das parcerías
[editar]Sección 1ª: Disposicións xerais
[editar]Artigo 57
A cesión por un contratante a outro do desfrute de certos bens, convindo en repartirse en partes alícuota os froitos ou rendementos, rexerase polo título constitutivo e, no non previsto por el, polos usos costumes locais e, no seu defecto, polas normas deste capítulo.
Artigo 58
1. O contrato de parcería será obrigatorio calquera que sexa a súa forma
2. Se fose verbal, calquera das partes poderá pedir que se formalice por escrito, facéndose cargo do custos a parte solicitante.
3. Practicaranse nos enderezos contractuais cantas comunicacións se lles deban facer ás partes.
Artigo 59
1. A duración da parcería será a que libremente e de común acordo estipulen as partes contratantes. 2. parcería acordada sen fixación de prazo entenderase concertada polo ciclo das follas do ano agrícola equivalente a dous anos naturais, e rematará, segundo os lugares ou as comarcas, o día que determine costume do lugar
Artigo 60
Son obrigas do cedente:
a) Entregar leiras, gando e canto constitúa a súa contribución
b) Garantirlle ó colono o desfrute pacífico e útil do contribuído
c) Satisface-la parte que lle corresponda, segundo pacto, uso ou costume, de contribucións, seguros sementes, adubos e outros elementos necesarios para obte-los productos propios do destino da leira.
Artigo 61
Son obrigas do parceiro
1) Entrega-la parte alícuota dos productos que lle corresponda no lugar, prazo e forma convidos Para tal efecto comunicaralle ó cedente ou ó seu representante, coa suficiente anticipación, a data sinalada para a recolección dos productos obtidos. Se, dado o aviso, non comparecese o cedente ou u representante na data sinalada, o parceiro poderá levanta-la colleita e adxudicarse a parte que ll corresponda.
2) Usa-las terras de acordo co previsto no contrato, destinándoas ó cultivo ou á explotación convidos ou no seu defecto, ó máis conforme coa súa natureza, e obte-los rendementos correspondentes á dilixencia dun bo labrador
3) Devolve-las terras, ó concluí-la parcería, tal e como se recibiron, coas súas accesións e salvo o menoscabos que se producisen pola súa utilización ó uso de bo labrador
A falta de expresión do estado das terras ó tempo de concertarse a parcería, presúmese que se recibiron e bo estado, agás proba en contra
Artigo 62
1. O prazo de duración fixado no contrato só é prorrogable por acordo expreso das partes.
2. Reconducirase tacitamente e por dous anos se con seis meses de antelación ó remate do prazo fixado o da súa prórroga non se denunciase o contrato ou a devandita prórroga.
3. Na parcería pecuaria este prazo será de tres meses
Artigo 63
A parcería extínguese:
1) Por cumprimento do prazo estipulado ou das súas prórrogas.
2) Pola perda da leira cedida.
Artigo 64
1. Son causas de resolución do contrato de parcería
a) Non destina-lo parceiro a leira ó cultivo ou á explotación convidos.
b) Incumprimento grave das obrigas a cargo de calquera das partes.
c) Deslealdade ou fraude por parte do parceiro na valoración ou entrega ó cedente da parte de froitos que lle corresponda.
d) Dano grave causado dolosa ou culposamente polo parceiro nas terras ou nas colleitas.
e) Extinción do dereito que o cedente tiña sobre a leira, se ben subsistirán os efectos da parcería ata remate do ano agrícola en curso.
2. O alleamento non resolverá o contrato de parcería.
3. Se a explotación constituíse o único medio de vida do parceiro e os eventos sinalados no punto 1 deste artigo se producisen no último semestre do ano agrícola, o parceiro terá dereito a que lle prorroguen parcería por todo o ano agrícola seguinte.
Artigo 65
A morte ou a inutilidade permanente do parceiro para o traballo non serán causa de extinción da parcería que poderá ser continuada por aquelas persoas e nas mesmas condicións que se relacionan no Artigo 46 da presente lei. En todo caso, a parcería subsistirá ata o remate do correspondente ano agrícola.
Artigo 66
O cedente e o parceiro están obrigados a realizar nos predios as obras e reparacións que para arrendador arrendatario establece o artigo 42 desta lei.
Artigo 67
O cedente e os parceiros entrantes e saíntes deberanse ater, en canto á preparación de labores nos predio e utilización das súas dependencias, ó previsto para arrendador e arrendatario no artigo 45 da presente lei
Sección 2ª: Da parcería agrícola
[editar]Artigo 68
Poden ser obxecto de parcería agrícola os predios rústicos de calquera clase, sen que perda tal carácter polo feito de comprende-la casa de labor e as súas dependencias.
Artigo 69
Non se altera a natureza do contrato se varios titulares de predios rústicos concertan entre si ou co terceiros o uso ou desfrute daqueles convindo repartirse os productos por partes alícuotas
Artigo 70
No caso de transmisión a título oneroso dun predio cedido en parcería, o parceiro que estea a cultivalo persoalmente poderá exercita-lo dereito de tenteo e, se é o caso, o de retracto cos mesmos requisitos condicións e efectos que para os arrendatarios se establecen no artigo 49 desta lei.
Sección 3ª: Da parcería do lugar acasarado
[editar]Artigo 71
1. O obxecto da parcería do lugar acasarado é o conxunto de elementos que constitúen unha unidade orgánica de explotación, segundo o establecido no artigo 50 da presente lei.
2. Respecto da súa integridade aplicarase o disposto no artigo 52 da presente lei.
Artigo 72
O dono ou cedente poderalle proporcionar ó parceiro do lugar acasarado apeiros, maquinaria e gando. De non o facer, poderase fixa -la cantidade de froitos que o parceiro debe como mercé pola casa dependencias, prados e montes.
Artigo 73
Corresponderanlle ó dono, ademais da parte acordada en productos agrícolas, pecuarios e forestais, a árbores secas ou derrubadas por forza maior que fosen madeirables, cando non se precisasen para reparación ordinaria dos elementos constitutivos desta parcería, así como o toxo e demais arbustos que.non fosen precisos para o cultivo do lugar, e os productos das demoucas e das entresacas que teñan valo madeirable, se non fosen necesarios para a conservación da casa e das súas dependencias.
Artigo 74
O cedente contribuirá coas árbores, vides e o demais que sexa usual para as primeiras plantacións, de s faceren co seu consentimento, e pagará os gastos das demoucas e fornecerá as máquinas, os instrumento e os apeiros maiores.
Artigo 75
1. Os gastos de corta de árbores que se vendan como madeirables serán a cargo do cedente.
2. Cando o parceiro, por si mesmo ou polos seus ascendentes, fixese a plantación e siga desde entón na explotación do lugar acasarado, terá dereito á metade do producto neto da venda, a non ser que exista pacto distinto entre as partes. Se cesase nela, terao sobre o valor estimado das árbores en condicións de ser vendidas existentes no tempo de extinción da parcería.
Artigo 76
Serán de conta exclusiva do parceiro, ademais dos traballos ordinarios que requira a eficaz explotación do lugar acasarado:
1) Efectua-las cortas de árbores secas ou derrubadas. O parceiro aproveitará os montes na cantidade necesaria para a explotación do lugar.
2) Os transportes para as reparacións ordinarias dos predios e edificios do lugar acasarado, ou dos froito ó lugar fixado polo propietario, sempre que o sexa dentro do mesmo termo municipal.
3) Limpa-las foxas, gabias e canles e repara-los cercados.
Artigo 77
1. O cedente e o adquirente achegarán a parte correspondente das sementes proporcionalmente ó que cada un represente nos froitos.
2. Tamén pagarán, na mesma proporción, os seguros das colleitas e os gastos que se orixinen par combate-las enfermidades das plantas e dos froitos.
3. Serán por conta exclusiva do cedente as contribucións e os impostos de carácter xeral que graven o predios do lugar acasarado
Artigo 78
No caso de transmisión a título oneroso da totalidade ou partes individualizadas dun lugar acasarado, parceiro poderá exercita-los dereitos de tenteo e, se é o caso, de retracto, cos mesmos requisitos condicións e efectos que para os arrendatarios dun lugar se establecen no artigo 49 da presente lei .
Sección 4ª: Da parcería pecuaria
[editar]Artigo 79
1. Poden ser obxecto da parcería pecuaria os animais susceptibles de aproveitamento na agricultura industria e comercio.
2. Sen prexuízo doutros medios de proba admitidos en dereito, para a súa formalización abondará co que cada parte leve unha libreta, na que a contraparte anotará as partidas de crédito e débeda, co expresión da data e da causa.
Artigo 80
Non poderá poñerse a cargo do mantedor ou parceiro adquirente a totalidade do risco de perda do gando nin pactar unha meirande parte nas ganancias do poñedor ou cedente, nin que reciba ó liquida-la parcería ademais da parte que lle corresponda, máis do que achegou, nin que o releven de evicción e saneamento
Artigo 81
1. A valoración do gando proporcionado ó comeza -la parcería farase por mutuo acordo das partes e, falta deste, realizarase polo valor máis alto que se ofreza por el, acudindo á feira ou ó mercado gandeiro máis próximo ó lugar e á data na que a parcería quedou constituída ou, no seu defecto, polo prezo de referencia do mercado na mesma data.
2. Ó se extingui-lo contrato repetirase cos mesmos criterios a devandita valoración e repartirase por igual entrámbalas partes o beneficio obtido ou a perda sufrida..
Artigo 82
De non haber pacto sobre o prazo, entenderase acordado por un ano, que se prorrogará polo mesmo tempo, e así sucesivamente ata que calquera das partes denuncie o contrato, notificándoo de maneira que faga fe con máis de tres meses de antelación.
Artigo 83
O cedente está na obriga de entregar san o gando obxecto de contrato no lugar e tempo acordados
Artigo 84
O adquirente ou mantedor está obrigado a lle dar ó gando os coidados acostumados que requira e responder da perda dos animais. Cando a perda sexa total e non fose debida a caso fortuíto ou forza maior, o parceiro poñerá inmediatamente a disposición do cedente a pel e os restos e aboaralle a metade da perda do valor do gando ó tempo de se liquida-la parcería.
Artigo 85
A falta de pacto en contrario, correspóndenlle ó parceiro:
1) Os productos de cabana, esterco e traballo dos animais; pero se estes estivesen adscritos ó cultivo do lugar acasarado ou dun grupo de leiras que constitúan un só labor, o traballo e esterco deben se destinados exclusivamente ó cultivo de tales leiras.
2) A metade da la, cera e mel, así como tamén a do valor das crías vendidas e a do aumento que acaden o animais. A outra metade perténcelle ó propietario.
Artigo 86
O parceiro deberalle dar aviso ó cedente con quince días de antelación ó fixado para o tosquío ou extracción do mel. Se, malia ese aviso, na data fixada este non comparecese, o parceiro poderá proceder realizalos, retendo en depósito a parte correspondente ó propietario.
Artigo 87
O parceiro poderá proceder ó alleamento dos animais da parcería e ó das súas crías, logo de lle dar conta ó cedente das condicións daquel.
Artigo 88
O parceiro non poderá, sen consentimento do cedente, servirse dos animais de ceba en ningún traballo ni alugar ou ocupa-los animais cedidos para lles facer carrexos a estraños, agás servicios benévolos e de bo veciñanza.
Sección 5ª: Da parcería forestal
[editar]Artigo 89
Na parcería forestal, o dono de certas leiras de vocación forestal, sen cede-la súa directa posesión e o se aproveitamento, concerta o coidado e a vixilancia delas cunha ou varias persoas para que estas atendan vixíen as plantacións arbóreas existentes ou que se poidan crear, outorgándolle en troques ó parceiro o aproveitamentos secundarios que se determinen e a parte alícuota que se especifique cando se proceda á venda das árbores que coidase ou que axudase a plantar.
Artigo 90
1. A parcería de novas plantacións ten por obxecto a creación, o mantemento e a posterior participación en plantacións de arboredo.
2. Terá a duración que as partes libremente conveñan. Se non se tivese prazo sinalado, entenderas concertada por un período de vinte anos.
3. Non obstante, o parceiro poderá dala por rematada cando lle conveña, avisando á outra parte, polo menos, con seis meses de antelación.
Artigo 91
Son obrigas do parceiro:
1) Coidar e vixia-la plantación coa dilixencia dun bo labrego.
2) Face-las reparacións usuais e as limpezas precisas nos cercados e valados.
3) Realiza-las demoucas ordinarias nas árbores, como tamén as entresacas precisas que o dono ordenase.
Artigo 92
Son obrigas do dono:
1) Permitirlle ó parceiro a entrada nas leiras para a utilización dos aproveitamentos secundarios que s acordasen.
2) Paga-las contribucións e os impostos que graven as leiras.
3) Paga-la parte proporcional dos seguros que amparen o arboredo.
4) Satisface-la totalidade dos gastos que orixinen as plantacións e o seu valado ou a parte proporciona correspondente, segundo os casos.
Artigo 93
O parceiro, de non existir pacto en contra, terá dereito ós seguintes aproveitamentos secundarios:
1) Recoller e utiliza -la folla que caia das árbores, como tamén as pólas tronzadas por mor de accidente atmosféricos, sempre que non teñan valor madeirable.
2) Aproveita-los esquilmos, como tamén as leñas que se obteñan de entresacas e demoucas ordenada polo dono, sempre que non teñan valor madeirable, así como os fungos e cogomelos.
3) Leva-lo seu gando a pacer nos predios, cando iso non redunde en prexuízo das plantacións.
Artigo 94
1. Ó se extingui-la parcería, procederase a facer unha liquidación do que poida corresponderlle ó parceiro pola súa participación no arboredo, para o que se determinará o valor deste, con independencia do que teña o solo, ben sexa por mutuo acordo ou de xeito contradictorio, e satisfaráselle a parte correspondente 2. Se ó cumprirse o prazo dos vinte anos non lle conviñese ó cedente acceder á venda das árbores procederase a determina-lo seu valor de acordo co sinalado no apartado anterior e a realiza -l correspondente aboamento ó parceiro, co que quedará liquidada a parcería
Capítulo III: O vitalicio
[editar]Artigo 95
1. Polo contrato de vitalicio unha ou varias persoas obríganse, verbo doutra ou outras, a prestar alimento na extensión, amplitude e termos que conveñan en troques da cesión ou entrega de bens polo alimentista.
2. En todo caso, a prestación alimenticia abranguerá o sustento, a habitación, a vestimenta e a asistencia médica do alimentista, así como as axudas e os coidados, mesmo os afectivos, axeitados ás circunstancia das partes.
Artigo 96
1. As normas deste capítulo serán aplicables calquera que fose a cualificación xurídica que as partes ll atribuísen ó contrato.
2. Este contrato formalizarase en documento público.
Artigo 97
A obriga de prestar alimentos subsistirá ata o falecemento do alimentista, agás que se acorde outra cousa e será transmisible ós herdeiros ou legatarios do obrigado a satisfacelos.
Artigo 98
1. A instancia do cesionario, o contrato poderase resolver en calquera tempo, logo de notificación con sei meses de antelación.
2. Cando, segundo o disposto no número anterior, se resolva o contrato, o cesionario terá dereito á metade das ganancias obtidas co seu traballo.
Artigo 99
1. O alimentista poderá rescindi-lo contrato nos seguintes casos:
a) Conducta gravemente inxuriosa ou vexatoria do obrigado a prestar alimentos.
b) Incumprimento total ou parcial da prestación alimenticia, sempre que non sexa imputable ó se perceptor.
c) Cando o cesionario non coidase ou non atendese no necesario ó cedente, segundo a posición social económica das partes e en todo canto faga posible o capital cedido, na procura do mantemento da súa calidade de vida
d) Polo non cumprimento do demais pactado.
2. Nos casos ós que se refiren os apartados do número anterior, a rescisión levará consigo, en defecto de pacto contrario, a obriga de indemniza-los gastos ocasionados, que poderán ser obxecto de compensación total ou parcial cos froitos percibidos dos ben obxecto de cesión. En todo caso, e a falta de acordo entre as partes, haberá que aterse ó que determine correspondente resolución xudicial
Título VI: Da compañía familiar galega
[editar]Capítulo I: Constitución da compañía
[editar]Artigo 100
1. A compañía familiar galega constitúese entre labregos con vínculos de parentesco, para viviren xunto e explotaren en común terras, lugar acasarado ou explotacións pecuarias de calquera natureza pertencentes a todos ou a algún dos reunidos.
2. A compañía familiar galega constitúese de calquera dos xeitos ou das formas admitidas en dereito. dita constitución deberá necesariamente documentarse no momento en que calquera dos contratantes así solicite.
3. Rexerase polo título constitutivo, polo uso ou costume do lugar e polas normas desta lei.
Artigo 101
1. Cando un labrego case para a casa un parente, entenderase, agás pacto en contra, constituída compañía familiar galega.
2. Por casar para a casa enténdese o feito de se integrar un novo matrimonio na vida comunitaria dun grupo familiar xa constituído.
3. A dita integración deberá necesariamente documentarse no momento en que o solicite calquera da partes.
Artigo 102
Son bens sociais da compañía:
1) Os achegados polos socios e os adquiridos a título oneroso por conta do capital común, mentres dure compañía.
2) Os froitos, as rendas, as ganancias e os intereses percibidos ou debidos durante o mesmo tempo procedentes dos bens sociais.
3) As edificacións, reconstruccións, plantacións e calquera tipo de mellora feita nos bens sociais.
4) Calquera outro que as partes acorden.
Artigo 103
Son cargas da compañía:
1) Os gastos de mantenza, vestimenta, instrucción, asistencia médica e enterro, tanto dos asociados coma das persoas constituídas na súa potestade.
2) Os gastos de administración, cultivo, contribucións e impostos, seguros, rendas e cargas reais dos ben sociais.
3) As débedas contraídas polos administradores ou por calquera dos socios, se o importe delas se investiu en beneficio da compañía, e os réditos das devanditas débedas.
4) As reparacións e os custos das melloras de calquera especie que se fagan nos bens sociais.
5) Os gastos e as custas dos preitos seguidos para defende-los bens sociais
6) Os gastos que fagan os socios en beneficio común, así como as obrigas que de boa fe contraesen par os negocios.
7) Calquera outra que as partes acorden e conste documentalmente.
Capítulo II: Da administración da compañía
[editar]Artigo 104
Correspóndelle a administración da compañía á persoa que determine o contrato de constitución. En todo o non previsto nel, así como nas compañías constituídas tacitamente, corresponderalle sucesivamente ó petrucio, á súa viúva ou a quen de modo notorio a exerza.
Artigo 105
Son facultades do patrucio ou, se é o caso, do socio administrador:
1) A dirección e representación da sociedade.
2) Adquirir para ela e obrigarse no seu nome.
3) Dispoñer dos semoventes e bens mobles sociais.
Artigo 106
Son causas de modificación da compañía:
a) O pasamento dalgún dos socios, aínda cando os seus herdeiros convivan e opten por permanecer na sociedade.
b) A declaración de incapacidade, prodigalidade, concurso ou creba e a ausencia, por máis de un ano, no motivada pola xestión social.
c) A renuncia ou cesión de dereitos en favor doutro membro da compañía, como tamén a retirada de capital ou o feito de o allear, sen causa xustificada.
d) O ingreso dun socio noutra compañía ou o casamento con desvinculación dela.
e) A incorporación ou a separación dalgún socio.
Artigo 107
1. En tódolos supostos de modificación da compañía, agás pacto en contra, o socio separado ou os que de traian dereito non poderán retira-los seus bens propios nin a parte que lles correspondese nos sociais at que rematen as operacións pendentes e a recolleita dos froitos, sempre que a realización destas non supere o ano.
2. Neste suposto os demais socios terán o dereito de retracto, polo mesmo prezo e condición, que caducará ós trinta días da notificación do acto dispositivo e do seu prezo e condicións.
Artigo 108
No caso de cesión ou alleamento a título oneroso da participación da compañía a un terceiro, antes de liquidala e de realiza-las adxudicacións, poderá calquera socio subrogarse no lugar do comprador o cesionario, reembolsándolle o prezo e os gastos de lexítimo aboamento. Este dereito poderá exercitarse no prazo dos trinta días seguintes á notificación da transmisión e das súas condicións.
Artigo 109
A compañía familiar galega extinguirase:
1) Por acordo de tódolos socios.
2) Polo pasamento ou pola renuncia dos socios, cando non queden, polo menos, dous que non constitúa matrimonio.
3) Polo matrimonio entre si de dous socios únicos ou pola refundición de tódolos dereitos sociais no dous cónxuxes.
4) Pola declaración de concurso ou creba que afecte a todos.
Capítulo III: Da liquidación da compañía
[editar]Artigo 110
1. Modificada a compañía, practicarase a liquidación parcial para fixa-lo haber de cada un no momento da modificación, co fin de determinar e adxudica-la súa participación ó que cause baixa ou ós que del traia dereito.
2. Faltando estas liquidacións parciais, cando se faga a liquidación final da compañía e non se probe que bens eran propios dela antes da súa modificación, reputaranse sociais os indeterminados e dividiranse proporcionalmente ó número de socios que formasen cada compañía modificada e ó tempo da súa respectiva duración.
Artigo 111
En tódolos casos de extinción da compañía, a liquidación e a división dos bens sociais faranse consonte a seguintes regras:
1ª) Pagaranse as débedas contraídas en interese da sociedade cos bens sociais e, de non seren abondos cos bens propios dos socios en proporción ás súas cotas. O déficit que resulte da insolvencia dalgún socio dividirase proporcionalmente entre os restantes, se prexuízo do dereito a se reintegrar se o insolvente mellorase de fortuna.
2ª) Cada socio recibirá os bens que subsistan dos que achegase, o equivalente dos que lle transmitise e propiedade á compañía ou allease en beneficio dela e o importe dos desperfectos que os seus ben sufrisen en proveito común.
3ª) O remanente líquido do capital constituirá o haber da compañía e repartirase entre os socios ou entre os que deles trouxesen dereito, do xeito establecido na regra primeira.
Título VII: Do réxime económico familiar
[editar]Capítulo I: Disposición xeral
[editar]Artigo 112
O réxime económico matrimonial será o convido polos cónxuxes en capitulacións matrimoniais. E defecto de convenio ou ineficacia deste, o réxime será o da sociedade de gananciais
Capítulo II: Capitulacións matrimoniais
[editar]Artigo 113
1. As capitulacións matrimoniais pódense outorgar ou modificar antes ou durante o matrimonio, per necesariamente en escritura pública ou en transacción xudicial que poña fin a calquera procedemento de separación, divorcio ou nulidade.
2. Poderán conter calquera estipulación relativa ó réxime económico, familiar e sucesorio, sen mai limitacións cás derivadas do establecido nesta lei.
Capítulo III: Doazóns por mor do matrimonio
[editar]Artigo 114
1. Son doazóns por razón do matrimonio as que se fan por mor deste, antes ou despois de celebrado, entre noivos ou cónxuxes ou por terceiras persoas a prol de calquera daqueles.
2. As doazóns por mor do matrimonio poderán abranguer bens presentes ou futuros, e mesmo tamén par caso de morte, en igual medida cá fixada para a sucesión testada.
Artigo 115
As doazóns por mor do matrimonio son irrevogables, agás pacto en contrario ou incumprimento de carga impostas ó donatario con carácter esencial e expreso.
Artigo 116
1. Estas doazóns quedarán sen efecto se o matrimonio non se contrae no prazo de un ano ou desde que sexa declarado nulo.
2. A separación, divorcio ou nulidade só determinan a ineficacia da doazón respecto do donatario que obrase de mala fe ou ó que lle sexan imputables os feitos que motivaron a devandita separación, divorcio ou nulidade.
Título VIII: Sucesións
[editar]Capítulo I: Disposición xeral
[editar]Artigo 117
1. A delación sucesoria pode ter lugar por testamento, por lei e polos pactos sucesorios regulados nesta lei.
2. Poderá tamén deferirse en parte por calquera dos modos expresados no parágrafo anterior.
Capítulo II: Dos pactos sucesorios
[editar]Sección 1ª: Do usufructo voluntario de viuvez
[editar]Artigo 118
1. Os cónxuxes poderanse conceder, recíproca ou unilateralmente, o usufructo universal de viuvez. Co carácter recíproco poderanse constituír en testamento mancomunado, en capitulacións matrimoniais ou e calquera outra escritura pública, e con carácter unilateral en calquera clase de testamento, en capitulación matrimoniais ou en escritura pública.
2. Tal asignación será revogable, pero, se se fixo reciprocamente, a revogación por un só deles deberalle ser notificada fidedignamente ó outro no prazo dos dez días seguintes á data de revogación.
Artigo 119
1. O usufructo voluntario de viuvez é inalienable. Non obstante, poderase allea-la plena propiedade de bens determinados co concurso do usufructuario e o nu propietario, subsistindo o usufructo sobre os ben subrogados ou sobre o prezo do alleamento.
2. Este usufructo é renunciable en todo ou en parte e só redimible por acordo do usufructuario e os nu propietarios.
Artigo 120
O devandito usufructo será revogable utilizando a forma establecida polo ordenamento xurídico para revogación ou modificación do título constitutivo, e o de carácter recíproco en vida dos dous cónxuxes
Artigo 121
1. O viúvo deberá facer inventario, pero non está na obriga de prestar fianza de tódolos bens da herdanza Con todo, o título constitutivo do usufructo poderá tanto libera-lo viúvo da obriga de facer inventario como establece-la obriga de prestar fianza.
2. Os herdeiros nus propietarios poderanlle pedir ó xuíz que obrigue ó viúvo a prestar fianza co fin de salvagardaren as súas lexítimas.
3. O prazo para face-lo inventario é o de seis meses, contados desde o pasamento do cónxuxe
Artigo 122
O usufructo de viuvez sobre a totalidade da herdanza atribúelle ó seu titular, ademais das facultades obrigas propias de todo usufructuario, as seguintes:
1ª) Paga-los gastos da última enfermidade, enterro, funerais e sufraxios do cónxuxe premorto con cargo á herdanza.
2ª) Paga-las débedas esixibles do causante con metálico da herdanza. Se non houbese diñeiro ou este no fose abondo, poderá, con tal finalidade, allear semoventes, arboredo ou mobiliario ordinario na contía precisa. O alleamento de calquera outro ben coa finalidade do pagamento de débedas necesita consentimento dos nus propietarios ou, noutro caso, a autorización xudicial.
3ª) Allea-lo mobiliario e os semoventes que coide necesarios, de acordo cunha boa administración debendo repoñelos en canto fose posible.
4ª) Realiza-las cortas de árbores madeirables, aínda polo pé, e facer de seu o producto delas, sempre que sexan axeitadas a unha normal explotación forestal.
5ª) Explota-las minas segundo o seu regulamento xurídico.
6ª) Realizar melloras non suntuarias
Artigo 123
O usufructuario referido nos artigos anteriores deberá:
1º) Cumpri-las obrigas que expresamente lle impuxese o causante.
2º) Administra-los bens obxecto do usufructo coa dilixencia propia dun bo pai de familia.
3º) Prestar alimento, con cargo ó usufructo, ós fillos e descendentes comúns que o precisen.
4º) Defender, á súa custa, a posesión dos bens.
Artigo 124
O pagamento das expensas e melloras realizadas polo viúvo rexerase polo disposto no Código civil respecto do posuidor de boa fe.
Artigo 125
1. Cando os nus propietarios sexan descendentes do viúvo, as reparacións, tanto as ordinarias coma a extraordinarias, serán a cargo e por conta deste, a non ser que pola súa entidade, e atendida rendibilidade do patrimonio usufructuado, non puidese atendelas o viúvo. Neste caso realizaranse consonte os nus propietarios ou, de non haber acordo, por determinación xudicial.
2. En calquera outro suposto e no tocante ó pagamento das reparacións ordinarias e extraordinarias atenderase ó disposto no Código civil respecto do usufructo.
Artigo 126
O usufructuario poderá renunciar a todo o usufructo ou ó que afecte a determinados bens, debendo constar esta renuncia en escritura pública.
Artigo 127
Ademais das causas previstas no Código civil, o usufructo de viuvez extínguese:
a) Polo pasamento do usufructuario.
b) Por novo matrimonio do usufructuario, agás pacto ou disposición en contrario.
c) Por incumprimento das cargas expresamente impostas polo causante.
d) Por grave e reiterado incumprimento dos deberes familiares.
Sección 2ª: Do pacto de mellora
[editar]Artigo 128
Será válido o pacto ou contrato sucesorio no que se conveña a mellora a prol de calquera dos fillos o descendentes, sen máis limitacións có respecto ós dereitos dos lexitimarios.
Artigo 129
O pacto de mellora ten carácter persoalísimo e só poderá celebrarse entre maiores de idade, pero será válida a delegación da facultade de mellorar pactada polos cónxuxes en capitulacións matrimoniais
Sección 3ª. Do dereito de labrar e posuír
Artigo 130
1. O ascendente que quixese conservar indiviso un lugar ou unha explotación agrícola poderá pacta-la súa adxudicación íntegra a calquera dos seus fillos ou descendentes por actos inter vivos, con carácter irrevogable, ou mortis causa, e aínda que as sortes de terras estean separadas.
2. O mesmo pacto poderase facer respecto dunha explotación ou establecemento fabril, industrial o comercial.
3. Se o testamento non dispuxese outra cousa, enténdese que a adxudicación implica unha mellora tácita que abrangue o tercio e quinto, ou sexa, as sete quinceavas partes da facenda hereditaria, e non quita que o ascendente dispoña, a favor do descendente preferido, do resto das porcións de libre disposición.
4. Cando o ascendente fixese uso desta facultade, aboaránselles ós demais herdeiros forzosos as súa lexítimas ou as porcións da maior entidade en que as constitúa, con metálico ou outros bens se os tivese.
5. En tódolos supostos a que se refire este artigo, o adxudicatario, unha vez causada a sucesión, poderá inscribir como un só predio o lugar ou explotación adxudicado, aínda que as sortes de terra sexa descontinuas..
6. Os mobles, froitos, apeiros de labranza e gando que lles correspondan ás lexítimas dos que no desfrutan do dereito de labrar e posuír seranlles entregados ós seus donos ou pagados en metálico.
Artigo 131
Nos casos a que se refire o artigo anterior, a casa patrucial e a súa eira, currais e horta unidos reputaranse indivisibles, tanto na sucesión mortis causa, testada ou intestada, coma nas particións que o ascendente fixese en vida.
Artigo 132
1. A mellora pactada só quedará sen efecto:
a) Por mutuo disenso.
b) Por incumprimento das condicións impostas no título constitutivo.
c) Cando o mellorado abandone totalmente, sen xusta causa, a explotación dos bens que a compoñen polo menos durante dous anos agrícolas.
d) Por incorre -lo mellorado en causa de indignidade para suceder ou de desherdamento.
2. Non sendo o establecido no pacto de mellora, o favorecido por un ascendente que premorra a este transmítelle-lo seu dereito ós descendentes que deixe. Se os descendentes fosen varios e o favorecido no designase ningún deles sucesor na mellora, o mellorante poderá elixir un como mellorado en escritura pública ou en testamento.
Artigo 133
As estipulacións contidas no pacto de mellora que fagan referencia explícita a institución consuetudinarias galegas, como a casa, o casamento para a casa, a mellora de labrar e posuír, a compañía familiar ou calquera outra, deberán ser interpretadas, e mesmo tamén complementadas as omisións que nelas se advirtan, de acordo co establecido nesta lei ou, no seu defecto, cos usos e costume do lugar.
Sección 4ª: Das apartacións
[editar]Artigo 134
1. Poderáselle adxudicar en vida a plena titularidade de determinados bens de calquera clase, se ningunha excepción, a quen teña a condición de lexitimario do adxudicante no tempo da adxudicación quedando este totalmente excluído de tal condición de lexitimario con carácter definitivo, calquera que sexa o valor da herdanza ó tempo de se deferir.
2. A apartación vincula ó apartado e ós seus sucesores e lexitimarios
Artigo 135
A apartación precisa plena capacidade de disposición dos intervenientes e farase en escritura pública
Capítulo III: Da sucesión testada
[editar]Sección 1ª: Do testamento aberto notarial
[editar]Artigo 136
O testamento aberto poderá ser individual, mancomunado ou por comisario.
O testamento aberto outorgarase perante notario, sen que sexa necesaria a presencia de testemuñas, agás nos seguintes supostos:
a) Cando o solicite o notario ou o propio testador.
b) Cando o testador sexa cego, demente en intervalo lúcido ou non saiba ou non poida ler ou escribir.
Nos supostos indicados requírese para ser testemuña unicamente ter plena capacidade xurídica, e deberán ser dúas polo menos
Sección 2ª: Do testamento mancomunado
[editar]Artigo 137
Os cónxuxes galegos poderán outorgar testamento mancomunado, aínda fóra de Galicia.
Artigo 138
A revogación ou modificación do testamento mancomunado poderana facer ámbolos dous cónxuxes de forma mancomunada ou só un deles unilateralmente.
Artigo 139.
1. A revogación ou modificación unilateral só poderá facela un cónxuxe en vida do outro e producirá ineficacia total das disposicións reciprocamente condicionadas.
2. Esta revogación ou modificación terase que facer en testamento aberto notarial, e o notario autorizante deberá notificarlle ó outro cónxuxe a revogación ou modificación nos dez días seguintes no domicilio determinado polos cónxuxes ó outorgaren o testamento mancomunado ou no que especialmente sinale revogante. En ámbolos dous supostos non terá efecto a revogación se, por non cadra-lo enderezo sinalado co real, non se puidese face-la notificación. De non ser coñecido o domicilio poderá facerse a notificación por medio de edictos.
Artigo 140
Falecido un cónxuxe, o testamento convértese en irrevogable verbo daquelas disposicións que tivesen carácter de reciprocamente condicionadas ou que se outorgasen en favor de persoa incapaz de herdar. A mesma irrevogación producirase con respecto daqueles que morresen antes e deixasen fillo sobreviventes, todo isto sen prexuízo dos dereitos de representación ou acrecentamento
Sección 3ª: Do testamento por comisario
[editar]Artigo 141
Mediante testamento ou mesmo en capitulacións matrimoniais, poderase nomear comisario ó cónxuxe non testador, co obxecto de que poida distribuír, ó seu prudente arbitrio, os bens do defunto e mellora neles ós fillos comúns sen prexuízo das lexítimas e das melloras que instituíse xa o causante
Artigo 142
O comisario non poderá delega-la función encomendada e perderá esta ó contraer novas nupcias
Artigo 143
Se non se sinalase prazo, o viúvo ou a viúva terán o de un ano contado desde a apertura da sucesión ou no caso de existiren fillos comúns menores de idade, desde a emancipación do último deles Sección 4ª. Das melloras testamentarias e dos legado
Artigo 144
1. O testador poderá establecer por vía de legado o usufructo voluntario de viuvez regulado nos artigos 118 a 127, a mellora de labrar e posuír regulada nos artigos 130 a 133 deste corpo legal e calquera outra.
2. A mellora de tercio e quinto, que abrangue a totalidade do tercio de mellora e dúas quintas partes do de libre disposición, equivale a sete quinceavas partes do capital líquido da herdanza.
Artigo 145
As normas de interpretación e integración contidas no Artigo 133 seranlles aplicables ás disposición testamentarias.
Capítulo IV: Das lexítimas
[editar]Artigo 146
1. Lexítima é a cota de activo líquido que necesariamente lles corresponde a determinados parentes do causante dunha sucesión e ó cónxuxe viúvo deste, agás nos casos de apartación regulados nesta lei.
2. Son lexitimarios os herdeiros forzosos determinados no Código civil e na contía e proporción que, no distintos supostos, establece o dito corpo legal.
3. Toda renuncia ou transacción sobre a lexítima non deferida é nula, exceptuando o suposto previsto no número 1 deste artigo.
Artigo 147
A fixación da lexítima global farase de acordo coas seguintes regras:
1ª) Atenderase ó valor que tivesen os bens da herdanza ó tempo do falecemento do causante.
2ª) Do dito valor deduciranse:
a) As débedas do causante.
b) Os gastos da súa última enfermidade, enterro e funeral.
c) O importe das melloras útiles e gastos extraordinarios de conservación e reparación custeados polo mellorado por pacto nos bens obxecto da mellora.
3ª) O valor líquido obtido engadiráselle ó que tivesen os bens doados polo causante ó tempo da doazón exceptuando as liberalidades ou os agasallos de costume.
Artigo 148
A determinación da lexítima individual entre varios lexitimarios está sometida ás normas do Código civil, coa particularidade de que o apartado ó que se refire a sección 4ª do capítulo II deste título non fa número.
Artigo 149
1. A lexítima poderá ser atribuída a título de herdanza, legado, doazón ou de calquera outro xeito. Deberá ser satisfeita necesariamente con bens da herdanza, agás nos casos seguintes:
a) Cando o causante dispuxese expresamente que se satisfaga en metálico e non o houbese na herdanza.
b) Cando o conviñesen así o lexitimario e o obrigado ó pagamento da lexítima.
c) Cando se conviñese no pacto de mellora.
2. Non obstante, no caso previsto na alínea a) do número anterior, o herdeiro ou os herdeiros obrigados ó pagamento poderán optar por satisface-la lexítima con bens da herdanza que non fosen especificamente legados ou asignados polo causante a persoa ou persoas determinadas.
3. Comezado o pagamento en diñeiro ou en bens, o lexitimario poderá esixi-lo resto na mesma forma inicial.
Artigo 150
1. A decisión de pagamento en metálico seralle comunicada ó lexitimario no prazo de un ano desde apertura da sucesión.
2. Para fixa-la suma que se deba pagar atenderase ó valor que tivesen os bens da herdanza ó tempo de face-la liquidación, e aplicaranse no demais as regras 2ª e 3ª do artigo 147 así coma o artigo 148 desta lei. Feita a suma, o crédito metálico producirá o xuro legal.
3. O pagamento farase no prazo doutro ano máis, agás pacto en contrario. Se o lexitimario non amosas conformidade coa cantidade fixada, esta será consignada xudicialmente, sen prexuízo das accións que ll competan.
Artigo 151
1. Tódolos bens da herdanza están afectos ó pagamento da lexítima, correspondéndolle ó lexitimario acción real para reclamala.
2. A acción de suplemento ten carácter persoal. 3. O lexitimario poderá pedi-la anotación preventiva no Rexistro da Propiedade da demanda na que se reclame a lexítima ou o seu suplemento.
Capítulo V: Da sucesión intestada
[editar]Sección 1ª: Disposicións xerais
[editar]Artigo 152
1. A sucesión intestada rexerase polo disposto no Código civil, non sendo o establecido no parágrafo seguinte.
2. O viúvo ou viúva ó que o cónxuxe premorto non outorgase disposición ó seu favor poderá optar po facer efectiva a súa cota usufructuaria sobre os bens gananciais cando concorra na herdanza co descendentes ou ascendentes do causante. No caso de non abonda-lo dito usufructo para cubri-la cota esta completarase sobre os bens privativos do causante sen necesidade de prestar fianza.
Sección 2ª: Da sucesión da Comunidade Autónoma de Galicia
[editar]Artigo 153
1. A falta de persoas que teñan dereito a herdar, de acordo co disposto nas seccións 1ª, 2ª e 3ª do capítulo IV do título III, libro III, do Código civil, ou neste corpo legal, se é o caso, herdará a Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Os bens herdados serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.
Artigo 154.
Se lle correspondese herdar á Comunidade Autónoma de Galicia, a herdanza entenderase aceptada beneficio de inventario, logo da declaración legal de herdeiros
Capítulo VI: Das partillas
[editar]Artigo 155
1. Poderáselle adxudicar en vida a plena titularidade de determinados bens de calquera clase, se ningunha excepción, a quen teña a condición de lexitimario do adxudicante no tempo da adxudicación quedando este totalmente excluído de tal condición de lexitimario con carácter definitivo, calquera que sexa o valor da herdanza ó tempo de se deferir.
2. A apartación vincula ó apartado e ós seus sucesores e lexitimarios
Artigo 156
A apartación precisa plena capacidade de disposición dos intervenientes e farase en escritura pública
Artigo 157
1. O testador pode face-la partilla da herdanza no propio testamento ou noutro documento.
2. Os cónxuxes poden partir conxuntamente nun só documento, aínda que testasen por separado.
3. Cando a fixesen en documento non testamentario e existise algunha contradicción co testamento aberto, prevalecerá a partilla realizada naquel, sempre que se outorgase en documento público de data posterior ó testamento.
Artigo 15
1. A partilla feita polo testador ou polos cónxuxes testadores será válida aínda que o valor do adxudicado a calquera dos partícipes na comunidade hereditaria non corresponda coa cota ou participación atribuída no testamento, sen prexuízo do dereito dos lexitimarios a reclamaren, se é o caso, o suplemento da lexítima.
2. Na partilla conxunta por ámbolos dous cónxuxes, o haber correspondente a calquera herdeiro o partícipe nas dúas herdanzas, aínda que sexa lexitimario, poderá ser satisfeito con bens dun só causante
Artigo 159
1. O testador poderalle encomendar, no propio testamento ou noutro documento público, a facultade de face-la partilla de herdanza a quen non sexa partícipe nesta.
2. Non obstante, poderá nomear contador-partidor, tanto en capitulacións coma en testamento mancomunado ou non, ó cónxuxe sobrevivente ó que lle asignase o usufructo total de viuvez e delega ademais nel a facultade de mellora-los fillos ou descendentes comúns, sen prexuízo das disposicións do causante.
3. Estas facultades só poderán ser exercitadas mentres permaneza en estado de viuvez e dentro do prazo fixado polo causante. Se non o fixase, o prazo será de un ano, contado desde a apertura da sucesión ou, de existiren fillos comúns menores de idade, desde a emancipación do último destes
Artigo 160
1. A designación de contadores-partidores pódese efectuar mancomunada, sucesiva ou solidariamente. 2 Se non se establece expresamente a solidariedade nin se fixa unha orde sucesiva entre eles, entenderanse nomeados mancomunadamente.
Artigo 161
1. Cando os contadores fosen mancomunados, valerá a partilla feita por todos, ou a que faga un só deles legalmente autorizado polos demais. En caso de disidencia, será válida a que faga a maioría deles.
2. En caso de renuncia, falecemento ou incapacitación dun ou varios partidores mancomunados, valerá partilla feita polos demais, sempre que sexan máis de un.
Artigo 162
Será válida a partilla feita por un só dos partidores solidarios:
1º) Cando acredite fidedignamente que lles notificou previamente ós demais a aceptación do cargo e propósito de partir, sen que ningún deles, dentro dos quince días hábiles seguintes á data da notificación manifestase nada en contra.
2º) Cando por morte, renuncia expresa ou incapacitación dos demais quedase como partidor único.
Artigo 163
Os contadores-partidores, ademais das facultades propias do cargo e das outras encomendadas polo causante, terán que face-la entrega dos legados.
Artigo 164
Cando o testador non fixese a partilla, se os herdeiros son maiores de idade ou menores emancipados poderán, por acordo unánime, distribuí-la herdanza da maneira que conveñan, aínda que houbese partido nomeado polo causante.
Artigo 165
Os herdeiros maiores en idade que representen máis do cincuenta por cento do haber hereditario e sexa dous cando menos poderán por si sós face-las partillas, sempre que non exista contador-partidor ni herdeiros menores non emancipados ou incapacitados.
Artigo 166
A partilla referida nos artigos anteriores deberase axustar estrictamente ás disposicións do causante ou, s é o caso, ás normas de sucesión legal, e estará sometida ás seguintes formalidades:
1ª) Formación de inventario e avaliación por perito, logo de citación fidedigna, con trinta días de antelación como mínimo, ós demais interesados, se o seu domicilio fose coñecido.
2ª) Sorteo perante notario de tódolos lotes formados ou, se é o caso, dos lotes do remanente, despois de fixa-los correspondentes a legados de cousa específica e ás melloras e ós legados de cota.
3ª) Protocolización notarial da partilla.
4ª) Notificación da protocolización, dentro dos noventa días hábiles seguintes, ós non concorrentes que teñan domicilio coñecido.
Artigo 167
O lote adxudicado ó herdeiro que, por ausencia de feito, non tivese domicilio coñecido e, por conseguinte non lle fose notificada a protocolización será administrado polo viúvo do causante que concorrese á partilla e sexa ascendente do adxudicatario. No seu defecto ou pola súa renuncia, os herdeiro concorrentes deberán designar de entre eles un administrador, que, a falta de acordo, determinarán ó chou.
Artigo 168
O administrador a que se refire o artigo anterior terá, en tanto dure a administración, os dereitos e a obrigas propias de todo usufructuario, agás as de inventario e prestación de fianza. Ademais, estará lexitimado para o exercicio e a defensa de cantas accións e dereitos lle correspondan ó propietario exceptuando os de disposición dos bens obxecto da administración.
Artigo 169
A partilla entre coherdeiros, cando entre eles exista algún incapacitado ou menor non emancipado legalmente representado, non precisa aprobación xudicial, pero si o acordo unánime entre o representantes legais e os herdeiros maiores ou emancipados. Esta partilla deberase axustar estrictamente ás disposicións do causante ou, se é o caso, ás da sucesión legal.
Artigo 170
O cesionario dun coherdeiro subrógase no lugar deste na partilla da herdanza.
Disposicións Adicionais
[editar]Primeira
[editar]1. As doazóns de inmobles por mor de matrimonio e de pactos sucesorios deberán constar necesariamente en capitulacións matrimoniais ou noutra escritura pública.
2. A modificación ou a extinción dos pactos sucesorios por acordo das partes suxeitaranse ás mesma formalidades có pacto que se modifica ou extingue; sen embargo, o usufructo de viuvez pactado entre o cónxuxes poderase modificar ou extinguir por eles en testamento mancomunado.
Segunda
[editar]Cada cinco anos, como máximo, sen prexuízo da iniciativa parlamentaria correspondente, a Mesa do Parlamento de Galicia designará unha Ponencia, integrada por membros dos diversos grupos parlamentarios da Cámara, co fin de elaborar un informe comprensivo das dificultades e dúbidas que se advirtan na aplicación dos preceptos da presente lei e daquelas normas que se estimen necesarias para conservación, modificación e desenvolvemento das institucións do dereito civil propio de Galicia.
Disposicións Transitorias
[editar]1. Os contratos de arrendamentos rústicos celebrados con anterioridade á entrada en vigor da presente lei vixentes en virtude de prórrogas legais ou pola tácita reconducción, rematarán ó termo daquelas, agás pacto expreso das partes en cada caso.
2. Os arrendamentos rústicos denominados históricos que se atopen vixentes prorrogaranse polos prazos nas condicións sinaladas pola súa propia normativa.
3. As parcerías en vigor quedan sometidas ás normas desta lei.
4. Os demais problemas de dereito intertemporal que se susciten por mor da entrada en vigor desta le resolveranse de conformidade cos principios que informan as disposicións transitorias do Código civil.
Disposicións Derrogatorias
[editar]Queda derrogada a Lei do Parlamento de Galicia 7/1987, do 10 de novembro, sobre a compilación do dereito civil de Galicia, así como todas aquelas disposicións que se opoñan ó previsto na presente lei.
Disposicións Derradeiras
[editar]Esta lei entrará en vigor ós tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.