Saltar ao contido

Lamento da Frouseira

En Galifontes, o Wikisource en galego.


"Pranto a Frouxeira"       descoñecido       finais do s. Cuince ou comezos do diezasete
 


Pranto da Frouxeira

A min chaman toda Mira,
señora do gran tesouro;
por estrera crarecida
jago neste Valedouro.
Más tredor foi que un mour
o vilaon que me vendeo,
que de Lugo a Ribadeo
todos me tiñan temor.
De min, a triste Frouseira,
que por treiçón foi vendida,
derribada na ribeira,
ca jamais se veo vencida.
Por treiçón tambén vindido
Jesús, nosso Redemptor,
e por aqueestes tredores,
Pero Pardo, meu señor.
Vinte e dous foron chamados
os que vendido o han,
non por fame de sustento,
de carne, viño nin pan.
Nin por outro menester
que falesca de bondad,
senón por sua vilania
e má intençión.
Eles quedan por tredores
e seu amo por leal,
pois os Reis a sua filha
suas terras mandan dar.
A Deus darán conta delo
que lles queira perdonar,
co que acabou a Frouseira
e a vida do Mariscal.