Homologación do título de catalán de Cataluña e Illas Baleares en Valencia polo TSX de España en 2006
IMPUGNACIÓN DA ORDE DE 22 DE DECEMBRO DE 1994.
CERTIFICADOS ADMINISTRATIVOS DE COÑECEMENTO DE VALENCIANO EXPEDIDOS POLA "XUNTA CALIFICADORA DE COÑECEMENTOS DE VALENCIANO" DA GENERALITAT VALENCIANA.
DEROGACIÓN DA EQUIVALENCIA ANTERIORMENTE ESTABELECIDA COS CERTIFICADOS EXPEDIDOS EN CATALUÑA E AS ILLAS BALEARES.
RECURSO CASACION Num.: 8075/1999
Votación: 01/02/2006
Ponente Excmo. Sr. D.: Nicolás Maurandi Guillén
Secretaría Sr./Sra.: Ilma. Sra. Dña. María Teresa Barril Roche.
Sentencia
[editar]TRIBUNAL SUPREMO.
SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO
SECCIÓN: SÉTIMA
Excmos. Sres.:
- Presidente:
- D. Ramón Trillo Torres
- Maxistrados:
- D. Juan José González Rivas
- D. Nicolás Maurandi Guillén
- D. Pablo Lucas Murillo de la Cueva
- D. Eduardo Calvo Rojas
Na Vila de Madrid, a quince de Marzo de dous mil seis.
Visto pola Sección Sétima da Sala Terceira do Tribunal Supremo, constituída polos señores arriba anotados, o recurso de casación que co número 8075/1999 ante a mesma pende de resolución, interposto por ACCIÓ CULTURAL DEL PAÍS VALENCIÁ e SINDICAT DE TREBALLADORS I TREBALLADORES DE L'ENSENYAMENT DEL PAÍS VALENCIÁ-INTERSINDICAL VALENCIANA, representados pola Procuradora dona Teresa Castro Rodríguez, contra sentencia de 1 de xullo de 1999, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.
Sendo parte recorrida a GENERALITAT VALENCIANA representada e defendida pola Letrada do seu Gabinete Xurídico.
Antecedentes de feito
[editar]Primeiro
[editar]A sentenza recorrida contén unha parte dispositiva que copiada literalmente di:
"FALLAMOS; "Desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo Sindicat de Treballadors de l'Ensenyament del País Valenciá e por Acció Cultural del País Valenciá, contra a Orde da Consellería de Cultura, Educación e ciencia de 22 de decembro de 1995, pola que se derrogan os apartados 1.3, 1.4, 2.1, 2.2, 3.5, 3.6, 4.1, 4.3 e 4.4 do artigo 4 da Orden de 16 de agosto de 1994, pola que se estabelecen os certificados oficiais administrativos de coñecementos de valenciano que expedirá a Xunta Cualificadora de Valenciano e se homologan e convalidan outros títulos e certificados. Sen facer expresa imposición das costas procesais".