Foi-s'o meu amigo d'aquí
Aparencia
Foi-s'o meu amigo d'aquí (B 834 / V 420) Pero da Ponte século XIII
Foi-s'o meu amigo d'aquí
na hoste, por el-Rei servir,
e nunca eu despois dormir
pudi; mais ben tenh'eu assí
que, pois m'el tarda e non ven,
el-Rei o faz que mi o detén.
E gran coita non perderei
per ren, meos de o veer,
ca non ha o meu cor leze;
pero tanto de conort'hei
que, pois m'el tarda e non ven,
el-Rei o faz que mi o detén.
E ben se devía nembrar
das juras que m'entón jurou,
u m'el mui fremosa leixou;
mais, donas, podedes jurar
que, pois m'el tarda e non ven,
el-Rei o faz que mi o detén.