Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981/Título Terceiro
Saltar á navegación
Saltar á procura
![]() Estatuto de Autonomía de Galicia
|
|
Título Terceiro: Da Adminitración Pública Galega[editar]
Artigo 39[editar]
Correspóndelle á Comunidade Autónoma a creación e estructuración da súa propia Administración pública, dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado.
Artigo 40[editar]
Nos termos previstos no artigo 27.1.2 deste Estatuto, por Lei de Galicia poderase:
- Recoñece-la comarca como entidade local con presonalidade xurídica e demarcación de seu. A comarca non suporá, necesariamente, a supresión dos municipios que a integren.
- Crear, tamén, agrupacións baseadas en feitos urbanísticos e outros de carácter funcional con fins específicos.
- Recoñecer personalidade xurídica á parroquia rural.
Artigo 41[editar]
A Comunidade Autónoma exercerá as súas funcións administrativas por órganos e entes dependentes da Xunta de Galicia. Tamén poderá delegar nas provincias, municipios e demais entidades locais recoñecidas neste Estatuto.