Os cóbados n-o varandal: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
m cat
Liña 30: Liña 30:
</poem></div>
</poem></div>


[[Category:GL-O]]
[[Categoría:De catro a catro|*]]
[[Categoría:De catro a catro]]
[[Categoría:De catro a catro]]

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2012 ás 19:14


Os cóbados n-o varandal (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  Atopamos esta madrugada
  n-a gayola d'o Mar
  unha illa perdida
  
  Armaremos de novo a gayola
  Vai a saír o Sol
improvisado e desourentado

  Xa temos tantas estrelas
e tantas lúas sumisas
que non caben n-o barco nin n-a noite

  Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar c'as distanzas
d'as súas áas amplexadoras

  E os adeuses d'as nubes
  mudos e irremediabes

  E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
c'o seu viaxe feito
pol-os oucéanos d'o noso corazón.