Os cóbados n-o varandal: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Os cóbados n-o varandal(De catro a catro) |autor=Manuel Antonio |dataano=1928 }} <div class=prose><poem> Atopamos esta madrugada n-a gayola d'o Mar..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{encabezar
{{encabezar
|nome=Os cóbados n-o varandal([[De catro a catro]])
|nome=Os cóbados n-o varandal ([[De catro a catro]])
|autor=[[Manuel Antonio]]
|autor=[[Manuel Antonio]]
|dataano=[[1928]]
|dataano=[[1928]]

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2009 ás 19:23


Os cóbados n-o varandal (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  Atopamos esta madrugada
  n-a gayola d'o Mar
  unha illa perdida
  
  Armaremos de novo a gayola
  Vai a saír o Sol
improvisado e desourentado

  Xa temos tantas estrelas
e tantas lúas sumisas
que non caben n-o barco nin n-a noite

  Xuntaremos paxaros sin xeografía
pra xogar c'as distanzas
d'as súas áas amplexadoras

  E os adeuses d'as nubes
  mudos e irremediabes

  E armaremos unha rede de ronseles
pra recobrar as saudades
c'o seu viaxe feito
pol-os oucéanos d'o noso corazón.