A Internacional: Diferenzas entre revisións

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 212.253.178.61 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Sen resumo de edición
Liña 39: Liña 39:
[[Categoría:GL-I|Internacional, A]]
[[Categoría:GL-I|Internacional, A]]
[[Categoría:Obras]]
[[Categoría:Obras]]
[[Categoría:Traducións]]


[[br:Kanaouenn etrevroadel al labourerion]]
[[br:Kanaouenn etrevroadel al labourerion]]

Revisión como estaba o 29 de abril de 2016 ás 20:28


A Internacional       Eugène Pottier       xuño de 1871
 


En pé os escravos da terra,
en pé os que non teñen pan;
a nosa razón forte berra,
o triunfo chega en volcán.
Crebemos o xugo do pasado,
pobo de servos, ergue xa,
que o mundo vai ser transformado
e unha orde nova vai reinar.

Axuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.

Non hai salvadores supremos,
nin rei, nin tribuno, nin deus,
temos que salvarnos nós mesmos,
o Pobo Traballador.
Para que nos devolvan o roubado,
para derrubar esta prisión,
batamos no lume sagrado,
ferreiros dun mundo mellor.

Axuntémonos todos,
é a loita final,
o xénero humano
forma a Internacional.