Saltar ao contido

Conversa:Euskadi Ta Askatasuna

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
En Galifontes, o Wikisource en galego.

Son terroristas

[editar]

O termo terrorista foi eliminado da definición. Porén, á vista da bibliografía, asemella que podería ser a palabra que mellor define o que é ETA.

Velaí vai a primeira frase do artigo en cada unha das seis enciclopedias que consultei (presentadas por orde cronolóxico de edición, negras engadidas):

  1. Diccionario Enciclopédico Salvat Universal 20 tomos, 1980 (en castelán): Non aparecen as voces "ETA" nin "Euskadi Ta Askatasuna".
  2. Nuevo diccionario Enciclopédico Ilustrado (Durvan) 6 tomos, 1996 (en castelán): Non aparecen as voces "ETA" nin "Euskadi Ta Askatasuna", porén figura: * ETARRA (vasco etarra). adj, Perteneciente o relativo a la organización terrorista ETA. Apl. a pers., ú.t.c.s.
  3. Enciclopedia Universal Micronet 2006 (en castelán) ETA (Euskadi Ta Askatasuna): Organización terrorista de carácter nacionalista que nominalmente persigue la constitución en Euskadi de un Estado independiente y socialista.
  4. Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition (en inglés): Basque separatist organization in Spain that has used terrorism in its campaign for an independent Basque state.
  5. Microsoft Encarta 2009 (en castelán):ETA (Euskadi Ta Askatasuna), organización terrorista independentista vasca (su nombre, en euskera, significa 'Euskadi y Libertad') cuyo objetivo es la obtención de la independencia del País Vasco (Euskal Herria) respecto de los estados español y francés.
  6. Enciclopedia Galega Universal Ir Indo (en galego): ETA: Organización terrorista independentista vasca nacida en 1959 baixo o nome de Euskadi Ta Askatasuna (Euskadi e Liberdade).

Da a impresión de que o texto actual "organización armada vasca de ideoloxía marxista" corresponde máis a unha autodefinición.

--HombreDHojalata (conversa) 21:15, 27 de Febreiro de 2012 (UTC)

O texto actual "organización armada vasca de ideoloxía marxista" pretende unha neutralida que logo pide aclaracións sobre "armada" e penso cas aclaraciòns atopanse na Galipedia coa ligazòn : "É oficialmente considerada como organización terrorista por España, Francia[1], así como pola Unión Europea[2], os Estados Unidos de América, o Consello de Europa [3], a ONU[4] e ten sido criticada por Amnistía Internacional polo uso de métodos violentos como o asasinato e o secuestro [5], ademais da extorsión a empresarios para cobrar o chamado «imposto revolucionario», unha das súas fontes de financiamento. Os seus atentados causaron un total de 828 vítimas mortais ata o 30 de xullo de 2009[6]." Califacala de entrada como terrorista non ten rigor no eido do coñecemento porque o terrorismo non é un concepto aclarado e consensuado. Pero como non é productivo niste proxecto ir a debate longo con votaciòns, propoño que se engade unha frase que diga : "No transcurso do tempo, coa evoluciòn da organizaciòn e do contexto historio-politico, ETA pasou nas listas das organizacións terroristas de finaís do século XX e inicios de século XXI de paises e entidades internacinais.", ou unha frase escrita en bo galego que diga iso. Esta proposta pode sacarche a impresión desagradable ? --Elvire (conversa) 16:06, 2 de Marzo de 2012 (UTC)