Saltar ao contido

Conversa:Constitución española de 1931

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
En Galifontes, o Wikisource en galego.
Último comentario: HombreDHojalata hai 8 anos no fío "Introdución"

Vou partila en seccións para que non sexa tan grande. --Norrin strange 19:47, 16 Abril 2009 (UTC)

Introdución

[editar]

O 14 de xullo de 1931 as Cortes iniciaron as súas sesións baixo a presidencia do socialista Julián Besteiro. No comezo da súa andaina as Cortes referendaron os decretos elaborados polo goberno provisional e crearon unha comisión encargada de redactar a Constitución.

O 29 de agosto Luís Jiménez de Asúa presentaba a primeira redacción da Constitución, para posteriormente discutirse artigo por artigo. Os debates parlamentarios foron moi intensos, sobre todo o dos artigos 26-27 (relacionados coas congregacións relixiosas e o seu financiamento) e o 44 (referente á expropiación de terras).

As crises derivadas das discusións destes artigos fixeron dimitir ó Presidente do goberno Niceto Alcalá Zamora, mais este volveu á presidencia animado por Manuel Azaña.

Tras case 4 meses de discusións, o 9 de decembro a Constitución foi aprobada en Cortes con 368 votos a favor, 89 ausencias e ningún voto en contra. O feito de non ser ratificada en referendo popular impediu coñecer o grao de apoio cidadá, e outorgou motivos á dereita para deslexitimala.

(Texto traído da páxina do espazo de nomes principal: Constitución española de 1931. --HombreDHojalata (conversa) 7 de maio de 2016 ás 09:04 (UTC))Responder