Saltar ao contido

Convención sobre os Dereitos do Neno

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Adoptada e aberta a sinatura e ratificación pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 44/25 de 20 de novembro de 1989.

Entrada en vigor: 2 de setembro de 1990, de conformidade co artigo 49.


Preámbulo.

Os Estados Parte na presente Convención,

Considerando que, de conformidade cos principios proclamados na Carta das Nacións Unidas, a liberdade, a xustiza e a paz no mundo baséanse no recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos membros da familia humana,

Tendo presente que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home e na dignidade e o valor da persoa humana, e que decidiron promover o progreso social e elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade,

Recoñecendo que as Nacións Unidas proclamaron e acordaron na Declaración Universal de Dereitos Humanos e nos pactos internacionais de dereitos humanos, que toda persoa ten tódolos dereitos e liberdades enunciados neles, sen distinción algunha, por motivos de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición,

Recordando que na Declaración Universal de Dereitos Humanos as Nacións Unidas proclamaron que a infancia ten dereito a coidados e asistencia especiais,

Convencidos de que a familia, como grupo fundamental da sociedade e medio natural para o crecemento e benestar de todos os membros, e en particular dos nenos, debe recibir protección e asistencia necesarias para poder asumir plenamente as súas responsabilidades dentro da comunidade,

Recoñecendo que o neno, para o pleno e harmonioso desenvolvemento da súa personalidade, debe medrar no seo dunha familia, nun ambiente de felicidade, amor e comprensión,

Considerando que o neno debe estar plenamente preparado para unha vida independente na sociedade e ser educado no espírito dos ideais proclamados na Carta das Nacións Unidas e, en particular, nun espírito de paz, dignidade, tolerancia, liberdade, igualdade e solidariedade,

Tendo presente que a necesidade de proporcionar ao neno unha protección especial foi enunciada na Declaración de Xenebra de 1924 sobre os Dereitos do Neno adoptada pola Asemblea Xeral o 20 de novembro de 1959, e recoñecida na Declaración Universal de Dereitos Humanos, no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (en particular nos artigos 23 e 24), no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (en particular no artigo 10) e nos estatutos e instrumentos pertinentes dos organismos especializados e das organizacións internacionais que se interesan no benestar do neno,

Tendo presente que, como se indica na Declaración de Dereitos do Neno, "o neno pola súa falta de madurez física e mental, necesita protección e coidado especiais, incluso a debida protección legal, tanto antes como despois do nacemento",

Recordando o disposto na Declaración sobre principios sociais e xurídicos relativos a protección e benestar dos nenos, con particular referencia a adopción e colocación en fogares de garda, nos planos nacional e internacional; as regras Mínimas das Nacións Unidas para a administración de xustiza de menores (regras de Beijing); e a Declaración sobre a protección da muller e o neno en estados de emerxencia ou conflicto armado,

Recoñecendo que en todos os países do mundo hai nenos que viven en condicións excepcionalmente difíciles e que eses nenos necesitan especial consideración,

Tendo debidamente en conta a importancia das tradicións e os valores culturais de cada pobo para a protección e desenvolvemento harmonioso do neno,

Recoñecendo a importancia da cooperación internacional para o melloramento das condicións de vida dos nenos en tódolos países, en particular nos países en desenrolo,

Conviñeron o seguinte:


PARTE I

Artigo 1

Para os efectos da presente Convención, enténdese por neno todo ser humano menor de dezaoito anos de idade, salvo que, en virtude da lei que lle sexa aplicable, alcanzase antes a maioría de idade.


Artigo 2

1. Os Estados Parte respectarán os dereitos enunciados na presente Convención e asegurarán a súa aplicación a cada neno suxeito a súa xurisdicción, sen distinción algunha, independentemente da raza, a cor, o sexo, o idioma, a relixión, a opinión política ou de outra índole, a orixe nacional, étnica ou social, a posición económica, os impedimentos físicos, o nacemento ou calquera outra condición do neno, dos seus pais ou dos seus representantes legais.

2. Os Estados Partes tomarán todas as medidas apropiadas para garantir que o neno se vexa protexido contra toda forma de discriminación ou castigo por causa da condición, as actividades, as opinións expresadas ou as crenzas dos pais, dos seus titores ou dos seus familiares.


Artigo 3

1. En todas as medidas concernentes os nenos que tomen institucións públicas ou privadas de benestar social, os tribunais , as autoridades administrativas ou os órganos lexislativos, unha consideración primordial a que se atenderá será o interese superior do neno.

2. Os Estados Parte comprométense a asegurar ao neno a protección e o coidado que sexan necesarios para o seu benestar, tendo en conta os dereitos e deberes dos seus pais, titores ou outras persoas responsables del ante a lei e, con ese fin, tomarán todas as medidas lexislativas e administrativas adecuadas.

3. Os Estados Partes aseguraranse de que as institucións, servizos e establecementos encargados do coidado ou a protección dos nenos cumpran as normas establecidas en materia polas autoridades competentes, especialmente en materia de seguridade, sanidade, número e competencia do seu persoal así como en relación a existencia dunha supervisión adecuada.


Artigo 4

Os Estados Parte adoptarán todas as medidas administrativas, lexislativas, e de outra índole para dar efectividade os dereitos recoñecidos na presente convención. No que respecta os dereitos económicos, sociais e culturais, os Estados Partes adoptarán esas medidas ata o máximo dos recursos de que dispoñan e, cando sexa necesario, dentro do marco da cooperación internacional.


Artigo 5

Os Estados Partes respectarán as responsabilidades, os dereitos e os deberes dos pais ou, no seu caso, dos membros da familia ampliada ou da comunidade, segundo estableza a costume local, dos titores ou doutras persoas encargadas legalmente do neno de impartirlle, en consonancia coa evolución das súas facultades, dirección e orientación apropiadas para que o neno exerza os dereitos recoñecidos na presente Convención.


Artigo 6

1. Os Estados Partes recoñecen que todo neno ten dereito intrínseco a vida.

2. Os Estados Partes garantirán na máxima medida posible a supervivencia e o desenvolvemento do neno.


Artigo 7

1. O neno será inscrito inmediatamente despois do seu nacemento e terá dereito dende que nace a un nome, a adquirir unha nacionalidade e, na medida do posible a coñecer os seus pais e a ser coidado por eles.

2. Os Estados Partes velarán pola aplicación de estes dereitos en conformidade coa súa lexislación nacional e as obrigas que contraeran en virtude dos instrumentos internacionais pertinentes nesta esfera, sobre todo cando o neno resultase de outro modo apátrida.


Artigo 8

1. Os Estados Parte comprométense a respectar o dereito do neno a preservar a súa identidade, incluídos nacionalidade, o nome e relacións familiares de conformidade coa lei sen inxerencias ilícitas.

2. Cando un neno sexa privado ilegalmente dalgúns elementos da súa identidade ou de todos eles, os Estados Parte deberán prestar asistencia e protección apropiadas con miras a restablecer rapidamente a súa identidade.


Artigo 9

1. Os Estados Parte velarán porque o neno non sexa alonxado dos seus pais contra a vontade destes, agás cando, a reserva de revisión xudicial, as autoridades competentes determinen, de conformidade coa lei e os procedementos aplicables, que tal separación é necesaria no interese superior do neno. Tal determinación pode ser necesaria en casos particulares, por exemplo, nos casos nos que o neno sexa obxecto de maltrato ou descoido por parte dos seus pais ou cando estes viven separados e debe adoptarse unha decisión acerca do lugar de residencia do neno.

2. En calquera procedemento entaboado de conformidade co parágrafo 1 do presente artigo, ofrecerase a tódalas partes interesadas a oportunidade de participar nel e dar a coñecer as súas opinións.

3. Os Estados Parte respectarán o dereito do neno que estea separado de un ou de ambos pais a manter relacións persoais en contacto directo con ambos pais de modo regular, salvo se esto é contrario o interese superior do neno.

4. Cando esta separación sexa o resultado dunha medida adoptada por un Estado Parte, como a detención, o encarceramento, o exilio, a deportación ou a morte (incluído o falecemento debido a calquera causa mentres a persoa estea baixo custodia do Estado) dun dos pais do neno, ou de ambos, ou do neno, o Estado Parte proporcionaralle, cando se lle pida, os pais, o neno ou se procede, a outro familiar, información básica acerca do paradoiro do familiar ou familiares ausentes, a non ser que esto resultase prexudicial para o benestar do neno. Os Estados Parte cercióranse, ademais, de que a presentación de tal petición non entrañe por si mesma consecuencias desfavorables para a persoa ou persoas interesadas.


Artigo 10

De conformidade coa obriga que incumbe os Estados Partes a tenor do disposto no parágrafo 1 do artigo 9, toda solicitude feita por un neno ou polos seus pais para entrar nun Estado Parte ou para saír del os efectos de reunión da familia será atendida polos Estados Partes de maneira positiva, humanitaria e expeditiva.

Os Estados Partes garantirán, ademais, que a presentación de tal petición non traerá consecuencias desfavorables para os peticionarios nin para os seus familiares.

O neno que teña os pais residindo en Estados diferentes terá dereito a manter periodicamente, salvo en circunstancias excepcionais, relacións persoais e contactos directos con ambos pais. Con tal fin, e de conformidade coa obriga asumida polos Estados Parte en virtude do parágrafo 1 artigo 9, os Estados Partes respectarán o dereito do neno e dos seus pais a saír de calquera país, incluído o propio, e de entrar no seu propio país.

O dereito de saír de calquera país estará suxeito só as restriccións estipuladas pola lei e que sexan necesarias para protexer a seguridade nacional, a orde pública, a saúde ou a moral publicas e os dereitos e liberdades doutras persoas e que estean en consonancia cos demais dereitos recoñecidos pola presente Convención.


Artigo 11

1. Os Estados Parte adoptarán medidas para loitar contra os traslados ilícitos de nenos o estranxeiro e a retención ilícita de nenos no estranxeiro.

2. Para este fin, os Estados Parte promoverán a concertación de acordos bilaterais ou multilaterais ou a adhesión a acordos existentes.


Artigo 12

1. Os Estados Partes garantirán o neno que estea en condicións de formarse un xuízo propio e o dereito de expresar a súa opinión libremente en todos os asuntos que afecten ao neno, téndose en conta as opinións do neno, en función da idade e da madurez do neno.

2. Con tal fin, darase en particular o neno a oportunidade de ser escoitado , en todo procedemento xudicial ou administrativo que afecte o neno, xa sexa directamente ou por medio dun representante ou dun órgano apropiado, en consonancia coas normas de procedemento da lei nacional.


Artigo 13

1. O neno terá dereito a liberdade de expresión, ese dereito incluirá a liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de todo tipo, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou impresas, en forma artística ou por calquera outro medio escollido polo neno.

2. O exercicio de tal dereito poderá estar suxeito a certas restriccións, que serán unicamente as que a lei prevea e sexan necesarias:

a) Para o respecto dos dereitos ou a reputación dos demais; ou
b) Para a protección da seguridade nacional ou a orde pública ou para protexer a saúde ou moral públicas.


Artigo 14

1. Os Estados Partes respectarán o dereito do neno a liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.

2. Os Estados Partes respectarán os dereitos e deberes dos pais e, no seu caso, dos representantes legais, de guiar o neno no exercicio do seu dereito de modo conforme a evolución das súas facultades.

3. Liberdade de profesar a propia relixión ou as propias crenzas estará suxeita unicamente as limitacións prescritas pola lei que sexan necesarias para protexer a seguridade, a orde, a moral ou a saúde públicos ou os dereitos e liberdades fundamentais dos demais.


Artigo 15

1. Os Estados Partes recoñecen os dereitos dos nenos a liberdade de asociación e a liberdade de celebrar reunións pacíficas.

2. Non se imporán restriccións o exercicio de estes dereitos distintas das establecidas en conformidade coa lei e que sexan necesarias nunha sociedade democrática, en interese da seguridade nacional ou pública, a orde pública, a protección da saúde e a moral públicas ou a protección dos dereitos e liberdades dos demais.


Artigo 16

1. Ningún neno será obxecto de inxerencias arbitrarias ou ilegais na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia nin de ataques ilegais a súa honra e a súa reputación.

2. O neno ten dereito á protección da lei contra esas inxerencias ou ataques.


Artigo 17

Os Estados Partes recoñecen a importante función que desempeñan os medios de comunicación e celarán porque o neno teña acceso a información e material que teñan por finalidade promover o seu benestar social, espiritual e moral e a súa saúde física e mental, con tal obxecto, os Estados Partes:

a) Alentarán os medios de comunicación a difundir información e materiais de interese social e cultural para o neno, de conformidade co espírito do artigo 29;
b) Promoverán a cooperación internacional na producción, intercambio e na difusión desa información e eses materiais procedentes de diversas fontes culturais, nacionais e internacionais;
c) Alentarán a producción e difusión de libros para nenos;
d) Alentarán os medios de comunicación a que teñan particularmente en conta as necesidades lingüísticas do neno pertencente a un grupo minoritario ou que sexa indíxena;
e) Promoverán a elaboración de directrices apropiadas para protexer o neno contra toda información e material prexudicial para o seu benestar, tendo en conta as disposicións dos artigos 13 e 18.


Artigo 18

1. Os Estados Partes porán o máximo empeño en garantir o recoñecemento do principio de que ambos pais teñen obrigas comúns no que respecta a crianza e desenvolvemento do neno. Incumbirá aos pais, ou, no seu caso, aos representantes legais, a responsabilidade primordial da crianza e do desenvolvemento do neno. A súa preocupación fundamental será o interese superior do neno.

2. Aos efectos de garantir e promover os dereitos enunciados na presente Convención, os Estados Partes prestarán a asistencia apropiada aos pais e aos representantes legais para o desempeño das súas funcións no que respecta a crianza do neno e velarán pola creación de institucións, instalacións e servizos para o coidado dos nenos.

3. Os Estados Partes adoptarán todas as medidas apropiadas para que os nenos os que os seus pais traballan teñan dereito a beneficiarse dos servizos e instalacións de garda de nenos para os que reúnan as condicións requiridas.


Artigo 19

1. Os Estados Partes adoptarán todas as medidas lexislativas, administrativas, sociais e educativas apropiadas para protexer o neno contra toda forma de prexuízo ou abuso físico ou mental, descoido ou trato neglixente, malos tratos ou explotación, incluído o abuso sexual, mentres o neno se atope baixo a custodia dos pais, dun representante legal ou de calquera outra persoa que o teña ao seu cargo.

2. Esas medidas de protección deberían comprender, segundo corresponda, procedementos eficaces para o establecemento de programas sociais en obxecto de promover a asistencia necesaria ao neno e a quen coiden del, así como para outras formas de prevención e para a identificación, notificación, remisión a unha institución, investigación, tratamento e observación ulterior dos casos antes descritos de malos tratos ao neno e, segundo corresponda, a intervención xudicial.


Artigo 20

1. Os nenos temporal ou permanentemente privados do seu medio familiar, ou que o seu superior interese esixa que non permanezan nese medio, terán dereito a protección e asistencia especiais do estado.

2. Os Estados Partes garantirán, de conformidade coas súas leis nacionais, outros tipos de coidado para eses nenos.

3. Entre eses coidados figurarán, entre outras cousas, a colocación en fogares de garda, a Kafala do dereito islámico, a adopción ou de ser necesario, a colocación en institucións adecuadas de protección de menores. Ao considerar as solucións, prestarase particular atención a conveniencia de que haxa continuidade na educación do neno e a súa orixe étnica, relixiosa, cultural e lingüística.


Artigo 21

Os Estados Partes que recoñecen ou permiten o sistema de adopción coidarán de que o interese superior do neno sexa a consideración primordial e:

a) Velarán porque a adopción do neno só sexa autorizada polas autoridades competentes, as que determinarán, con arranxo as leis e os procedementos aplicables e sobre a base de toda información pertinente e fidedigna, que a adopción é admisible en vista da situación xurídica do neno en relación cos seus pais, parentes e representantes legais e que cando así se requira, as persoas interesadas deran con coñecemento de causa o seu consentimento á adopción sobre a base do asesoramento que puidera ser necesario;
b) Recoñecerán que a adopción en outro país pode ser considerada como outro medio de coidar do neno, en caso de que este non poida ser colocado nun fogar de garda ou entregado a unha familia adoptiva ou non poida ser atendido de maneira adecuada no país de orixe;
c) Velarán porque o neno que deba ser adoptado noutro país goce de salvagardas e normas equivalentes as existentes respecto da adopción no país de orixe;
d) Adoptarán todas as medidas apropiadas para garantir que, no caso de adopción noutro país, a colocación non de lugar a beneficios financeiros inadecuados para quen participan nela;
e) Promoverán, cando corresponda, os obxectivos do presente artigo mediante a concertación de arranxos ou acordos bilaterais ou multilaterais e e esforzaranse, dentro deste marco, por garantir que a colocación do neno noutro país efectúese por medio das autoridades ou organismos competentes.


Artigo 22

1. Os Estados Partes adoptarán medidas adecuadas para lograr que o neno que trate de obter o estatuto de refuxiado ou que sexa considerado refuxiado de conformidade co dereito e os procedementos internacionais ou internos aplicables que reciba, tanto se está só como se está acompañado dos seus pais ou de calquera outra persoa, a protección e a asistencia humanitaria adecuadas para o aproveitamento dos dereitos pertinentes enunciados na presente Convención e en outros instrumentos internacionais de dereitos humanos ou de carácter humanitario no que ditos Estados sexan partes.

2. A tal efecto os Estados Partes cooperarán, na forma que estimen apropiada, en todos os esforzos das Nacións Unidas e demais organizacións intergobernamentais competentes ou organizacións non gobernamentais que cooperen coas Nacións Unidas por protexer e axudar a todo neno refuxiado e localizar os seus pais ou a outros membros da súa familia, a fin de obter a información necesaria para que se reúna coa súa familia. Nos casos en que non se poida localizar a ningún dos pais ou membros da familia, concederáselle o neno a mesma protección que a calquera outro neno privado permanente ou temporalmente do seu medio familiar, por calquera motivo, como se dispón na presente convención.


Artigo 23

1. Os Estados Partes recoñecen que o neno mental ou fisicamente impedido deberá gozar dunha vida plena e decente en condicións que aseguren a súa dignidade, e que lle permitan chegar a valerse por si mesmo e faciliten a participación activa do neno na comunidade.

2. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno a recibir coidados especiais e alentarán e asegurarán, con suxeición os recursos dispoñibles, a prestación o neno que reúna as condicións requiridas e os responsables do seu coidado da asistencia que se solicite e que sexa adecuada o estado do neno e as circunstancias dos seus pais ou de outras persoas que coiden del.

3. En atención as necesidades especiais do neno impedido, a asistencia que se preste conforme o parágrafo 2 do presente artigo será gratuíta sempre que sexa posible, habida conta da situación económica dos pais ou doutras persoas que coiden ao neno e estará destinada a asegurar ao neno impedido a educación, capacitación, os servizos sanitarios, os servizos de rehabilitación, a preparación para o emprego e as oportunidades de esparexemento e reciba tales servizos co obxecto de que o neno logre a integración social e o desenvolvemento individual, incluído o seu desenvolvemento cultural e espiritual, na máxima medida posible.

4. Os Estados Partes promoverán, con espírito de cooperación internacional, o intercambio de información adecuada na esfera da atención sanitaria preventiva e do tratamento médico, psicolóxico e funcional dos nenos impedidos, incluída a difusión de información sobre os métodos de rehabilitación e os servizos de ensinanza e formación profesional, así como o acceso a esa información a fin de que os Estados Partes poidan mellorar a súa capacidade e coñecementos e ampliar a súa experiencia en estas esferas. A este respecto, teranse especialmente en conta as necesidades dos países en desenvolvemento.


Artigo 24

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno o aproveite do máis alto nivel posible de saúde e a servizos para o tratamento das enfermidades e a rehabilitación da saúde. Os Estados Partes esforzaranse por asegurar que ningún neno sexa privado do seu dereito o aproveitamento de eses servizos sanitarios.

2. Os Estados Partes asegurarán a plena aplicación deste dereito e, en particular, adoptarán as medidas apropiadas para:

a) Reducir a mortaldade infantil e na nenez;
b) Asegurar a prestación da asistencia médica e a atención sanitaria que sexan necesarias a todos os nenos, facendo fincapé no desenvolvemento da atención primaria da saúde;
c) Combater enfermidades e a malnutrición no marco da atención primaria da saúde , entre outras cousas, a aplicación da tecnoloxía dispoñible e o abastecemento de alimentos nutritivos adecuados e auga potable salubre, tendo en conta os perigos e riscos da contaminación do medio ambiente;
d) Asegurar a atención sanitaria prenatal e posnatal apropiada as nais;
e) Asegurar que todos os sectores da sociedade, en particular os pais e os fillos, coñezan os principios básicos da saúde e nutrición dos nenos, as vantaxes da lactación materna, a hixiene e o saneamento ambiental e as medidas de prevención de accidentes, teñan aceso a educación pertinente e reciban apoio na aplicación deses coñecementos;
f) Desenvolver a atención sanitaria preventiva, a orientación aos pais e a educación e servizos en materia de planificación da familia.

3. Os Estados Partes adoptarán todas as medidas eficaces e apropiadas posibles para abolir as prácticas tradicionais que sexan prexudiciais para a saúde dos nenos.

4. Os Estados Partes comprométense a promover e alentar a cooperación internacional con miras a lograr progresivamente a plena realización do dereito recoñecido no presente artigo. A este respecto, teranse plenamente en conta as necesidades dos países en desenvolvemento.


Artigo 25

Os Estados Partes recoñecen os dereitos do neno que foi internado nun establecemento polas autoridades competentes para os fins de atención, protección ou tratamento da saúde física ou mental a un exame periódico do tratamento a que estea sometido e de todas as demais circunstancias propias do seu internamento.


Artigo 26

1. Os Estados Partes recoñecerán a todos os nenos o dereito a beneficiarse da seguridade social, incluso do seguro social, e adoptarán medidas necesarias para lograr a plena realización deste dereito de conformidade coa súa lexislación nacional.

2. As prestacións deberían concederse, cando corresponda, tendo en conta os recursos e a situación do neno e das persoas que sexan responsables do mantemento do neno, así como calquera outra consideración pertinente a unha solicitude de prestacións feita polo neno ou no seu nome.


Artigo 27

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito de todo neno a un nivel de vida adecuado para o seu desenvolvemento físico mental, espiritual, moral e social.

2. Os pais ou outras persoas encargadas do neno incúmbelles a responsabilidade primordial de proporcionar, dentro das súas posibilidades e medios económicos, as condicións de vida que sexan necesarias para o desenvolvemento do neno.

3. Os Estados partes, de acordo coas condicións nacionais e con arranxo aos seus medios, adoptarán medidas apropiadas para asegurar o pago da pensión alimenticia por parte dos pais ou outras persoas que teñan a responsabilidade financeira polo neno, tanto se viven no Estado Parte como se viven no estranxeiro. En particular, cando a persoa teña a responsabilidade financeira polo neno resida nun Estado diferente de aquel no que resida o neno,os Estados Partes promoverán a adhesión aos convenios internacionais ou a concertación de ditos convenios, así como a concertación de calquera outros arranxos apropiados.


Artigo 28

1. Os Estados Partes recoñecen os dereitos do neno a educación e, a fin de que se poida exercer progresivamente e en condicións de igualdade de oportunidades ese dereito, deberán en particular:

a) Implantar a ensinanza primaria obrigatoria e gratuíta para todos;
b) Fomentar o desenvolvemento, nas súas distintas formas, da ensinanza secundaria, incluída a ensinanza secundaria, incluída a ensinanza xeral e profesional, facer que todos os nenos dispoñen de ela e teñan aceso a ela e adoptar medidas apropiadas tales como da ensinanza gratuíta e a concesión de asistencia financeira en caso de necesidade;
c) Facer a ensinanza superior accesible a todos, sobre a base da capacidade, por cantos medios sexan apropiados;
d) Facer que todos os nenos dispoñan de información e orientación en cuestións educacionais e profesionais e teñan aceso a elas;
e) Adoptar medidas para fomentar a asistencia regular as escolas e reducir as taxas de deserción escolar.

2. Os Estados Partes adoptarán cantas medidas sexan adecuadas para velar por que a disciplina escolar se administre de modo compatible coa dignidade humana do neno e de conformidade coa presente convención.

3. Os Estados Partes fomentarán e alentarán a cooperación internacional en cuestións de educación, en particular a fin de contribuír a eliminar a ignorancia e o analfabetismo en todo o mundo e de facilitar o aceso aos coñecementos técnicos e aos métodos modernos de ensinanza. A este respecto, teranse especialmente en conta as necesidades dos países en desenvolvemento.


Artigo 29

1. Os Estados Partes conveñen en que a educación do neno deberá estar encamiñada a:

a) Desenvolver a personalidade, as aptitudes e a capacidade mental e física do neno ata o máximo das súas posibilidades;
b) Inculcar ao neno o respecto os dereitos humanos e as liberdades fundamentais e dos principios consagrados na Carta das Nacións Unidas;
c) Inculcar ao neno o respecto dos seus pais, da súa propia identidade cultural, do seu idioma e dos seus valores nacionais do país en que vive, do país de que sexa orixinario e das civilizacións distintas da súa;
d) Preparar ao neno para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre, con espírito de comprensión, paz, tolerancia, igualdade de sexos e amizade entre todos os pobos, grupos étnicos, nacionais, e relixiosos e persoas de orixe indíxena;
e) Inculcar o neno o respecto do medio ambiente natural.

2. Nada do disposto no presente artigo ou no artigo 28 se interpretará como unha restricción a liberdade dos particulares e das entidades para establecer e dirixir as institucións de ensinanza, a condición de que se respecten os principios enunciados no parágrafo 1 do presente artigo e de que a educación impartida en tales institucións se axuste as normas mínimas que prescribe o Estado.


Artigo 30

Nos Estados en que existan minorías étnicas, relixiosas ou lingüísticas ou persoas de orixe indíxena, non se negará a un neno que pertenza a tales minorías ou que sexa indíxena o dereito que lle corresponde, en común cos demais membros do seu grupo, a ter a súa propia vida cultural, a profesar a súa propia relixión, ou a empregar o seu propio idioma.


Artigo 31

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno o descanso e o esparexemento, o xogo, e as actividades recreativas propias da súa idade e a participar libremente na vida cultural e nas artes.

2. Os Estados Partes respectarán e promoverán o dereito do neno a participar plenamente na vida cultural e artística e propiciarán oportunidades apropiadas, en condicións de igualdade, de participar na vida cultural e artística , recreativa e de esparexemento.


Artigo 32

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito do neno a estar protexido contra a explotación económica e contra o desempeño de calquera traballo que poida ser perigoso ou entorpecer a súa educación, ou que sexa nocivo para a súa saúde ou para o seu desenvolvemento físico, mental, espiritual, moral ou social.

2. Os Estados Partes adoptarán medidas lexislativas, administrativas, sociais, educacionais para garantir a aplicación do presente artigo. Con ese propósito e tendo en conta disposicións pertinentes doutros instrumentos internacionais, os Estados Partes, en particular:

a) Fixarán unha idade ou idades mínimas para traballar;
b) Disporán a regramentación apropiada dos horarios e condicións de traballo;
c) Estipularán as penalidades ou outras sancións apropiadas para asegurar a aplicación efectiva do presente artigo.


Artigo 33

Os Estados Partes adoptarán todas as medidas apropiadas, incluídas medidas lexislativas, administrativas, sociais, e educacionais, para protexer os nenos contra o uso ilícito dos estupefacientes e sustancias sicotrópicas enumeradas nos tratados internacionais pertinentes, e para impedir que se utilice os nenos na producción e no tráfico ilícito destas sustancias.


Artigo 34

Os Estados Partes comprométense a protexer o neno contra todas formas de explotación e abuso sexuais. Con este fin, os Estados Partes tomarán en particular, todas as medidas de carácter nacional, bilateral e multilateral que sexan necesarias para impedir:

a) A incitación ou a coacción para que un neno se dedique a calquera actividade sexual ilegal;
b) A explotación do neno na prostitución ou noutras prácticas sexuais ilegais;
c) A explotación do neno en espectáculos materiais pornográficos.


Artigo 35

Os Estados Partes tomarán as medidas de carácter nacional, bilateral, e multilateral que sexan necesarias para impedir o secuestro, a venta ou a trata de nenos para calquera fin ou en calquera forma.


Artigo 36

Os Estados Partes protexerán o neno contra todas as demais formas de explotación que sexan prexudiciais para calquera aspecto do seu benestar.


Artigo 37

Os Estados Parte velarán por que:

a) Ningún neno sexa sometido a torturas nin a outros tratos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes. Non se imporá a pena capital nin a de prisión perpetua sen posibilidade de excarceración por delictos cometidos por menores de 18 anos de idade;
b) Ningún neno sexa privado da súa liberdade ilegal ou arbitrariamente. A detención, o encarceramento ou a prisión dun neno levarase a cabo de conformidade coa lei e utilizarase tan só como medida de último recurso e durante o período máis breve que proceda;
c) Todo neno privado de liberdade será tratado con humanidade e o respecto que merece a dignidade inherente a persoa humana, e de maneira que se teñan en conta as necesidades das persoas da súa idade. En particular, todo neno privado de liberdade estará separado dos adultos, a menos que esto se considere superior o interese do neno, e terá dereito a manter contacto coa súa familia por medio de correspondencia e visitas, salvo en circunstancias excepcionais;
d) Todo neno privado da súa liberdade terá dereito a un pronto acceso a asistencia xurídica e outra asistencia adecuada, así como o dereito a impugnar a legalidade da privación da súa liberdade ante un tribunal ou institución competente, independente e imparcial e a unha pronta decisión sobre dita acción.


Artigo 38

1. Os Estados Partes comprométense a respectar e velar porque se respecten as normas do dereito internacional humanitario que lles sexan aplicables nos conflitos armados e que sexan pertinentes para o neno.

2 . Os Estados Partes adoptarán todas as medidas posibles para asegurar que as persoas que aínda non cumpriran os 15 anos de idade non participen directamente nas hostilidades.

Os Estados Partes absteranse de recrutar nas forzas armadas a persoas que aínda non cumpriran os 15 anos de idade. Se recrutan persoas que xa cumpriran os 15 anos, pero que sexan menores de 18, os Estados Partes procurarán dar prioridade os de máis idade.

De conformidade coas obrigas emanadas do dereito internacional humanitario de protexer a poboación civil durante os conflitos armados, os Estados Partes adoptarán todas as medidas posibles para asegurar a protección e o coidado dos nenos afectados por un conflito armado.


Artigo 39

Os Estados Partes adoptarán todas as medidas apropiadas para promover a recuperación física e psicolóxica e a reintegración social de todo neno víctima de: calquera forma de abandono, explotación ou abuso; tortura ou outra forma de tratos ou penas crús, inhumanos ou degradantes; ou conflitos armados. Esa recuperación e reintegración levarase a cabo nun ambiente que fomente a saúde, o respecto de si mesmo e a dignidade do neno.


Artigo 40

1. Os Estados Partes recoñecen o dereito de todo neno de quen se alegue que infrinxiu as leis penais ou a quen se acuse ou declare culpable de infrinxir esas leis a ser tratado de maneira acorde co fomento do seu sentido da dignidade e do valor, que fortaleza o respecto do neno polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de terceiros e na que se teñan en conta a idade do neno e a importancia de promover a reintegración do neno e de que este asuma unha función constructiva na sociedade.

2. Con este fin, e habida conta das disposicións pertinentes dos instrumentos internacionais, os Estados Partes garantirán, en particular:

a) Que non se alegue que ningún neno infrinxiu as leis penais, nin se acuse ou declare culpable a ningún neno de haber infrinxido esas leis, por actos ou omisións que non estaban prohibidos polas leis nacionais ou internacionais no momento en que se cometeron;
b) Que a todo neno do que se alegue que infrinxiu as leis penais ou a quen se acuse de infrinxir esas leis se lle garanta, polo menos, o seguinte:
i) Que se lle presumirá inocente mentres non se probe a súa culpabilidade conforme a lei;
ii) Que será informado sen demora e directamente ou, cando sexa procedente, por intermedio dos seus pais ou dos seus representantes legais, dos cargos que pesan contra el e que disporá de asistencia xurídica ou doutra asistencia apropiada na preparación e presentación da súa defensa;
iii) Que a causa será dirimida sen demora por unha autoridade ou órgano xudicial competente, independente e imparcial en audiencia equitativa conforme a lei , en presencia dun asesor xurídico ou outro tipo de asesor adecuado e, polo menos que se considerase que elo fora contrario o interese superior do neno , tendo en conta en particular a súa idade ou situación e aos seus pais ou representantes legais;
iv) Que non será obrigado a prestar testemuño ou declararse culpable, que poderá interrogar ou facer que se interrogue a testemuñas de cargo e obter a participación e o interrogatorio de testemuñas de descargo en condicións de igualdade;
v) Si se considerase que infrinxira, en efecto, as leis penais, que esta decisión e toda medida imposta a consecuencia dela, serán sometidas a unha autoridade ou órgano xudicial superior competente, independente e imparcial conforme a lei;
vi) Que o neno contará coa asistencia gratuíta dun intérprete se non comprende ou fala o idioma utilizado,
vii) Que se respectará plenamente a súa vida privada en todas as fases do procedemento.

3. Os Estados Partes tomarán todas as medidas apropiadas para promover o establecemento de leis, procedementos, autoridades e institucións específicas para os nenos de quen se alegue que infrinxiran as leis penais ou a quen se acuse ou aclare culpables de infrinxir esas leis, e en particular:

a) O establecemento dunha idade mínima antes da cal presumirase que os nenos non teñen capacidade para infrinxir leis penais;
b) Sempre que sexa apropiado e desexable, a adopción de medidas para tratar a eses nenos sen recorrer a procedementos xudiciais, no entendemento de que se respectarán plenamente os dereitos humanos e as garantías legais.

4. Disporase de diversas medidas, tales como o coidado, as ordenes de orientación e supervisión, o asesoramento, a liberdade vixiada , a colocación en fogares de garda, os programas de ensinanza e formación profesional, así como outras posibilidades alternativas a internamento en institucións para asegurar que os nenos sexan tratados de maneira apropiada para o seu benestar e que garde proporción tanto coas súas circunstancias como coa infracción.


Artigo 41

Nada do disposto na presente Convención afectará as disposicións que sexan máis conducentes a realización dos dereitos do neno e que poidan estar recollidas en :

a) O dereito dun Estado Parte; ou
b) O dereito internacional vixente con respecto a dito Estado.


PARTE II

Artigo 42

Os Estados Parte comprométense a dar a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados tanto a adultos como a nenos.


Artigo 43

1. Coa finalidade de examinar os progresos realizados no cumprimento das obrigas contraídas polos Estados Partes na presente Convención, establecerase un Comité dos Dereitos do Neno que desempeñará as funcións que a continuación se estipulan.

2. O comité estará integrado por dez expertos de gran integridade moral e recoñecida competencia nas esferas reguladas pola presente Convención, os membros do Comité serán elixidos polos Estados Partes e exercerán as súas funcións a título persoal, téndose debidamente en conta a distribución xeográfica, así como os principais sistemas xurídicos.

3. Os membros do Comité serán elixidos, en votación secreta, dunha listaxe de persoas escollida entre os seus propios nacionais.

4. A elección inicial celebrarase a máis tardar seis meses despois da entrada en vigor da presente Convención e ulteriormente cada dous anos. Con catro meses, como mínimo , de antelación respecto a data de cada elección, o secretario xeral das Nacións Unidas dirixirá unha carta os Estados Partes invitándoos a que presenten as súas candidaturas nun prazo de dous meses. O Secretario Xeral preparará despois unha lista na que figurarán por orde alfabético todos os candidatos propostos, con indicación dos Estados Partes que os designaran, e comunicaraa os Estados Partes na presente Convención.

5. As eleccións celebraranse nunha reunión dos Estados Partes convocada polo Secretario Xeral na Sede das Nacións Unidas. Nesa reunión, na que a presenza de dous tercios dos Estados Partes constituirá quórum , as persoas seleccionadas para formar parte do comité serán aqueles candidatos que obteñan o maior número de votos e unha maioría absoluta dos votos dos representantes dos Estados partes presentes e votantes.

6. Os membros do comité serán elixidos por un período de catro anos. Poderán ser reelixidos se se presenta de novo a súa candidatura . O mandato de cinco dos membros elixidos na primeira elección expirará ao cabo dos dous anos; inmediatamente despois de efectuada a primeira elección, o presidente da reunión en que esta se celebre elixirá por sorteo os nomes deses cinco membros.

7. Se un membro do comité falece ou dimite ou declara que por calquera causa non pode seguir desempeñando as funcións no Comité, o Estado Parte que propuxo a ese membro designará entre os seus propios nacionais a outro experto para exercer o mandato ata o seu termo, a reserva da aprobación do comité.

8. O Comité adoptará o seu propio regramento.

9. O Comité elixirá a súa mesa por un período de dous anos.

10. As reunións do Comité celebraranse normalmente na Sede das Nacións Unidas ou en calquera outro lugar conveniente que determine o Comité. O Comité reunirase normalmente todos os anos. A duración das reunións do Comité será determinada e revisada, se procedera, por unha reunión dos Estados Partes presente Convención, a reserva da aprobación da Asemblea Xeral.

11. O Secretario Xeral das Nacións Unidas proporcionará o persoal e os servizos necesarios para o desempeño eficaz das funcións do Comité establecido en virtude da presente Convención.

12.Previa aprobación da Asemblea Xeral, os membros do Comité establecido en virtude da presente Convención recibirá emolumentos con cargo aos fondos das Nacións Unidas, segundo as condicións que a Asemblea poida establecer.


Artigo 44

Os Estados Partes comprométense a presentar ao comité, por conducto do Secretario Xeral das Nacións Unidas, informes sobre as medidas que adoptaran para dar efecto os dereitos recoñecidos na Convención e sobre o progreso que realizaran en canto o goce deses dereitos:

No prazo de dous anos a partir da data na que para cada Estado Parte entrara en vigor a presente Convención;

No sucesivo cada cinco anos.

Os informes preparados en virtude do presente artigo deberán indicar as circunstancias e dificultades se as houbera, que afecten o grao de cumprimento das obrigas derivadas da presente Convención. Deberán así mesmo, conter información suficiente para que o Comité teña cabal comprensión da aplicación da convención no país que se trate.

Os Estados parte que presentaran un informe inicial completo o Comité non necesitan repetir, en sucesivos informes presentados de conformidade co disposto no inciso b) do parágrafo 1 do presente artigo, a información básica presentada anteriormente.

O Comité poderá pedir os Estados Parte máis información relativa a aplicación da Convención.

O comité presentará cada dous anos a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, por conducto do Consello Económico e Social, informes sobre as súas actividades.

Os Estados Partes darán os seus informes unha ampla difusión entre o público dos seus países respectivos.


Artigo 45

Co obxecto de fomentar a aplicación efectiva da Convención e de estimular a cooperación internacional na esfera regulada pola Convención:

Os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e demais órganos das Nacións Unidas terán dereito a estar representados no exame da aplicación daquelas disposicións da Presente Convención comprendidas no ámbito do seu mandato. O Comité poderá invitar aos organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e a outros órganos competentes que considere apropiados a que proporcionen asesoramento especializado sobre a aplicación da Convención nos sectores que son de incumbencia dos seus respectivos mandatos. O Comité poderá invitar os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e demais órganos das Nacións Unidas a que presenten informes sobre a aplicación daquelas disposicións da presente Convención comprendidas nos ámbitos das súas actividades;

O comité transmitirá, segundo estime convinte, os organismos especializados, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia e a outros órganos competentes, os informes dos Estados Partes que conteñan unha solicitude de asesoramento ou de asistencia técnica, ou nos que se indique esta necesidade, xunto coas observacións e suxestións do Comité, se as houbera, acerca desas solicitudes ou indicacións ;

O comité poderá recomendar a Asemblea Xeral que pida o Secretario Xeral que efectúe no seu nome, estudos sobre cuestións concretas relativas aos dereitos do neno;

O Comité poderá formular suxestións e recomendacións xerais baseadas na información recibida en virtude dos artigos 44 e 45 da presente Convención. Ditas suxestións e recomendacións xerais deberán transmitirse aos Estados Partes interesados e notificarse a asemblea Xeral, xunto cos comentarios, se os houbera dos Estados Partes.


PARTE III

Artigo 46

A presente Convención estará aberta a sinatura de todos os Estados.


Artigo 47

A presente Convención estará suxeita a ratificación. Os instrumentos de ratificación depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 48

A presente Convención permanecerá aberta a adhesión de calquera Estado. Os instrumentos de adhesión depositaranse en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 49

A presente Convención entrará en vigor o trixésimo día seguinte a data na que fora depositado o vixésimo instrumento de de ratificación ou adhesión, a Convención entrará en vigor o trixésimo día despois do depósito por tal Estado do seu instrumento de ratificación ou de adhesión.


Artigo 50

1. Todo Estado Parte poderá propoñer unha emenda e depositala en poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas. O Secretario Xeral comunicará a emenda proposta aos Estados Partes, pedíndolles que lles notifiquen se desexan que se convoque unha conferencia de Estados Partes co fin de examinar a proposta e sometela a votación. Se dentro dos catro meses seguintes a data desa notificación un tercio, polo menos, dos Estados Partes se declara a favor de tal conferencia , o Secretario Xeral convocará unha conferencia co auspicio das Nacións Unidas. Toda emenda adoptada pola maioría dos Estados Partes, presentes e votantes na conferencia, será sometida polo Secretario a Asemblea Xeral das Nacións Unidas para a súa aprobación.

2. Toda emenda adoptada de conformidade co parágrafo 1 do presente artigo entrará en vigor cando sexa aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e aceptada por unha maioría de dous tercios dos estados Partes.

3. Cando as emendas entren en vigor serán obrigatorias para os Estados Partes que as aceptaran, en tanto que os demais Estados Partes seguirán obrigados polas disposicións da presente Convención e polas emendas anteriores que aceptaran.


Artigo 51

1. O Secretario Xeral das Nacións Unidas recibirá e comunicará a tódolos Estados o texto das reservas formuladas polos Estados no momento da ratificación ou da adhesión.

2. Non se aceptará ningunha reserva incompatible co obxecto e co propósito da presente Convención.

3. Toda reserva poderá ser retirada en calquera momento por medio dunha notificación feita a ese efecto e dirixida o Secretario Xeral das Nacións Unidas, quen informará a todos os Estados. Esa notificación surtirá efecto na data da súa recepción polo Secretario Xeral.


Artigo 52

Todo Estado Parte poderá denunciar na Presente Convención mediante notificación feita por escrito o Secretario Xeral das Nacións Unidas . A denuncia surtirá efecto un ano despois da data na que a notificación fose recibida polo Secretario Xeral.


Artigo 53

Designase depositario da presente Convención o Secretario Xeral das Nacións Unidas.


Artigo 54

O orixinal da presente Convención , que ten textos en árabe, chino, español, francés, inglés e ruso son igualmente auténticos, depositaranse no poder do Secretario Xeral das Nacións Unidas.


EN TESTEMUÑA DO CAL, os infraescritos plenipotenciarios, debidamente autorizados para elo polos seus respectivos gobernos, asinaron a presente Convención.