Constitución española de 1845
Esta páxina forma parte dos Documentos históricos contidos en Wikisource.
Título I - Dos españois
[editar]Artigo 1.
Son españois:
- Tódalas persoas nadas nos dominios de España.
- Os fillos de pai ou nai españois, aínda que naceran fóra de España.
- Os estranxeiros que obtiveran carta de natureza.
- Os que sen ela gañaran veciñanza en calquera pobo da Monarquía.
A calidade de español pérdese por adquirir natureza en país estranxeiro, e por admitir emprego doutro Goberno sen licenza do Rei.
Unha lei determinará os dereitos que deberán gozar os estranxeiros que obteñan carta de natureza ou gañaran veciñanza.
Artigo 2.
Tódolos españois podan imprimir e publicar libremente as súas ideas sen previa censura, con suxeición ás leis.
Artigo 3.
Todo español ten dereito de dirixir peticións por escrito ás Cortes e ó Rei, como determinen as leis.
Artigo 4.
Uns mesmos Códigos rexerán en toda a Monarquía.
Artigo 5.
Tódolos españois son admisíbeis ós empregos e cargos públicos, segundo o seu mérito e capacidade.
Artigo 6.
Todo español está obrigado a defender a Patria coas armas cando sexa chamado pola lei e a contribuír en proporción dos seus haberes para os gastos do Estado.
Artigo 7.
Non pode ser detido, nin preso, nin separado do seu domicilio ningún español, nin achandada a súa casa senón nos casos e na forma que as leis prescriban.
Artigo 8.
Se a seguridade do Estado esixese en circunstancias extraordinarias a suspensión temporal en toda a Monarquía, ou en parte dela, do disposto no artigo anterior, se determinará por unha lei.
Artigo 9.
Ningún español pode ser procesado nin sentenciado senón polo Xuíz ou Tribunal competente, en virtude de leis anteriores ó delito e na forma que estas prescriban.
Discutida e votada polas Cortes Constituíntes de 1854-56 a Constitución que xeralmente é designada con esta última data, aínda que en realidade debera selo coa de 1855, posto que a súa aprobación rematou en 14 de Decembro de dito ano, e sen ter chegado a promulgarse, ditouse o Real decreto de 15 de Setembro de 1856 restablecendo esta Constitución de 1845, modificada pola Acta Adicional que se inserta a continuación da mesma, e que había de gardarse e cumprirse como parte integrante dela, entre tanto que as Cortes resolveran o conveniente.
Artigo 10.
Non se imporá xamais a pena de confiscación de bens, e ningún español será privado da súa propiedade senón por causa xustificada de utilidade común, previa a correspondente indemnización.
Artigo 11.
A Relixión da Nación española é a católica, apostólica, romana. O Estado obrígase a manter o culto e os seus ministros.
Título II - Das Cortes
[editar]Artigo 12.
A potestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Artigo 13.
As Cortes compóñense dos Corpos Colexisladores, iguais en facultades: o Senado e o Congreso dos Deputados.
Título III - Do Senado
[editar]Artigo 14.
O número de Senadores é ilimitado: o seu nomeamento pertence ao Rei.
Artigo 15.
Só poderán ser nomeados Senadores os españois que, ademais de ter trinta anos cumpridos, pertenzan ás clases seguintes:
- Presidentes dalgún dos Corpos Colexisladores.
- Senadores ou Deputados admitidos tres veces nas Cortes.
- Ministros da Coroa.
- Conselleiros de Estado.
- Arcebispos.
- Bispos.
- Grandes de España.
- Capitáns xerais do Exército e Armada.
- Tenentes xerais do Exército e Armada.
- Embaixadores.
- Ministros plenipotenciarios.
- Presidentes de Tribunais Supremos.
- Ministros e Fiscais dos mesmos.
- Os comprendidos nas categorías anteriores deberán ademais gozar 30.000 reais de renda procedente de bens propios ou de soldos dos empregos que non poidan perderse senón por causa legalmente probada, ou de xubilación, retiro ou cesantía.
- Títulos de Castela que gocen de 60.000 reais de renda.
- Os que paguen cun ano de antelación 8.000 reais de contribucións directas, teñan sido Senadores ou Deputados a Cortes, ou Deputados provinciais, ou Alcaldes en pobos de 30.000 almas, ou Presidentes de Xuntas ou Tribunais de Comercio.
As condicións necesarias para ser nomeado Senador poderán variarse por unha lei.
Artigo 16.
O nomeamento dos Senadores farase por decretos especiais, e neles expresarase o título en que, conforme ao artigo anterior, se funde o nomeamento.
Artigo 17.
O cargo de Senador é vitalicio.
Artigo 18.
Os fillos do Rei e do herdeiro inmediato da Coroa son Senadores á idade de vinte e cinco anos.
Artigo 19.
Ademais das facultades lexislativas corresponde ao Senado:
- Xulgar os Ministros cando foran acusados polo Congreso dos Deputados.
- Coñecer dos delitos graves contra a persoa ou dignidade do Rei, ou contra a seguridade do Estado, conforme ao que establezan as leis.
- Xulgar os individuos do seu seo nos casos e na forma que determinaran as leis.
Título IV - Do Congreso dos Deputados
[editar]Artigo 20.
O Congreso dos Deputados comporase dos que nomeen as Xuntas electorais na forma que determine a lei. Nomearase un Deputado, ao menos, por cada 50.000 almas da poboación.
Artigo 21.
Os Deputados elixiranse polo método directo, e poderán ser reelixidos indefinidamente.
Artigo 22.
Para ser Deputado requírese ser español, do estado seglar, cumprir vinte e cinco anos, gozar a renda procedente de bens raíces ou pagar por contribucións directas a cantidade que a lei Electoral esixa, e ter as demais circunstancias que na mesma lei se prefixen.
Artigo 23.
Todo español que teña esas calidades pode ser nomeado Deputado por calquera provincia.
Artigo 24.
Os Deputados serán elixidos por cinco anos.
Artigo 25.
Os Deputados que admitan do Goberno ou da Casa Real pensión, emprego que non sexa de escala na súa respectiva carreira, comisión con soldo, honras ou condecoracións, quedan suxeitos a reelección. A disposición anterior non comprende aos Deputados que fosen nomeados Ministros da Coroa.
Título V - Da celebración e facultades das Cortes
[editar]Artigo 26.
As Cortes reúnense tódolos anos. Corresponde ao Rei convocalas, suspender e pechar as súas sesións, e disolver o Congreso dos Deputados; pero coa obriga, neste último caso, de convocar outras Cortes e reunilas dentro de tres meses.
Artigo 27.
As Cortes serán precisamente convocadas logo que vacare a Coroa, ou cando o Rei se imposibilitar de calquera modo para o goberno.
Artigo 28.
Cada un dos Corpos Colexisladores forma o respectivo Regulamento para o seu goberno interior, e examina as calidades dos individuos que o compoñen; o Congreso decide, ademais, sobre a legalidade das eleccións dos Deputados.
Artigo 29.
O Congreso dos Deputados nomea o seu Presidente, Vicepresidentes e Secretarios.
Artigo 30.
O Rei nomea para cada lexislatura, de entre os mesmos Senadores, o Presidente e Vicepresidentes do Senado, e este elixe os seus Secretarios.
Artigo 31.
O Rei abre e pecha as Cortes, en persoa ou por medio dos Ministros.
Artigo 32.
Non poderá estar reunido un dos dous Corpos Colexisladores sen que tamén o estea o outro; exceptúase o caso en que o Senado exerza funcións xudiciais.
Artigo 33.
Os Corpos Colegisladores non poden deliberar xuntos nin en presenza do Rei.
Artigo 34.
As Sesións do Senado e do Congreso serán públicas, e só nos casos en que esixan reserva poderá celebrarse sesión secreta.
Artigo 35.
O Rei, e cada un dos Corpos Colexisladores, teñen a iniciativa das leis.
Artigo 36.
As leis sobre contribucións e crédito público presentaranse primeiro ao Congreso dos Deputados.
Artigo 37.
As resolucións en cada un dos Corpos Colexisladores tómanse a pluralidade absoluta de votos; pero para votar as leis requírese a presenza da metade máis un do número total dos individuos que o compoñen.
Artigo 38.
Se un dos Corpos Colexisladores refugare algún proxecto de lei, ou lle negare o Rei a sanción, non poderá volverse a propor un proxecto de lei sobre o mesmo obxecto naquela lexislatura.
Artigo 39.
Ademais da potestade lexislativa que exercen as Cortes co Rei, perténcenlles as facultades seguintes:
- Recibir ao Rei, ao sucesor inmediato da Coroa e á Rexencia ou Rexente do Reino o xuramento de gardar a Constitución e as leis.
- Elixir Rexente ou Rexencia do Reino e nomear titor ao Rei menor cando o prevé a Constitución.
- Facer efectiva a responsabilidade dos Ministros, os cales serán acusados o Congreso e xulgados polo Senado.
Artigo 40.
Os Senadores e os Deputados son inviolables polas súas opinións e votos no exercicio do seu encargo.
Artigo 41.
Os Senadores non poderán ser procesados nin arrestados sen previa resolución do Senado senón cando sexan achados in fraganti, ou cando non estea reunido o Senado; pero en todo caso darase conta a este Corpo o máis pronto posible para que determine o que corresponda. Tampouco poderán os Deputados ser procesados nin arrestados durante as sesións sen permiso do Congreso, a non ser achados in fraganti; pero neste caso e no de ser procesados ou arrestados cando estivesen pechadas as Cortes, darase conta o máis pronto posible ao Congreso para o seu coñecemento e resolución.
Título VI - De El-Rei
[editar]Artigo 42.
A Persoa de El-Rei é sacra e inviolable, e non está suxeita a responsabilidade. Son responsables os Ministros.
Artigo 43.
A potestade de facer executar as leis reside no Rei, e a súa autoridade esténdese a todo canto conduce á conservación da orde pública no interior, e á seguridade do Estado no exterior, conforme á Constitución e ás leis.
Artigo 44.
O Rei sanciona e promulga as leis.
Artigo 45.
Ademais das prerrogativas que a Constitución sinala ao Rei, correspóndelle:
- Expedir os decretos, regulamentos e instrucións que sexan conducentes para a execución das leis.
- Coidar de que todo no Reino adminístrese pronta e cumplidamente a xustiza.
- Indultar aos delincuentes con arranxo ás leis.
- Declarar a guerra e facer e ratificar a paz, dando despois conta documentada ás Cortes.
- Dispor da forza armada, distribuíndoa como máis conveña.
- Dirixir as relacións diplomáticas e comerciais coas demais Potencias.
- Coidar da fabricación da moeda, na que se porá o seu busto e o seu nome.
- Decretar o investimento dos fondos destinados a cada un dos ramos da administración pública.
- Nomear todos os empregados públicos e coñecer honras e distincións de todas clases, con arranxo ás leis.
- Nomear e separar libremente os Ministros.
Artigo 46.
O Rei necesita estar autorizado por unha lei especial:
- Para enaxenar, ceder ou permutar calquera parte do territorio español.
- Para admitir tropas estranxeiras no Reino.
- Para rectificar os tratados de alianza ofensiva, os especiais de comercio e os que estipulen dar subsidios a algunha Potencia estranxeira.
- Para abdicar a Coroa no seu inmediato sucesor.
Artigo 47.
O Rei, antes de contraer matrimonio, porao en coñecemento das Cortes, a cuxa aprobación se someterán as estipulaciones e contratos matrimoniais que deban ser obxecto dunha lei.
O mesmo observarase respecto do matrimonio do inmediato sucesor á Coroa. Nin o Rei nin o inmediato sucesor poden contraer matrimonio con persoa que por lei estea excluída da sucesión á Coroa.
Artigo 48.
A dotación do Rei e da súa Familia fixarase polas Cortes ao principio de cada reinado
Título VII - Da sucesión á coroa
[editar]Artigo 49.
A Raíña lexítima das Españas é Dona Isabel II de Borbón.
Artigo 50.
A sucesión no Trono das Españas será segundo a orde regular de primogenitura e representación, preferindo sempre a liña anterior ás posteriores; na mesma liña, o grao máis próximo ao máis remoto; no mesmo grao, o home á femia, e no mesmo sexo, a persoa de máis idade á de menos.
Artigo 51.
Extinguidas as liñas dos descendentes lexítimos de Dona Isabel II de Borbón, sucederán pola orde que queda establecido a súa irmá e os tíos irmáns do seu pai, así homes como femias, e os seus lexítimos descendentes, se non estivesen excluídos.
Artigo 52.
Se chegaren a extinguirse todas as liñas que se sinalan, faranse por unha lei novos chamamentos, como máis conveña á Nación.
Artigo 53.
Calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra en orde á sucesión da Coroa resolverase por unha lei.
Artigo 54.
As persoas que sexan incapaces para gobernar, ou fixesen cousa por que merezan perder o dereito á Coroa, serán excluídas da sucesión dunha lei.
Artigo 55.
Cando reine unha femia, o seu marido non terá parte ningunha no goberno do Reino.
Título VIII - Da menor idade de El-Rei, e da rexencia
[editar]Artigo 56.
El-Rei é menor de idade ata cumprir catorce anos.
Artigo 57.
Cando El-Rei for menor de idade, o pai ou a nai do Rei, e na súa falta o parente máis próximo a suceder na Coroa, segundo a orde establecida na Constitución, entrará, desde logo, a exercer a Rexencia, e exerceraa todo o tempo da menor idade do Rei.
Artigo 58.
Para que o parente máis próximo exerza a Rexencia, necesita ser español, ter vinte anos cumpridos, e non estar excluído da sucesión da Coroa. O pai ou a nai de El-Rei só poderán exercer a Rexencia permanecendo viúvos.
Artigo 59.
O Rexente prestará ante as Cortes o xuramento de ser fiel a El-Rei menor e de gardar a Constitución e as leis.
Se as Cortes non estiveren reunidas, o Rexente convocaraas inmediatamente, e entre tanto prestará o mesmo xuramento ante o Consello de Ministros, prometendo reiterarlle ante as Cortes tan logo como se achen congregadas.
Artigo 60.
Se non houber ningunha persoa a quen corresponda de dereito a Rexencia, nomearana as Cortes, e comporase dunha, tres ou cinco persoas. Ata que se faga este nomeamento gobernará provisionalmente o Reino o Consello de Ministros.
Artigo 61.
Cando El-Rei estivera imposibilitado para exercer a súa autoridade, e a imposibilidade for recoñecida polas Cortes, exercerá a Rexencia durante o impedimento o fillo primoxénito de El-Rei, e a falta deste, os chamados á Rexencia.
Arttigo 62.
O Rexente, e a Rexencia no seu caso, exercerá toda a autoridade de El-Rei, en cuxo nome han ser publicados os actos do Goberno.
Artigo 63.
Será titor de El-Rei menor a persoa que no seu testamento houber nomeado El-Rei defunto, sempre que sexa español de nacemento; se non o nomeou, será titor o pai ou a nai mentres permanezan viúvos. Na súa falta, nomearano as Cortes, pero non poderán estar reunidos os encargos de Rexente e de titor senón no pai ou a nai deste.
Título IX - Dos ministros
[editar]Artigo 64.
Todo o que El-Rei mandar ou dispuxer no exercicio da súa autoridade, deberá ser asinado polo Ministro a quen corresponda, e ningún funcionario público dará cumprimento ao que careza deste requisito.
Artigo 65.
Os Ministros poden ser Senadores ou Deputados e tomar parte nas discusións de ambos os Corpos Colegisladores; pero só terán voto naquel a que pertenzan.
Título X - Da administración de xustiza
[editar]Artigo 66.
Aos Tribunais e Xulgados pertence exclusivamente a potestade de aplicar as leis nos xuízos civís e criminais; sen que poidan exercer outras funcións que as de xulgar e facer que se execute o xulgado.
Artigo 67.
As leis determinarán os Tribunais e Xulgados que ha de haber, a organización de cada un, as súas facultades, o modo de exercer e as calidades que han de ter os seus individuos.
Artigo 68.
Os xuízos en materias criminais serán públicos, na forma que determinen as leis.
Artigo 69.
Ningún maxistrado ou xuíz poderá ser deposto do seu destino, temporal ou perpetuo, senón por sentenza executoriada; nin suspendido senón por auto xudicial, ou en virtude de orde de El-Rei, cando este, con motivos fundados, o mande xulgar polo Tribunal competente.
Artigo 70.
Os xuíces son responsables persoalmente de toda infracción de lei que cometan.
Artigo 71.
A xustiza adminístrase en nome de El-Rei.
Título XI - Das deputacións provinciais e dos concellos
[editar]Artigo 72.
En cada provincia haberá unha Deputación provincial, elixida na forma que determine a lei e composta do número de individuos que esta indique.
Artigo 73.
Haberá nos pobos Alcaldes e Concellos. Os Concellos serán nomeados polos veciños a quen a lei confira este dereito.
Artigo 74.
A lei determinará a organización e atribucións das Deputacións e dos Concellos, e a intervención que haxan de ter en ámbalas dúas Corporacións os delegados do Goberno.
Título XII - Das contribucións
[editar]Artigo 75.
Tódolos anos presentará o Goberno ás Cortes o presuposto xeral dos gastos do Estado para o ano seguinte e o plan das contribucións e medios para enchelos, como así mesmo as contas da recadación e inversión dos caudais públicos para o seu exame e aprobación.
Artigo 76.
Non poderá imporse nin cobrarse ningunha contribución nin arbitrio que non estea autorizado pola lei de Presupostos ou outra especial.
Artigo 77.
Igual autorización precisarase para dispor das propiedades do Estado e para tomar caudais a préstamo baixo o crédito da Nación.
Artigo 78.
A Débeda pública está baixo a salvagarda especial da Nación.
Título XIII - Da forza militar
[editar]Artigo 79.
As Cortes fixarán, tódolos anos, a proposta do Rei, a forza militar permanente de mar e terra.
Artigo adicional
[editar]Artigo 80.
As provincias de Ultramar serán gobernadas por leis especiais.
Por tanto, mandamos a tódolos nosos súbditos de calquera clase e condición que sexan, que haxan e garden a presente Constitución como lei fundamental da Monarquía; e mandamos así mesmo a todos os Tribunais, Xustizas, Xefes, Gobernadores e demais Autoridades, así civís como militares e eclesiásticas, de calquera clase e dignidade, que garden e fagan gardar, cumprir e executar a expresada Constitución en tódalas súas partes.
En palacio a 23 de Maio de 1845. ~EU A RAÍÑA. ~ O Presidente do Consello de Ministros, Ministro da Guerra, Ramón María Narváez. ~O Ministro de Estado, Francisco Martínez de la Rosa. ~O Ministro de Graza e Xustiza, Luís Mayáns. ~O Ministro de Facenda, Alejandro Mon. ~O Ministro de Mariña, Comercio e Gobernación de Ultramar, Francisco Armeiro. ~O Ministro da Gobernación da Península, Pedro José Pidal.(1)
(1) Esta Constitución foi modificada pola Acta Adicional aprobada o 14 de decembro de 1855 e que se deixou sen efecto polo Real Decreto de 14 de outubro de 1856, dispoñendo que só había rexir e se observase a lei constitucional de 1845. A constitución foi reformada de novo pola Lei de 17 de xullo de 1857.
Acta Adicional á Constitución da Monarquía española (2)
[editar]Artigo 1.
A cualificación dos delitos de imprenta corresponde aos Xurados, salvas as excepcións que determinen as leis.
Artigo 2.
Promulgada a lei de que trata o art. 8º. da Constitución, o territorio a que aquela se aplique rexerase, durante a suspensión do prescrito no artigo 7º. da mesma Constitución, pola lei de orde pública establecida de antemán. Pero nin nunha nin noutra lei poderase autorizar ao Goberno para estrañar do Reino aos españois, nin para deportarlos nin desterralos fóra da Península.
Artigo 3.
A primeira creación de Senadores non poderá exceder de 140. Feita esta, só poderá o Rei nomear Senadores cando estean abertas as Cortes.
Artigo 4.
A lei electoral de Deputados a Cortes determinará se estes han de acreditar ou non o pago de contribución ou a posesión de renda.
Artigo 5
Aínda cando sexa de escala o emprego que admita o Deputado a Cortes, quedará este suxeito a reelección.
Artigo 6.
Durante cada ano estarán reunidas as Cortes ao menos catro meses, contados desde o día en que se constitúa definitivamente o Congreso.
Artigo 7.
Cando entre os dous Corpos Colegisladores non haxa conformidade acerca da lei anual de orzamentos, rexerá no ano correspondente a lei de orzamentos do ano anterior.
Artigo 8.
Sen previa autorización do Congreso non se poderá ditar sentenza contra os Deputados a quen se refire o art. 41 da Constitución.
Artigo 9.
Ademais dos casos enumerados no artigo 46 da Constitución, o Rei necesitará estar autorizado por unha lei especial:
- Para conceder indultos xerais e amnistías.
- Para enajenar en todo ou en parte o patrimonio da Coroa.
Artigo 10.
Tamén necesitará o Rei estar autorizado por unha lei especial para contraer matrimonio e para permitir que lle contraian os que sexan súbditos seus e estean chamados pola Constitución a sucederlle na Coroa.
Artigo 11.
Haberá un Consello de Estado, ao cal ouvirá o Rei nos casos que determinen as leis. (1) Esta Constitución foi reformada de novo pola lei de 17 de Xullo de 1857, que se insere a continuación da Acta Adicional.
Artigo 12.
A lei orgánica de Tribunais determinará os casos e a forma en que gubernativa ou disciplinariamente poderá o Rei trasladar, xubilar e declarar cesantes aos maxistrados e xuíces.
Artigo 13.
O Rei só poderá nomear alcaldes nos pobos que teñan 40.000 almas, e nos demais exercerá nos nomeamentos dos alcaldes a intervención que determine a lei.
Artigo 14.
As listas electorais para Deputados a Cortes serán permanentes. As calidades dos electores examinaranse en todas as instancias en xuízo público e contraditorio.
Artigo 15.
Dentro do oito días seguintes á apertura das Cortes, o Goberno presentará ao Congreso as contas do penúltimo ano e o orzamento para o ano próximo vindeiro.
Artigo 16.
As Cortes deliberarán sobre a lei a que se refire o artigo 79 da Constitución, antes de deliberar sobre a lei de Orzamentos.
Dado en palacio a 15 de Setembro de 1856. ~Está rubricado da Real man. ~O Presidente do Consello de Ministros, Leopoldo O'Donnell.
(2) A vixencia desta Acta adicional foi tan breve que se deixou sen efecto por outro Real decreto de 14 de Outubro do mesmo ano 1856, dispondo que só rexese e se observase a lei constitucional da Monarquía promulgada en unión e de acordo coas Cortes en 23 de Maio de 1845.
Ley do 17 de xullo de 1857 (3)
[editar]Dona Isabel II, pola graza de Deus, etc.; a todos os que as presentes veren e entenderen, sabede: Que as Cortes decretaron e sancionar a seguinte reforma dos artigos 14, 15, 16, 17, 18 e 28 da Constitución.
Artigo 14.
O Senado comporase:
- Dos fillos de El-Rei e do sucesor inmediato da Coroa, que cumprisen vinte e cinco anos.
- Dos Arcebispos e do Patriarca das Indias.
- Dos Presidentes dos Tribunais Supremos de Xustiza e de Guerra e Mariña.
- Dos Capitáns xerais do Exército e Armada.
- Dos Grandes de España por dereito propio, que non sexan súbditos doutra potencia e que acrediten ter a renda de 200.000 reais, procedentes de bens inmobles ou de dereitos que gocen da mesma consideración legal.
- Dun número limitado de Senadores nomeados por El-Rei.
Artigo 15.
Só poderán ser nomeados Senadores os españois que pertenzan ou pertencesen ás clases seguintes: Presidente do Congreso dos Deputados; Deputados admitidos catro veces nas Cortes e que exercesen a deputación durante oito anos; Ministros da Coroa; Bispos; Grandes de España; Tenentes xerais do Exército e Armada, despois de dous anos de nomeamento; Embaixadores, despois de dous anos de servizo efectivo, e Ministros plenipotenciarios, despois de catro; Vicepresidentes do Consello Real; Ministros e Fiscais dos Tribunais Supremos e Conselleiros reais, despois de dous anos de exercicio.
Os comprendidos nas categorías anteriores deberán, ademais, gozar 30.000 reais de renda, procedentes de bens propios ou de soldos dos empregos que non poidan perderse senón por causa legalmente probada, ou de xubilación, retiro ou cesantía. Títulos de Castela que gocen 100.000 reais de renda. Os que paguen con catro anos de antelación 20.000 reais de contribucións directas e fosen ademais Senadores, ou Deputados ou Deputados Provinciais.
O nomeamento de Senadores farase por decretos especiais, e neles expresarase sempre o título en que, conforme ao disposto neste artigo, fúndese o nomeamento.
As condicións necesarias para ser nomeado Senador poderán variarse por unha lei.
Artigo 16.
Para tomar asento no Senado precísase ser español, ter trinta anos cumpridos, non estar procesado criminalmente nin inhabilitado no exercicio dos seus dereitos políticos, e non ter os seus bens intervidos.
Artigo 17.
A dignidade de Senador nos Grandes de España que acrediten ter a renda e requisitos expresados no art. 14, é hereditaria. En todos os demais casos é vitalicia.
Artigo 18.
A fin de perpetuar a dignidade de Senador nas súas familias, os Grandes de España poderán constituír vinculacións sobre os seus bens na forma e na cantidade que se determinará por unha lei especial.
Artigo 28.
Cada un dos Corpos Colegisladores examina as calidades dos individuos que lle compoñen; o Congreso decide ademais sobre a legalidade das eleccións dos Deputados. Os Regulamentos do Senado e do Congreso serán obxecto dunha lei.
Por tanto, mandamos, etc. dado en palacio a 17 de Xullo de 1857. (Gaceta de Madrid, núm 1657, de 19 de xullo de 1857)
(3) Esta lei foi derrogada por outra
Lei de abril de 1864
[editar](restablecendo na súa integridade a Constitución de 1845)
Disposición transitoria.
Serán admitidos como Senadores os Grandes de España por dereito propio que non sexan súbditos doutra potencia e que á promulgación desta lei posúan a renda de 200.000 reais, procedentes de bens inmobles ou de dereitos que gocen da mesma consideración con tal que o pidan no termo dun ano.
Na mesma forma e solicitándoo dentro do mesmo prazo, terán dereito a ser admitidos como Senadores os Grandes que non cumprisen a idade de trinta anos; pero deberán probar despois de cumprila e antes de tomar asento no Senado, que conservan todas as cualidades anteriormente expresadas.
(Gaceta de Madrid, núm 113, de 22 de abril de 1864)
- Este texto é unha tradución. Vexa o texto na súa lingua orixinal en: [1]
Véxase tamén
[editar]Vexa o artigo da Galipedia acerca de Constitución española de 1845 |