Constitución española de 1812
Don Fernando Sétimo, pola graza de Deus e a Constitución da Monarquía española, Rei das Españas, e na súa ausencia e cautividade a Rexencia do reino, nomeada polas Cortes Xerais e extraordinarias, a todos os presentes veren e entenderen, sabede; Que as mesmas Cortes decretaron e sancionaron a seguinte CONSTITUCIÓN POLÍTICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA
No nome de Deus todopoderoso, Pai, Fillo e Espírito Santo autor supremo e lexislador da sociedade.
As Cortes Xerais e extraordinarias da Nación española, ben convencidas, despois do máis detido exame e madura deliberación, de que as antigas leis fundamentais desta Monarquía, acompañadas das oportunas providencias e precaucións, que aseguren dun modo estable e permanente o seu enteiro comprimento, poderán encher debidamente o grande obxecto de promover a gloria, a prosperidade e o ben de toda a Nación, decretan a seguinte Constitución política para o bo goberno e recta administración do Estado.
TÍTULO I: Da Nación española e dos españois
[editar]CAPÍTULO I: Da Nación Española
[editar]Art. 1. A Nación española é a reunión de todos os españois de ambos hemisferios.
Art. 2. A Nación española é libre e independente, e non é nin pode ser patrimonio de ningunha familia nin persoa.
Art. 3. A soberanía reside esencialmente na Nación, e polo mesmo pertence a ésta exclusivamente o dereito de establecer as leis fundamentais
Art. 4. A Nación está obrigada a conservar e protexer por leis sabias e xustas a liberdade civil, a propiedade e os demáis dereitos lexítimos de todos os individuos que a compoñen.
CAPÍTULO II: Dos españois
[editar]Art. 5. Son españois:
Primeiro. Todos os homes libres nados ou aveciñados nos dominios das Españas, e os fillos destes.
Segundo. Os estranxeiros que obteñan das Cortes carta de naturaleza.
Terceiro. Os que sen ela viven dez anos de vecindade, gañada segundo a lei en calquera pobo da Monarquía.
Cuarto. Os libertos dende que adquiran a liberdade nas Españas.
Art. 6. O amor da Patria é unha das principais obrigacións de todos os españois, a así mesmo, ser xustos e benéficos.
Art. 7. Todo español está obrigado a ser fiel á Constitución, obedecer as leis e respetar as autoridades establecidas
Art. 8. Tamén está obrigado todo español, sen distinción algunha, a contribuir en proporción das súas pertenzas para os gastos do Estado.
Art. 9. Está asi mesmo obrigado todo español a defende a Patria coas armas, cando sexa chamado por lei.
TÍTULO II: Do territorio das Españas, a súa relixión e Goberno e dos cidadáns españois
[editar]CAPÍTULO I: Do territorio das Españas
[editar]Art. 10. O territorio español comprende na Península coas súas posesións e illas de arredores: Aragón, Asturias, Castilla la Vieja, Castilla la NUeva, Cataluña, Córdoba, Extremadura, Galicia, Granada, Jaén, León, Molina, Murcia, Navarra, Provincias Vascongadas, Sevilla e Valencia, as Illas Baleares e as Canarias coas demáis posesións en África. Na América setentrional: Nueva España coa Nueva Galicia e península do Iucatán, Guatemala, provincias internas de oriente, provincias internas de occidente, a illa de Cuba coas duas Floridas, a parte española da illa de Santo Domingo e a illa de Porto Rico coas demáis de arredores. Na América meridional, Nova Granada, Venezuela, o Perú, Chile, provincias do Río da Prata, e todas as de arredores do mar Pacífico e no Atlántico. En Asia, a illas Filipinas , e as que dependen do seu goberno.
Art. 11. Farase unha división máis conveniente do territorio español por unha lei constitucional, logo de que as circunstancias políticas da nación o permitan.
CAPÍTULO II: Da relixión
[editar]Art. 12. A relixión da Nación Española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana, única e verdadeira. A Nación protexea por leis sabias e xustas e prohibe o exercicio de calquera outra.
CAPÍTULO III: Do Goberno
[editar]Art. 13. O obxecto do Goberno é a felicidade da Nación, porto que o fin de toda sociedade política non é outro que o benestar de todos os individuos que a compoñen.
Art. 14. O goberno da Nación española é unha Monarquía moderada hereditaria.
Art. 15. A poestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no Rei
Art. 17. A potestade de aplicar as leis nas causas civís e criminais reside nos tribunais estblecidos pola lei.
CAPÍTULO IV: Dos cidadáns españois
[editar]Art. 18. Son cidadáns españois aqueles que por ambas liñas traen a súa orixe dos dominios españois en ámbolos hemisferios e están aveciñados en calquera pobo dos mesmos dominios.
Art. 19. É tamén cidadán o estranxeiro que gozando xa dos dereitos de español, obtivese das Cortes carta especial de cidadán.
Art. 20. Para que o estranxeiro poida obter das Cortes esta carta, deberá estar casado con española, e ter traída ou fixada nas Españas algunha invención ou industria apreciable, ou adquirido bens raíces polos que pague unha contribución directa, ou establecido no comercio cun capital propio e considerable a xuizo das mesmas Cortes, ou ter feito servizos sinalados a ben e defensa da Nación.
Art. 21. Son, asimesmo, cidadáns os fillos lexítimos dos estranxeiros domiciliados nas Españas, que tendo nacido nos dominios españois, non saliran nunca fóra sen licenza do Goberno, e tendo vinteun anos cumplidos, estean aveciñados nun pobo dos mesmos dominios, exercendo nel algunha profesión , oficio ou industria útil.
Art. 22. Aos españois que por calquera liña son reputados por ser orixinarios do África, qedalles aberta a porta da virtude e do merecemento para ser cidadáns: na súa consecuencia as Cortes concederán carta de cidadán aos que fixeran servizos calificados á Patria, ou aos que se distinguen polo seu talento, aplicación e conduta, coa condición de que sean fillos de lexítimo matrimonio de pais inxénuos; que estén casados con muller inxénua, e aveciñados aos dominios das Españas, e que exerzan algunha profesión, oficio ou industria útil con un capital propio.
Art. 23. Só os que sexan cidadáns poderán obter empregos municipais, e elixir para eles nos casos sinalados pola lei.
Art. 24. A calidade de cidadán español pérdese:
Primeiro. Por adquirir natureza nun país estranxeiro.
Segundo. Por admitir emprego de outro goberno
Terceiro. Por sentecia na que se impoñan penas aflitivas ou infamantes, se non obtén rehabilitación
Cuarto. Por ter residido cinco anos consecutivos fóra do territorio español sen comisión ou licenza do Goberno.
Art. 25. O exercicio dos mesmo dereitos suspéndese:
Primeiro. En virtude de interdeción xudicial por incapacidade incapacidade física ou moral.
Segundo. Polo estado do deudor quebrado, ou de deudor aos caudais públicos.
Terceiro. Polo estado de servinte doméstico.
Cuarto. Por non ter emprego, oficio ou modo de vivir coñecido.
Quinto. Por atoparse procesado criminalmente.
Sexto. Dende o ano mil oitocentos trinta deberán de saber ler e escribir os que de novo entren en xexercicio dos dereitos de cidadán.
Art. 26. Só pola causas sinaladas nos artigos precedentes pódense perder ou suspender os dereitos de cidadán, e non por outras.