Saltar ao contido

Cantiga X : Rosa das rosas

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «Cantiga X : Rosas das rosas»)


Cantiga X (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é de loor de Santa Maria, com' é fremosa e bõa e á gran poder.

Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.

Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa seer,
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores...

Atal Sennor dev' ome muit' amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores...

Devemo-la muit' amar e servir,
ca punna de nos guardar de falir;
des i dos erros nos faz repentir,
que nos fazemos come pecadores.
Rosa das rosas e Fror das frores...

Esta dona que tenno por Sennor
e de que quero seer trobador,
se eu per ren poss' aver seu amor,
dou ao demo os outros amores.
Rosa das rosas e Fror das frores...

Anterior:
Cantiga IX : Por que nos ajamos
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XI : Macar ome per folia