Cantiga IX : Por que nos ajamos

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga IX (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria fez en Sardonay, preto de domas, que a ssa omagen, que era pintada en ha tavoa, sse fezesse carne e manass' oyo.

Por que nos ajamos
senpre, noit' e dia,
dela renenbrança,
en Domas achamos
que Santa Maria
fez gran demostrança.

En esta cidade, | que vos ei ja dita,
ouv' y hua dona | de mui santa vida,
mui fazedor d'algu' e | de todo mal quita,
rica e mui nobre | e de ben comprida.
Mas, por que sabiámos
como non queria
do mundo gabança,
como fez digamos
h albergaria,
u fillou morança.
Por que nos ajamos...

E ali morand' e | muito ben fazendo
a toda-las gentes | que per y passavan,
vo y un monge, | segund' eu aprendo,
que pousou con ela, | com' outros pousavan.
Diss' ela: «Ouçamos
u tedes via,
se ides a França.»
Diss' el: «Mas cuidamos
dereit' a Suria
log' ir sen tardança.»
Por que nos ajamos...

Log' enton a dona, | chorando dos ollos,
muito lle rogava | que per y tornasse,
des que el ouvesse | fito-los gollos
ant' o San Sepulcro | e en el beijasse.
«E mais vos rogamos
que, sse vos prazia,
ha semellança
que dalá vejamos
da que sempre guia
os seus sen errança.»
Por que nos ajamos...

Pois que foi o monge | na santa cidade,
u Deus por nos morte | ena cruz prendera,
comprido seu feito, | ren da magestade
non lle veo a mente, | que el prometera;
mas disse: «Movamos,»
a sa conpania,
«que gran demorança
aqui u estamos
bõa non seria
sen aver pitança.»
Por que nos ajamos...

Quand' est' ouve dito, | cuidou-ss' ir sen falla;
mas a voz do ceo | lle disse: «Mesqo,
e como non levas, | asse Deus te valla,
a omagen tigo | e vas teu camo?
Esto non loamos;
ca mal ch'estaria
que, per obridança,
se a que amamos
monja non avia
da Virgen senbrança.»
Por que nos ajamos...

Mantenent' o frade | os que con el yan
leixou ir, e logo | tornou sen tardada
e foi buscar u as | omages vendian,
e comprou end' a, | a mellor pintada.
Diss' el: «Ben mercamos;
e quen poderia
a esta osmança
põer? E vaamos
a noss' abadia
con esta gaança.»
Por que nos ajamos...

E pois que o monge | aquesto feit' ouve,
foi-ss' enton sa vi', a | omagen no so.
E log' y a preto | un leon, u jouve,
achou, que correndo | pera ele vo
de so us ramos,
non con felonia,
mas con omildança;
por que ben creamos
que Deus o queria
guardar, sen dultança.
Por que nos ajamos...

Des quando o monge | do leon foi quito,
que, macar se fora, | non perdera medo
del, a pouca d'ora | un ladron maldito,
que romeus roubava, | diss' aos seus quedo:
«Por que non matamos
este, pois desvia?
Dar-ll-ei con mia lança,
e o seu partamos,
logo sen perfia
todos per iguança.»
Por que nos ajamos...

Quand' est' ouve dito, | quis en el dar salto,
dizendo: «Matemo- | lo ora, irmãos.»
Mas a voz do ceo | lles disse mui d'alto:
«Sandeus, non ponnades | en ele as mãos;
ca nos lo guardamos
de malfeitoria
e de malandança,
e ben vos mostramos
que Deus prenderia
de vos gran vingança.»
Por que nos ajamos...

Pois na majestade | viu tan gran vertude,
o mong' enton disse: | «Como quer que seja,
bõa será esta, | asse Deus m'ajude,
en Costantinoble | na nossa eigreja;
ca, se a levamos
allur, bavequia
e gran malestança
serán, non erramos.»
E ao mar s' ya
con tal acordança.
Por que nos ajamos...

E en ha nave | con outra gran gente
entrou, e gran peça | pelo mar singraron;
mas ha tormenta | vo mantenente,
que do que tragian | muit' en mar deitaron,
por guarir, osmamos.
E ele prendia
con desasperança
a que aoramos,
que sigo tragia
por sa delivrança,
Por que nos ajamos...

Por no mar deita-la. | Que a non deitasse
ha voz lle disse, | ca era peccado,
mas contra o ceo | suso a alçasse,
e o tempo forte | seria quedado.
Diz: «Prestes estamos.»
Enton a ergia
e diz con fiança:
«A ti graças damos
que es alegria
noss' e amparança.»
Por que nos ajamos...

E log' a tormenta | quedou essa ora,
e a nav' a Acre | enton foi tornada;
e con ssa omagen | o monge foi fora
e foi-sse a casa | da dona onrrada.
Ora retrayamos
quan grand' arteria
fez per antollança;
mas, como penssamos,
tanto lle valrria
com' ha garvança,
Por que nos ajamos...

O monge da dona | non foi connoçudo,
onde prazer ouve, | e ir-se quisera;
logo da capela | u era metudo
non viu end' a porta | nen per u vera.
«Por que non leixamos.»
contra ssi dizia,
«e sen demorança,
esta que conpramos,
e Deus tiraria
nos desta balança?»
Por que nos ajamos...

El esto penssando, | viu a port' aberta
e foi aa dona | contar ssa fazenda,
e deu-ll' a omagen, | ond' ela foi certa,
e sobelo altar | a pos por emenda.
Carne, non dultamos,
se fez e saya
dela, mas non rança,
grossain, e sejamos
certos que corria
e corr' avondança.
Por que nos ajamos...

Anterior:
Cantiga VIII : A Virgen Santa Maria
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga X : Rosa das rosas