Cantiga XXIX : Nas mentes senpre ter

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga XXIX (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria fez parecer nas pedras omages a ssa semellança.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Per quant' eu dizer oý
a muitos que foron y,
na santa Gessemani
foron achadas figuras
da Madre de Deus, assi
que non foron de pinturas.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Nen ar entalladas non
foron, se Deus me perdon,
e avia y fayçon
da Sennor das aposturas
con sseu Fill', e per razon
feitas ben per sas mesuras.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Poren as resprandecer
fez tan muit' e parecer,
per que devemos creer
que é Sennor das naturas,
que nas cousas á poder
de fazer craras d' escuras.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Deus x' as quise figurar
en pedra por nos mostrar
que a ssa Madre onrrar
deven todas creaturas,
pois deceu carne fillar
en ela das sas alturas.

Nas mentes senpre ter
devemo-las sas feituras
da Virgen, pois receber
as foron as pedras duras.

Anterior:
Cantiga XXVIII : Todo logar mui ben pode
Cantigas de Santa María Seguinte:
[[]]