Cantiga XV : Todo-los Santos que son no Ceo

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cantiga XV (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria defendeu a cidade de Cesaira do emperador Juyão

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E de lle seeren ben mandados,
esto dereit' e razon aduz,
pois que por eles encravelados
ouve seu Fill' os nembros na cruz;
demais, per ela Santos chamados
son, e de todos é lum' e luz;
porend' estan sempr' apparellados
de fazer quanto ll' en prazer for.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Ond' en Cesaira a de Suria
fez un miragre, á gran sazon,
por San Basillo Santa Maria
sobre Juyão falss' e felon,
que os crischãos matar queria,
ca o demo no seu coraçon
metera y tan grand' erigia,
que per ren non podia mayor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Este Juyão avia guerra
con perssiãos, e foi sacar
oste sobr' eles, e pela terra
de Cesaira ouve de passar;
e San Basill' a pe da serra
sayu a el por xe ll' omillar,
e diss' assi: «Aquel que non erra,
que Deus é, te salv', Enperador.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Juyão diss' ao ome santo:
«Sabedor es, e muito me praz;
mas quer' agora que sábias tanto
que mui mais sei eu ca ti assaz,
e de tod' esto eu ben m' avanto
que sei o que en natura jaz.»
Basil[l]o diz: «Será est' enquanto
tu connoceres teu Criador.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

O sant' ome tirou de seu so
pan d' orjo, que lle foi offrecer
dizend': «Esto nos dan do allo
por Deus, con que possamos viver.
Pois ta pessõa nobr' aqui vo,
filla-o, se te jaz en prazer.»
Juyão disse: «Den-ti do fo,
pois me cevada dás por amor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E mais ti digo que, sse conqueiro
terra de Perssia, quero vir
per aqui log' e teu mõesteiro
e ta cidade ti destroyr;
e fo comerás por fazfeiro,
ou te farey de fame fir;
e se t' aqueste pan non refeiro,
terrei-me por d'outr' ome peyor.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Pois San Basill' o fo fillado
ouve, tornando-sse diss' atal:
«Juyão, deste fo que dado
mi ás que comesse feziste mal;
e est' orgullo que mi ás mostrado,
Deus tio demande, que pod' e val;
e quant' eu ei tenn' encomendado
da Virgen, Madre do Salvador.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Pois se tornou aos da cidade,
fez-los juntar, chorando dos seus
ollos, contand' a deslealdade
de Juyão, e disse: «Por Deus
de quen é Madre de piadade
Santa Mari', ay amigos meus,
roguemos-lle pola sa bondade
que nos guarde daquel traedor.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Demais fez-lles gejar tres dias
e levar gran marteir' e afan,
andando per muitas romarias,
bevend' agua, comendo mal pan;
de noite lles fez ter vigias
na eigreja da do bon talan,
Santa Maria, que désse vias
per que saissen daquel pavor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Poi-lo sant' om' aquest' ouve feito,
ben ant' o altar adormeceu
da Santa Virgen, lass' e maltreito;
e ela logo ll' apareceu
con gran poder de Santos afeito
que a terra toda 'sclareceu,
e dizendo: «Pois que ei congeyto,
vingar-m-ei daquele malfeitor.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Pois esto disse, chamar mandava
San Mercuiro e disse-ll' assi:
«Juyão falsso, que rezõava
mal a meu Fill' e peyor a mi,
por quanto mal nos ele buscava
dá-nos dereyto del ben aly
du vay ontr' os seus, en que fiava,
e sei de nos ambos vingador.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E mantenente sen demorança
San Mercuiro log' ir-se leixou
en seu cavalo branqu', e sa lança
muito brandind'; e toste chegou
a Juyão, e deu-lle na pança
que en terra morto o deitou
ontr' os seus todos; e tal vingança
fillou del come bon lidador.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Tod' aquesto que vos ora dito
ei, San Basil' en sa vison viu;
e Santa Maria deu-ll' escrito
un lyvro, e ele o abryu,
e quant' y viu no coraçon fito
teve ben, e logo ss' espedyu
dela. E pois da vison foi quito,
ficou en con med' e con tremor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Depos aquest' un seu conpanneiro
San Basilio logo chamou,
e catar foi logo de primeiro
u as sas armas ante leixou
de San Mercuiro, o cavaleiro
de Jeso-Crist', e nonas achou;
e teve que era verdadeyro
seu sonn', e deu a Deus en loor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Essa ora logo sen tardada
San Basillo, com' escrit' achey,
u a gente estav' assada
foi-lles dizer como vos direi:
«Gran vengança nos á ora dada
San Mercuiro daquel falsso rei,
ca o matou da gran lançada,
que nunca atal deu justador.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E se daquesto, pela ventura,
que digo non me creedes en:
eu fui catar a ssa sepultura
e das sas armas non vi y ren.
Mas tornemos y log' a cordura,
por Deus que o mund' en poder ten,
ca este feit' é de tal natura
que dev' om' en seer sabedor.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Logo tan toste foron correndo
e as armas todas essa vez
acharon, e a lança jazendo,
con que San Mercuir' o colbe fez,
sangoent'; e per y entendendo
foron que a Virgen mui de prez
fez fazer esto en defendendo
os seus de Juyão chufador.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Eles assi a lança catando,
que creer podian muit' adur,
maestre Libano foi chegando,
filosofo natural de Sur,
que lles este feito foi contando,
ca sse non detevera nenllur
des que leixara a ost' alçando
e Juyão morto sen coor.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E contou-lles a mui gran ferida
que ll' un cavaleiro branco deu,
per que alma tan toste partida
lle foi do corp'. «Aquesto vi eu,»
diss' el, «poren quero santa vida
fazer vosqu', e non vos seja greu,
e receber vossa ley comprida,
e serey dela preegador.»

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

E log' a agua sobela testa
lle deytaron, e batismo pres;
e começaron log' y a festa
da Virgen, que durou ben un mes;
e cada dia pela gran sesta
van da ost' un e dous e tres,
que lles contaron da mort' a gesta
que pres Juyão a gran door.

Todo-los Santos que son no Ceo | de servir muito an gran sabor
Santa Maria a Virgen, Madre | de Jeso-Cristo, Nostro Sennor.

Anterior:
Cantiga XIV : Par Deus, muit'é gran razon
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga XVI : Quen dona fremosa e bõa quiser amar