Cantiga VI : A que do bon rey Davi

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Cantiga VI (Cantigas de Santa María)       Afonso X o Sabio      
 


Esta é como Santa Maria ressucitou ao meno que o judeu matara porque cantava «Gaude Virgo Maria».

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Porend' a Sant' Escritura,
que non mente nen erra,
nos conta un gran miragre
que fez en Engraterra
a Virgen Santa Maria,
con que judeus an gran guerra
porque naceu Jesu-Cristo
dela, que os reprende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Avia en Engraterra
ha moller menguada,
a que morreu o marido,
con que era casada;
mas ficou-lle del un fillo,
con que foi mui confortada,
e log' a Santa Maria
o offereu porende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

O men' a maravilla
er' apost' e fremoso,
e d' aprender quant' oya
era muit' engoso;
e demais tan ben cantava,
tan manss' e tan saboroso,
que vencia quantos eran
en ssa terr' e alende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

E o cantar que o moço
mais aposto dizia,
e de que sse mais pagava
quen quer que o oya,
era un cantar en que diz: «Gaude Virgo Maria»;
e pois diz mal do judeu, que sobr' aquesto contende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Este cantar o meno
atan ben o cantava,
que qualquer que o oya
tan toste o fillava
e por leva-lo consigo
conos outros barallava,
dizend': «Eu dar-ll-ei que jante,
e demais que merende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Sobr' esto diss' o meno:
«Madre, fe que devedes,
des oge mais vos consello
que o pedir leixedes,
pois vos dá Santa Maria
por mi quanto vos queredes,
e leixad' ela despenda,
pois que tan ben despende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Depois, un dia de festa,
en que foron juntados
muitos judeus e crischãos
e que jogavan dados,
enton cantou o meno;
e foron en mui pagados

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

No que o moço cantava
o judeu meteu mentes,
e levó-o a ssa casa,
pois se foron as gentes;
e deu-lle tal da acha,
que ben atro enos dentes
o fendeu bes assi, ben como quen lenna fende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Poi-lo meno lo morto,
o judeu muit' aga
soterró-o na adega,
u sas cubas tya;
mas deu mui maa noite
a sa madre, a mesqa,
que o andava buscando
e dalend' e daquende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

A coitada por seu fillo
ya muito chorando
e a quantos ela viia,
a todos preguntando
se o viran; o un ome
lle diss'; «Eu o vi ben quando
un judeu o levou sigo,
que os panos revende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

As gentes, quand' est' oiron,
foron alá correndo,
e a madre do meno | braadand' e dizendo:
«Di-me que fazes, meu fillo,
ou, que estás atendendo,
que non vees a ta madre,
que ja sa mort' entende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Pois diss': «Ai, Santa Maria,
Sennor, tu que es porto
u ar[r]iban os coytados,
dá-me meu fillo morto
ou viv' ou qual quer que seja;
se non, farás-me gran torto,
e direi que mui mal erra
queno teu ben atende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

O men' enton da fossa,
en que o soterrara
o judeu, começou logo
en voz alta e clara
a cantar «Gaude Maria»,
que nunca tan ben cantara,
por prazer da Gloriosa,
que seus servos defende.

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Enton tod' aquela gente
que y juntada era
foron corrend' aa casa
ond' essa voz vera,
e sacaron o meno
du o judeu o posera
viv' e são, e dizian
todos: Que ben recende!»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

A madr' enton a seu fillo
preguntou que sentira;
e ele lle contou como
o judeu o ferira,
e que ouvera tal sono
que sempre depois dormira,
ata que Santa Maria
lle disse: «Leva-t' ende;

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Ca muito per ás dormido,
dormidor te feziste,
e o cantar que dizias
meu ja escaeciste;
mas leva-t' e di-o logo
mellor que nunca dissiste,
assi que achar non possa
null'om' y que emende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Quand' esto diss' o meno,
quantos s'y acertaron
aos judeus foron logo
e todo-los mataron;
e aquel que o ferira
eno fogo o queimaron,
dizendo: «Quen faz tal feito,
desta guisa o rende.»

A que do bon rey Davi
de seu linnage decende,
nenbra-lle, creed' a mi,
de quen por ela mal prende.

Anterior:
Cantiga V : Quenas coitas deste mundo
Cantigas de Santa María Seguinte:
Cantiga VII : Santa Maria amar