Cada noite eu chorando pensaba

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Cada noite eu chorando pensaba:

Que esta noite tan grande non fora, Que durase... e durase... antre tanto

Que a noite das penas

Me envolve loitosa.


Mais a luz insolente do día,

Constante e traidora,

Cada amanecida

Penetraba radiante de groria

Hasta o leito donde eu me tendera

Coas miñas congoxas.


Desde entonces busquei as tiniebras

Mais negras e fondas,

E busqueinas en vano, que sempre

Tras da noite topaba ca aurora...

So en mi mesma buscando no oscuro

I entrando na sombra

Vin a noite que nunca se acaba

Na miña alma soia.