Saltar ao contido

Bando do Estado de Guerra de 18 de xullo de 1936, Sevilla

En Galifontes, o Wikisource en galego.

ESPAÑOIS: As extraordinarias e críticas circunstancias que atravesa toda España; a anarquía que se apoderou das cidades e do campo, con riscos evidentes para a Patria, ameazada polo inimigo exterior, fan imprescindible que non se perda nin un momento e que o Exército, se quere ser a salvagarda da Nación, encargarse da dirección do país, para entregalo despois, cando se restableza a tranquilidade e a orde, aos elementos civís preparados para iso. Pola súa virtude e estando a cargo do mando desta División,

ORDENO E MANDO

Primeiro.-Declárase o estado de guerra en todo o territorio desta División.

Segundo.- Queda terminantemente prohibido o dereito de folga. Serán xulgados en xuízo sumarísimo e pasados polas armas, os directivos dos Sindicatos, cuxas organizacións vaian á folga ou non se reintegrasen ao traballo aqueles que se atopen en tal situación á hora de entrar o día de mañá.

Terceiro.- Todas as armas, longas ou curtas, entregaranse nun prazo irredutible de catro horas nos postos da Garda Civil máis próximos. Transcorrido o dito prazo, serán tamén xulgados en xuízo sumario e pasados polas armas, todos aqueles que se atopen con elas no seu poder ou no seu domicilio .

Cuarto.- Serán xulgados en xuízo sumario e pasados polas armas, os incendiarios, os que realicen atentados por calquera medio contra as vías de comunicación, vidas, propiedades etc., e quen por calquera medio perturbe a vida do territorio desta División.

Quinta.- Incorporaranse urxentemente a tódolos Corpos desta División, os soldados do Cap. XVII do Regulamento de Recrutamento (cotas) dos remprazos 1931 a 1935, ambos inclusive e todos os voluntarios do devandito remprazo que queiran prestar este servizo á Patria.

Sexto.- Queda prohibida a circulación de toda clase de persoas e carruaxes que non estean de servizo, a partir das nove da noite.

Espero dende o patriotismo de todos os españois que non terei que tomar ningunha das medidas sinaladas polo ben da Patria e da República.

Sevilla, 18 de xullo de 1936

O Xeneral da División: GONZALO QUEIPO DE LLANO

Véxase tamén

[editar]

Bibliografía

[editar]

Esta obra está no dominio público, porque o "Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia" establece: "Artigo 13. Exclusións. Non son obxecto de propiedade intelectual as disposicións legais ou regulamentarias e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos, acordos, deliberacións e ditames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores."