As campás de Duxame
As campás de Duxame [1] Luís Otero Pimentel 30/6/1911, Galicia (A Habana)
Tan... Tan... Tan...
Tan... Tan... Tan...
Tan... Tan... Tan...
Ti-tan-ti-tan...
Ti-qui-ti-tan...
Ti-tan
Tan
Tiquititiquititiquititan
Tiquititiquititiquititan
Titan,
Tan...
Repinique da Groria
Acabo de ler amigo Baña, cos ollos cheos de bágoas, a historia que
me fixeches do “tan... tan... tan...” das campanas da Iglesia da túa parroquia e
quédoche mui agradecido por lo polo recordo cariñoso que me fas, xunto co
ofrecemento do libriño que che está imprimindo o amigo Cerdeira, a quen tampouco
conozo de vista, pero que, non ostanxe, quérocho como te quero a ti.
Non te maxinas canto me acordo de todos vosoutros, conocidos, ou sin conocer;
porque todos sodes fillos de unha misma nai chorosa, que moito facedes
por ela, e moito máis pudiades facer, con pouco traballo, xuntando as vocas
dádevas pra un gran centro de realización cultural que correxise todo los males
da nai, na súa fonte e raís...
¡Cousa que nunca farán os gobernos, nin farán os caciques, nin farán ningún, si no os facedes vosoutros!, según muitas veces teño dito.
Fágome cargo de que sentiches no teu corazón, cando dempois de unha cosecha de 12 anos (¡12 siglos de sufrimientos!) volviches, sano e salvo, á casiña de teus pais; onde estabas rodeado de tódolos seres queridos, que choraban de gozo; e onde todo; desde túa nai astra o último apeiro da labranza, che falaba, tenro e sentido, no teus oídos; e todo era alegre e sublime prós teus ollos...
¡Estes poemas son os que alentan a vida das nousas aldeas! Sin eles morrerían.
¡Ai de Galicia si perdese o cariño de todo los fillos que de ela se ausentan!
Fágome cargo de todo canto me dis, como si o estuvera vendo.
¿Como non hei de facerme cargo de todo, si eu pasei por las emocións que ti pasaches?
Eu salira moi neno da miña casa, a fortuna non me sorrira no berce; e, non ostante, cuando volvín, parecía un tolo na cuberta do barco, mirando sempre desde o castillo de proa si vía as montañas da costa de Finisterre, cuando airriba estabamos mui lonxe da terra...
E cando as vin, cubertas de brétemas, somellando un enxameu de mulleres tapadas, que estaban alí, esperando os fillos pois, irmaus e seus homes, que tiñan nas Amérecas; anque reparei que preto de min estaban os mariñeiros, enrolando as cadeas das áncoras; arrodilleime, con moita reverencia, pra contemprar aquel cuadro que eu vía na terra, dando gracias a Dios porque me daba lus pra velo.
E tendo o barco que subir por aquela perigrosa costa asta chegar á boca do porto da Cruña, marchando contra un forte vento e marea que sacudía con forza as bandeiras despregadas nas puntas dos paus; que facía cimbrar os paus como si foran varas verdes; que facía piar de medo as galiñas que inda quedaban nos galiñeiros; que tiraba as sillas que non estaban cravadas; que rompía a louza que non estaba ben agarrada; que poñía barreiras de auga diante do vapor, pra que as fendese co coitelo da proa; que facía estralar o eixe do barco; que facía cimbrar as cortelas de ferro; que facía que o barco cabecease tan coraxudo, como os touros de “Miura”, cando arremeten contra os toureiros, que se mexan de medo, escondidos detrás dos bulradeiros.
Que facía que a hélece dése máis voltas no aire que de baixo da auga; que facía ruxir os fornos como si foran os do inferno; que facía bourear as súas pernas como si os demos mallasen nos ósos das ialmas condanadas, e que facía que todos levasemos caras de mortos; ó mesmo tempo que todo esto pasaba no mar, según íbamos subindo por la perigrosa costa, da soberbia Marola; miraba eu prá terra e vía que, tanto, ou máis traballosamente que nosoutros, tamén camiñaban escorrentas aquelas mulleriñas, por las lombas dos montes, e polos curutos das montañas, coa ánsea de chegar antes que nosoutros ó muelle da Cruña; deixando nas silvas, e nos toxos dos montes, e nos picachos das pedras, moitos farrapos de roupiña con que as vía tapadas, e moitos regueiros de sangre das espiñas que se cravaban nos pés, e das feridas que se facían nas demais partes do corpo, cando tropezaban e caían naqueles abroxos.
Todo esto vía eu, meu fillo, pero víacho cos olliños da ialma, que son máis espereos que os ollos da cara, e dan máis subrime imaxen o que pensamos ver; e poñen o noso pensamento fóra das cousas miserabres da terra, chegando ás portas do Diviño Tempro de Dios, onde todo é piedade, amor e conmiseración prós seres disgraciados...
E cando cheguei ó porto da Cruña, o primeiro cego que se arrimou nun bote, pedindo limosna, boteille unha moneda de cinco reás; que pra non ser eu rico, era bastante; e dempois dei máis do que podrá dar pra non quedarme sin branca; pero Dios nunca me faltou. Os probes pedirán por min.
Cinco irmaus tiñas ti, cinco tiña eu. Os dous tiñamos nai, pro eu xa non tiña pai. O meu pai xa morrera sendo eu meniño... Tamén entonces debía eu morrer. ¡Cantas espiñas non me cravaría nos pés, si entonces fora prá coba, na compaña do meu pai!
O tan... tan... de campana, falouche con máis elocuencia que todas las linguas da terra, e fíchote esbagullar... Tamén desto fágome cargo, por la esperencia que teño.
Os sons da campana que nos veu nacer, que nos espertou nos primeiros soniños da nosa infancia, que nos chamou prá misa, que nos alegrou nas festas; que cantaba leda cando nosoutros corriamos por los soutos e tarreos tras dos foguetes, que nos mandaban resar os mortos, que nos mandaba descansar e xantar; que foi a nosa guía e compañeira, astra que con penas nos veu marchar, enviándonos desde lonxe o último ¡Adiós! que chegou ós nosos oídos, nas ondas do vento, triste e melancóneco; eses sons que dempois de moito tempo, volvemos a oír, encerran tanto amor, tanto sentimento, tantos recordos e tanto misterios, que non se poden oír, sin estremesemento no corpo, e sin que os ollos se arrasen de bágoas.
Pero si, a máis de esto, as campanas son unha cousa propia da piedade relixosa da nosa familia, que, en millores tempos, fixo con elas un mamorabre presente á Igrexia di Dios; e, dende entonces, o tempo trastornouno todo, perdéndose a grandeza pasada; menos as campanas que sempre están novas sempre arxentianas, e que sempre teñen a misma vida, o mismo xéneo, os mismos sons, a misma fala... todo esto, amigo Baña, entraña un conxunto de ideas, tristuras e añoranzas, tan fondas e sensibres, que eu, anque son velliño, non chas podo espricar. Son cousas que se sinten no fondo do peito.
As campanas de “Duxame”, no seu máxico son,
encerran acordes de unha gran merodía
que como as lavercas nos craros do día
reciben do Ceo a inspiración.
Con léngoas sagradas contan a historia
dun linaxe que encerra moita grandeza,
e que agora no seo esconde a nobreza,
que elas refrexa nos cantos da groria.
Atalaias dun paso que o tempo esmorou
sin haber unha mau que recolla os despoxos
solo ven tristuras, saudades e noxos,
como reinas que o demo deixou sin coroa.
No médeo dos agros contémpranse solas
onde antes bulían moitas cabaleiras,
cos paxes das damas dos nobres Outeiros...
¡e con tanta mudanza vólvense tolas!
Son as xoias que quedan dos meus antepasados
dos maiorazgos, dos fidalgos, dos virreises,
a quen sempre sorriron as rendas e as leises,
rendas que a os fillos lles roubaron os fados.
Por esto anque sempre toquen xeneosas,
anque repiniquen harmoneosas e ledas,
dando xúbilos ós agros e ás arboledas,
eu non podo oílas sin grandes argoxas.
...............................................
Eu sinto no peito un cramor mui prefundo,
eu sinto as pregarias da nai toda amor,
coas laceiradas de un grande delor
que cobren a ialma co peso de un mundo.
30-VI-1911
Notas
[editar]- ↑ Nota do autor: “San Miguel de Dujame, provincia de Pontevedra. Las campanas de esta iglesia, han sido donadas por uno de mis antecesores, D. Domingo de Otero, Virrey que fue de las Indias Orientales, al reedificar por su cuenta, el mencionado templo. Son de un mérito extraordinario, reconocido por todos los que las oyen tocar y vibrar con los más argentinos y dulces sonidos. Mi devotísima madre, me refirió, siendo niño, que cuando un señor arzobispo de Santiago, hizo allí una visita pastoral, quedó encantado de aquellas campanas, diciendo que en toda su Archiciócesis, no existían ni él había oído en parte alguna otras tan bien timbradas y que tan admirablemente enlazasen sus respectivos sonidos, para hacer unha
melodía maravillosa. Llevarás en tu mente un gratísimo recuerdo; y si, al dirigir tu vista por aquellos contornos, te fijas en el cambio allí operado, tendrás que deicr, como digo yo:
Todo en la tierra es mudable
todo es asaz tenebroso
solo Dios es poderoso
solo Dios es inmutable”.
Véxase tamén
[editar]Bibliografía
[editar]- Hermida, Modesto, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). CIRP. pp. 283–305. ISBN 84-453-3736-X.
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|