Saltar ao contido

Ao Sr. D. Galo Salinas

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Ao Sr. D. Galo Salinas

     Meu bon amigo:
     Non podo por menos que felicitalo pol-o motivo d'haber entrado a simpática Revista que vosté dirixe, no cuarto ano da sua pubricación.
     Eu, que algunhas veces m'atrevo a enxergar algún traballiño pra ela, non estou pol-o mesmo moi autorizado pra lle poder dirixir laudos, que puideran tomarse como agasallamento pra min; pero non podo resistir o deseio de afirmar qu'esa ê a única pubricación enxebremente gallega na nosa terra, que decote manten vivo no noso corazón o fogo do amor pol-a nosa nacionalidade.
     Namentras, outras persoas qu'en xusticia se teñen por superiores e que deberan ser os direitores da opinión redentora e santa do rexionalismo, non fagan nada pol-a causa e deixen durmil-a pruma por medo aos lampantís do centralismo; namentras os conspícuos non teñan mais lema que o primeiro ê a mantenza, a Revista Gallega debe ser pra os bos gallegos un periódico quirido, simpático e dino de proteición pol-a sua independenza e pol-o seu amor â nosa terra.
     De vosté o seu afeitísimo amigo
                                                                       M. Lugrís Freire.
     A Cruña, 8 de Marzo, 1898

Revista Gallega nº 157, 1898.