Ai, fremosinha, se ben ajades

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar á navegación Saltar á procura


Ai, fremosinha, se ben ajades       Bernal de Bonaval      
 


Cancioneiro da Vaticana : 728 e Cancioneiro da Biblioteca Nacional : 1137.

Cancioneiro Colocci-Brancuti

 
—Ai, fremosinha, se ben ajades,
longi de vila quen asperades ?
—Vin atender meu amigo.

—Ai fremosinha, se grado edes,
longi de vila quen atendedes ?
—Vin atender meu amigo.

—Longi de vila, quen asperades ?
—Direivo-lo eu, pois me preguntades :
Vin atender meu amigo.

—Longi de vila, quen atendedes ?
—Direi-vo-lo eu, poi-lo non sabedes
Vin atender meu amigo.