A significación profunda do galeguismo

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


A significación profunda do galeguismo       Antón Lousada Diéguez      
 


publicado no n.º 75 da revista Nós o 15-3-1930 .[1]
I

          Estáse producindo no mundo unha gran revolta, a loita dos obreiros cos capitalistas, a guerra social. O estado de guerra mundial espállase mais cada día.

          Nós pensamos qu'esta gran revolta ten a orige na artificialidade esencial da vida moderna, no leixamento da natureza, fiando todo o progreso humán y-o perfeicionamento do home na potencialidade económica e industrial e na concentración nas grandes cidades.

          O nacionalismo galego, diante dos probremas do mundo, sinitica unha chamada â vida mais natural, mais a carón da Terra.

          Na custión social, nin obreiros nin capitalistas teñen razón. Ningunha trasformación do régime pode remediar nada. Os obreiros non remediarán nada con derribaren o régime capitalista, si é que siguen junguidos ô industrialismo.

          Obreiros e capitalistas son homes que teñen a mesma doenza da vida moderna, sen mais ideal qu'a satisfaición económica. A trasformación hase faguer, non no régime, senón na concencia dos homes. Un eixempro: Epulón ten moito ouro, e Lázaro non ten mais qu'un coíño; supoñede qu'os homes desfán o valor do ouro d'Epulón, já Lázaro é mais rico co seu coíño. Hai que valorar mais a fondo os elementos imponderábeles da vida humán.

II

          Na Hespaña a desfeita social acrescéntase por unha desfeita política. Querse seguir descoñecendo a eisistenza de pobos que se ven sometidos a unha uniformidade políteca, jurídeca y-adeministrativa sen eixempro. Querse seguir gobernando ôs pobos hespañois polos mesmos partidos e do mesmo geito que nos anos vergoñentos do desastre.

          O nacionalismo galego, diante dos probremas da Hespaña sinifica unha renovación ausoluta non só dos sistemas de políteca, senón da mesma Costitución políteca do Estado: orgaización federativa, repersentación proporcional.

III

          Na Galiza presenta dous probremas principás: un económico, liberdade da terra; outro políteco: liberdade do sufragio, da soberanía popular galega; y-un geral: a desgaleguización de Galiza.

          Ademais do qual, Galiza vese afectada pol-as consecuencias dos erros dos gobernos de Hespaña, e do seu atraso políteco.

          O nacionalismo galego, diante dos probremas de Galiza procrama a persoalidade geográfica, histórica e espirtual da nosa Terra, e sinifica pra ela autonomía en todol-os órdenes, sinifica a nosa espirtualidade engebre manifestándose na sua peculiaridade na vida hespañola e na vida mundial.(1)

                                                  † ANTÓN LOUSADA DIÉGUEZ


Nós n.º 75, 15-03-1930, A significación profunda do galeguismo, Antón Lousada Diéguez.jpg

Notas[editar]

  1. N.º 75 da revista Nós en Galiciana, Biblioteca de Galicia.