Saltar ao contido

A las gentes del campo en la festividad de Nuestra Señora del Refugio, la Divina Peregrina

En Galifontes, o Wikisource en galego.


A las gentes del campo en la festividad de Nuestra Señora del Refugio, la Divina Peregrina       Xoán Manuel Pintos       sen datar
 


Vinde, vinde raparigas,
vinde correndo a milleiros,
con amorosas cantigas,
con ferreñas e pandeiros.
Vinde tamén, vinde mozos,
xa de lonxe, xa veciños,
do Rosal e de Torozos,
do Ribeiro e Bergantiños.
Dade turuxos de forte,
con gorxa apretada e fina,
e gozade de esta sorte
na festa da PELINGRINA.
Toquen a zanfona os cegos
e a flauta os que non o son;
e como honrados gallegos
tende en paz toda a función.
Oíde misa maior
da Virxen na santa igrexa,
porque vos dé o seu favor
e vosa avogada sexa.
Despois, idvos raparigas,
idvos, mozos, a milleiros,
con turuxos e cantigas,
ferreñas, flauta e pandeiros.

Bibliografía

[editar]