A folla

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca


A folla       Antón Losada Diéguez       1918
 


Publicado no n.º 61 da revista A Nosa Terra o 20 de xullo de 1918.


A folla, A Nosa Terra n.º 61, 20 de xullo de 1918, p. 3.JPG


A   FOLLA
(poesía francesa de A. V. Arnaul)

   D'a túa pola abalada,
Probe folliña esfollada,
Onde vas? — Quen-o soupera!
Foise o carballo muchento
Qu'agarimo a mín me dera.
C'o gurrar d'o seu alento,
Brando airiño ou vendaval
Tenme sempre en movimento,
Dende a touza ô chan pardento,
Dende a montaña hastra o val.
Eu vou onde vai o vento,
Sin queixarme, ô ventureiro;
Eu vou onde todo vai,
D'a rosa a folla que cai.
Coma a folla d'o loureiro.

Véxase tamén[editar]