Ūa donzela coitado...

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Ūa donzela coitado...       Caldeiron      
 


Ũa donzela coitado
d'amor por si me faz andar,
e en sas feituras falar
quero eu, come namorado:
rotr'agudo, come foron,
barva no queix'e no granhon,
e o ventre grand'e inchado.

Sobrancelhas mesturadas
grandes e mui cabeludas,
sobre-los olhos mejudas,
e as tetas pendoradas
e mui grandes, per bõa fe;
á un palm'e meio no pe
e no cos tres polegadas.

A testa ten enrugada
e os olhos encovados,
dentes pintos come dados,
e acabei, de passada.
Atal a fez Nostro Senhor:
mui sen doair'e sen sabor;
des i mui pobr'e forçada.