¡Soya!

En Galifontes, o Wikisource en galego.



Eran craro los-dias
Risoña-l'as mañâns,
Y era a tristeza sua
Negra com'a orfandá.
Iñase a amañecida
Tornaba c'o a serán...
Mais que fora ou viñera
Ninguen ll'o iña á esculcar.
Tomou un dia leve
Camiño d'o areal...
Como naide a esperaba,
Ela non tornou mais.
O cabo d'os tres dias
Botouna fora o mar,
Y ali ond'o corvo pousa,
Soya enterrad'está.