Saltar ao contido

¡Cal as nubes n'o espaço sin limites

En Galifontes, o Wikisource en galego.



¡Cal as nubes no espazo sin límites
Errantes voltexan!
Unhas son brancas,
Outras son negras;
Unhas, pombas sin fel me parecen,
Despiden outras
Luz de centela...

Sopran ventos contrarios na altura
I á desbandada,
Van levándoas sin orden nin tino,
Nin eu sei pra onde,
Nin sei porque causa.

Van levándoas, cal levan os anos
Os nosos ensoños
I a nosa esperanza.