¡¡¡Probe gaiteiro de Bayo!!!

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


¡¡¡Probe gaiteiro de Bayo!!!       Enrique Labarta       1896
 



LEMA:

Coa fertuna ás veces pasa
nesta vida triste e corta,
que un home que a ten escasa..,
A buscala sai da casa
sin ver que lle queda á porta!
O autor

 

    Era o gaiteiro Xan Mella
    gaiteiro tan afamado
    que n'había festa algunha
    nin romería de campo,
  5 nin cousa en que houbese gaita,
    sin que Xan fose chamado;
    pois a gaita de Xan tiña
    algo que non era humano;
    algo que facía a un tempo
 10 chorar e rir sin pensalo.
    ¡Quizais un anxe durmía
    no fondo do fol deitado,
    e soilo tiña o segredo
    Xaniño, pra despertalo!
 15 Por eso os mozos e mozas
    de todo o lugar de Baio,
    cando el a gaita collía
    brincaban xa co entosiasmo.
    ¡Pro, Xan, canto máis tocaba,
 20 máis triste se iba quedando!
    I aquela cara de neno,
    i aqueles ollos rasgados,
    i aquel corpo tan garrido
    que daba xenio miralo,
 25 tomaban un certo deixo
    que paresce que soñando
    a ialma de Xan, voaba
    a mundos imaxinarios.
    E cando o probe quedaba
 30 malencónico tocando,
    con segreda simpatía,
    dicía a xente ó miralo:
    ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
    ¡Probe gaiteiro de Baio!
 

 35 Pasou o tempo, e Xan sempre
    cavilando e cavilando,
    pensou en deixar a terra
    cansado de tocar tanto.
    E unha mañanciña cedo,
 40 moi despaciño e calado,
    sin decir nada a ninguén,
    marchou do lugar de Baio...
    ¡Pra buscar aló na Améreca
    montóns de ouro imaxinarios!
 45 E mirando dende lonxe
    ó marchar, aló antre os campos,
    aquelas casas branquiñas
    á sombra dun campanario,
    testigos mudos que foran
 50 de alegrías e traballos,
    dos seus pirmeiros amores
    e dos seus pirmeiros anos,
    alimpándose as bagullas
    "¡adiós... -díxolles...- que marcho!"
 55 E collendo a súa gaita,
    meteuna baixo do brazo...
    ¡I a gaita sonou de seu
    quizais outro adiós mandando!
    ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
 60 ¡Probe gaiteiro de Baio!

    Ó ver que faltaba Xan
    do lugar, esconsolados,
    pais, amigos e veciños,
    andivérono buscando;
 65 e Carmela, unha rapaza
    a quen Xan quixera tanto,
    que nunca veu dunha festa
    sin levarlle algún regalo,
    lembrándose sempre del
 70 chorou máis dun ano largo.
    ¡Moito se falou de Xan!
    ¡Moito tódolo choraron!
    Mais o tempo todo o cura...
    Pasou un ano i outro ano:
 75 Carmela casou con outro,
    os amigos olvidárono,
    seus pais morreron de pena
    sin poder darlle un abrazo,
    ¡e ninguén máis pensou nel...!
 80 Soilo alá de ves en cando,
    cando nas festas da aldea
    tocaba un gaiteiro malo,
    algún vello doutro tempo,
    ó pobre Xan relembrando,
 85 dicíalle ós outros vellos
    alá dos tempos pasados:
    "¿Acordádesvos de Xan?
    ¡Que tocador! ¡Daba pasmo!;";
    e sin lembrarse máis del,
 90 quedaban todos calados.
    ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
    ¡¡Probe gaiteiro de Baio!!
 
    Triste decrinaba a tarde...
    as sombras iban chegando...
 95 e dun hespital na sala,
    no rincón máis solitario,
    un home soilo morría,
    sin outro agarimo ó lado
    que unha irmán da Caridade
100 que alí en pé estaba rezando.
    I entrando pola ventana
    do sol o postreiro raio,
    alomeaba dunha vida
    tamén os últemos pasos.
105 ¡A fría calma da morte
    compretaba o negro marco,
    dando cores máis sombrizos
    a aquel impo ente coadro!...
    Calma que soilo trubaba
110 o malencóneco canto
    dalgún paxaro da noite
    que pasaba aleteando...
    ¡I un can que triste ouveaba
    ó lonxe, de cando en cando!
115 E Xan... - ¡Que Xan era aquel!-
    da vida no últemo esmaio,
    quizais pensaba na pátrea,
    e naqueles ledos anos
    cando iba coa gaita ó lombo
120 polo seu lugar tocando.
    ¡Doces recordos dun tempo,
    que ó pé da tomba mirados
    ó traslús resprendecían
    dos pesares e dos anos!
125 ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
    ¡Probe gaiteiro de Baio!

    Da felicidade en busca
    e de bens nunca atopados,
    marchouse Xan prás Amérecas,
130 cal se marchan outros tantos
    que van, e que nunca tornan;
    i o infelís, sempre buscando,
    encontrou un hespital
    onde so aba un palacio.
135 E quizais na últema hora,
    como pantasmas pasando
    alá antre as sombras da noite
    da pátrea os recordos santos,
    e ouíndo, lonxe, mui lonxe,
140 así cal deliros vagos,
    repiques de castañolas,
    gaitas alegres tocando,
    estallidos de foguetes
    e malencónecos cantos,
145 revolto antre aquela brétema
    viu algún ser sobrehumano
    que moi quedo lle dicía:
    "¡Xan, a países lexanos
    viñeche pola fertuna;
150 i ela, na pátrea quedando,
    cando marcháche pra Améreca,
    foite despeder ó barco!
    ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
    ¡¡Probe gaiteiro de Baio!!

    . . . . . . . . .

155 Nun lexano cimenterio
    hai un corruncho apartado
    onde dormen confundidos
    eses seres solitarios,
    que pasaron polo mundo
160 sin deixar de si outro rastro
    que aquel que deixan as olas
    ó chocar contra os peñascos;
    eses seres que a fertuna
    chama seus desheredados;
165 ¡eses que ó morrer, na terra
    deixan o mesmo buraco,
    que unha area nunha praia
    i unha gota no ouceano!
    ¡Alí, revolto antre todos,
170 Xaniño está descansando!
    ¡Naquela cova común
    n'hai siquera un triste marco,
    para sinalar o sitio
    onde Xan foi enterrado!
175 ¡Nin hai quen rece por el,
    nin quen vaia a visitalo
    i á beira da tomba bote
    froliñas do mes de Maio!
    ¿Haberá quen por el chore,
180 nin se lembre de nomealo...?
    ¡Que soilo chegou á cova,
    sin ninguén acompañalo...!
    ¡Soiliño cunha crus diante
    i un crego detrás rezando!
185 ¡E lonxe... lonxe da pátrea...
    soilo seguirá o coitado,
    cun cacho de terra enriba
    i un cacho de terra embaixo,
    astra o día do Xuício
190 que virán a despertalo...!
    ¡Probe Xan! ¡Probe Xaniño!
    ¡¡Probe gaiteiro de Baio!!