Wikisource:Texto destacado
O texto destacado é unha sección mensual da portada.
Actualmente o texto destacado é:
Texto destacado |
Un día de inverno ó caer d'a tarde, dous amigos qu'eran amigos desd'a escola, e que contaban d'anos o maldito número de tres veces dez, camiñaban a bon paso un sobre unha mula branca, gorda e de redondas ancas, y-outro encima dos seus pés, que non parecían asañarse das pasadas lixeiras que lle facía dar seu dono. O da pé corría tanto com o de acabalo que vendo o sudor que lle corría ó seu compañeiro po-la frente y-as puntas dos cabelos díxolle: —¿E tí, Lourenzo, por qué non mercas un come-toxos que te leve e te traya por estes camiños de Dios? que esto de andar leguas a pé por montes e areales é bó pro'os câs. —¡Come-toxos! Anda e que os monten aqueles pra quen se fixeron que n'é Lourenzo. Cabalo grande, ande ou non ande, e xa que grande n'o pode ter, sin él me quedo e sírvome dos meus pés que nin comen, nin beben, nin lle fan menester arreos. —Verdade é que o teu modo de camiñar é mais barato que ningún ¡negro de min! que hora teño que pagar o portasgo solo porque vou en besta, e non coma ti, nestes pés que Dios me dou. Pro... así como así, gusto de andar as xornadas en pernas alleas pra c'as de un non cansen, e xo dixen: debías mercar un farroupeiro pra o teu descanso. Mais tí fas coma o outro, oxe o gano, oxe o como, que mañán Dios dirá. Nin tes arrello, nin cousa que o valla; gústanche os virvirichos y-as virviricheiras, o viño do Riveiro e fas ostras do Carril ¡Lourenzo!, debías casarte que ó fin o tempo vay andando, os anos corren, e un probe de un home faise vello e cróbese de pelos brancos antes de que poida ter manta na cama, e aforrar pra un-ha ocasión; e esto, Lourenzo, non se fay sin muller que teña man da casa e garde o diñeiro que un gana. —Boy solto, ben se lambe. —¡O vento! esas sonche faladurías. ¿O derradeiro, pra que os homes naceron si non é pra axuntarse cas mulleres, fillo da tua nay? (Lourenzo tuse). Seica te costipaches co resío da serán, malo de tí. (Lourenzo volve a tusir). Lévemo Dios si n'e certo, e tanto non tusiras si ora viñeras a carrancha perna enriva de un farroupeiro. |
Outros textos destacados na portada
Mes | Texto seleccionado |
---|---|
Xaneiro: | Proezas de Galicia (Xosé Fernández Neira, 1904) |
Febreiro: | Campaña da Caprecórneca (Luís Otero Pimentel, 1898) |
Marzo: | Os probes de Deus (Luís Amado Carballo, 1925) |
Abril: | O avellón (Alfredo Brañas, 1884) |
Maio: | Contos da miña terra (Rosalía Castro de Murguía, 1864) |
Xuño: | A lama dos preitos (Luís Otero Pimentel, 1907) |
Xullo: | O Pintureiro (Eugenio Carré Aldao, 1911) |
Agosto: | Ana María (Xuan Xesús González, 1925) |
Setembro: | Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares, 1880) |
Outubro: | Conto de guerra (Camilo Díaz Baliño, 1928) |
Novembro: | A nosa língua (Xoán Vicente Viqueira, 1918) |
Decembro: | Ir por lan... (Bernardo Rodríguez Ribeira, 1904) |
Todas as páxinas con prefixo "Texto destacado"
Modelo
A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os textos destacados:
<center>'''''[[TÍTULO]]''. — [[Autor:NOME_DO_AUTOR|]]'''. [[ANO]].</center> {{Prose}} TEXTO <div style="text-align:right;">'''[[TÍTULO|continuar lendo...]]'''</div> </div> <noinclude>[[Categoría:Textos destacados]]</noinclude>