A Internacional
De Wikisource
- En pé os escravos da terra,
- en pé os que non teñen pan;
- a nosa razón forte berra,
- o triunfo chega en volcán.
- Crebemos o xugo do pasado,
- pobo de servos, ergue xa,
- que o mundo vai ser transformado
- e unha orde nova vai reinar.
- Axuntémonos todos,
- é a loita final,
- o xénero humano
- forma a Internacional.
- Non hai salvadores supremos,
- nin rei, nin tribuno, nin deus,
- temos que salvarnos nós mesmos,
- o Pobo Traballador.
- Para que nos devolvan o roubado,
- para derrubar esta prisión,
- batamos no lume sagrado,
- ferreiros dun mundo mellor.
- Axuntémonos todos,
- é a loita final,
- o xénero humano
- forma a Internacional.

