Saltar ao contido

Pacto de Compostela de 1933

En Galifontes, o Wikisource en galego.

Pacto de Compostela ou Galeuzca, asinado o 25 de xullo de 1933 na cidade de Compostela. O texto foi traducido ó galego por Alexandre Bóveda. O texto é o seguinte:

Os que enbaixo asinan, axuntados na cibdade de Compostela, no serán do Dia de galiza do mil novecentos trinta e tres, en representazón de orgaizazons nazonalistas de Catalunya, Euzkadi e Galiza, acordan:

1º. - Crear GALEUZCA como orgaismo ancarregado das relazóns antre istas tres nazonalidades.

2°.-istas relazóns concíbense coa amplitude de relazóns internazonales en toldo'os seus aspectos. N'oustante, han de figurar como tarefas principales de GALEUZCA:
A) Precurar o conocimento mutuo de tolda'as caraiteristicas nazonales de cada pobo e da sua historia;
B) A informazón sobre dos seus aituales movimentos nazonalistas; e a publicidade de told'os feitos importantes que en cada nazón adveñan;
C) O estudo das custións que afecten ás relazóns antre tres nazonalidades.
D) A propaganda internazonal nos asuntos que atingan ás tres nazonalidades.

3º.- En cada nazón formaráse un Consello integrado por un representante de cada unha das organizazóns de caraiter nazonalista adhidas a GALEUZCA e das que adhiran no porvir.
Iste Consello nomeará, de común acordo cos das outras nazonalidades os membros que comporán o Segredariado que GALEUZCA terá en cada un dos tres países, nos que eisistirán datos e informazóns sobre de toldo'os aspectos da vida de cada unha das tres nazonalidades.
Pra desenrolar as bases contidas n'ista aita, celebraráse en Euzkadi no mes de Outubre vindeiro, unha conferencia dos tres Consellos que terá caraiter constituinte, sin perxuizo de que os Consellos e Segredariados nazonales escomenzen axiña a sua laboura.
O Segredariado de GALEUZCA en Euzkadi, que aituará provisioalmente coma Segredaria Xeral, queda facultado pra determinar a data d'ista Conferencia.

4º.- O Segredariado residente en cada nazonalidade estará formado por elementos das tres nazonalidades, correndo os gastos que se orixinen a cárrego dos respeitivos Consellos. Poráse un especial coidado en que istes elementos inda que patriotas recoñecidos e merecentes da confianza dos orgaismos de cada nazonalidade, non teñan unha aituazón de política partidista.

5º.- Os segredariados terán un local propio, ou ao menos estarán domiciliados en locales d'entidades de caraiter patriótico e cultural.

6º.- Cada Segredariado poderá nomear persoas especializadas pra formar Comités encarregados do estado de aspectos particulares da vida de relazón antre as tres nazóns.

7º.- Ao menos unha vegada ao ano terá lugar unha Conferencia antre os Segredariados das tres nazóns ou os seus representantes, coa finalidade de facilitar a coordinación das suas tarefas.

8º.- A conformidade que prestan a istas bases os que en baixo asinan queda condizioada a ratifícazón que ás mesmas agardan que han de prestar as organizazóns que representan.

FIRMAS.- Batista i Roca (de Palestra) - Joseph Girona (de Palestra) - Pau Vila (d'Acció Catalana Republicana) - Joseph Pich Salarie (De Unió Democrática de Catalunya) - Pau Muñoz Castanyer (D'Unió Democrática de Catalunya) - Donxandabaratz'tar Josu (de Euzkadi-Buru-Batzar) - Errezola'tar Joseba (de E.B.B.) - Isusi'tar Estepan (De Euzkadi-Buru-Batzar) - Irujo'tar Imanol (de N.B.B.) - Alvaro das Casas (De Ultreya) - Alexandre Bóveda (Do Partido Galeguista).

Modificación

[editar]

Na vila de Bilbao, do pais Euzkadi a trinta de Xullo de mil novecentos trinta e tres, xuntanse os siñantes da aita de Compostela co-a finalidade de dar conta das suas xestions ás representazóns de Euzkadi e Catalunya que non poideron concurrir á devandita conversa e lerlles o orixinal da aita asiñada. Asisten todol'os seus asiñantes co-a esceizón dos seores Don Alexandre Bóveda e Don Estaban de Isusi. Por unanimidade acordase modificar o apartado D) do artigo 2° neste senso:

D). A propaganda e aizon internazional nos asuntos que atingan as tres nazonalidades.
Tamen por unanimidade acordase fixar nun mes, a decorrer dende esta data, o prazo no que os partidos e organizazons dos tres paises teñan de ratificar a asiñatura dos seus representantes.
Os seores Joan Esterilch de Lliga Catalana, Dr. Joseph Riera i Punti de Esquerra Republicana de Catalunya, Don Andrés Perea de Acción Nacionalista Vasca e Don Manuel Carrasco Formiguera de Unió Democrática de Catalunya manifestan a sus adhesión ás bases do citado acordo e todol'os asiñantes a sua conformidade as modificazóns consiñadas nesta aita.

FIRMAS.- J. Estelrich (De Lliga Catalana) - Manuel Carrasco Formiguera (De Unió Democrática de C.) - Andrés Perea (Acción Nacionalista Vasca) - Don Joseph Riera Punti (Esquerra R. de C.) - Batista i Roca - Pau Vila - Doxandabaratz'tar Josu - Girona - Alvaro das Casas - Rosend Pich - Pau Muñoz Castanyer - Errezola'tar Joseba -.