Orballo da media noite
Orballo...
Cómo vai caindo,
sin velo,
sin sentilo,
lento,
como o vestigio platónico das horas,
com’o tempo.
Orballo da media noite
sobre a terra endormiñada.
(A media noite da vida
cega pol-o afán de tolol-os soles.)
Cultivo, germe vivo
frol e froito
na alma;
jardín subrime,
con triple amor coidado:
conscencia,
dignidade,
arela de perfeución.
Só pol-a cultura o home asume,
en âas por diviño alento inzadas,
a persoalidade jurdia,
única, soberana,
o señoreamento do mundo,
das forzas cegas, mecánicas,
das turbulencias istintivas
e os fracasos ónticos das almas.
Época que só degoa
a satisfauzón do corpo,
âs furias do istinto encadeada,
así medra o indecor e a injustiza
así se impón a vileza e a iñoranza,
así nasce o déspota nos pobos
-culmiñazón das coleutivas fallas-
i-érguese ovante sobre a inerme turba
como un César grotesco sobre un cimenterio de almas.
Novas generazóns,
(de narcisismo enfermas)
espranza da seneutude
ja da impotencia presa,
único fulgor na tenebrosa
conjura que â patria deita
n-unha ergástula de exhomes,
amade a beleza,
apreixade a verdade
con pulo de renacenza.
Ispire as vosas mentes
o arte, fonte eterna,
a estrofa antológica,
a página perfeuta.
Mais compre, generazón abrente
pôr encol d-un andacio de estética
un ideal de justiza e libertade,
un acento moral, jurdia roseira
onde froleceron de consuno
as loitas e as ilusións antergas,
onde ha frolecer eternamente
do home e a vida o inmortal poema.
Hic tamen hâc mecum poteris requiescere nocte
fronde super viridi: Sunt nobis mitia poma,
castaneae molles, et pressi copia lactis.
(Virgilio, Égloga I)
Quédate ja conmigo, hoje e sempre,
non te vaias. Eu terei pra tí
canto n-estes eidos hai. Castañas
doces, soaves, mazás das millores,
de crás varia e sabor como a mel.
Terás leite presa a mais amante,
mungida no establo farturento
do mais rico dono da comarca.
Sobre o céspede mol, nesta noite,
sou o ceu d'estrelas namorado,
na vasta quietú da Natureza,
no colo diviño dos silenzos,
juntáranse os nosos corazós
n'un nú eterno, coma as nosas almas
estaban, ô vir ô mundo, unidas.
Baijo o dosel de ceo, no amplexo
inmortal do noso amor bendito
no altar ingente da Natureza,
os campos frolecerán de rosas,
os arbres de froita adunia, mestos,
como ofrenda de milagro â vida,
e dirán os élitros do mundo
a gloria insenescente do Amor.
¡Loitador, non te deteñas!
Ten cada hora novo alento,
sigue a luz que te ilumiña,
mira a cotío pr'o ceo.
Ôn lado e outro do camiño
toparás pinchos e rebos,
e da estulticia e a enveja
ladraránche os cans famentos.
Loitador, non te deteñas!
¡Levas a verdá no peito,
e a estrela que te guía
ten resplandores eternos!
Tódalas obras orixinais deste autor atópanse no dominio público. Isto é aplicábel en todo o mundo por mor de que finou fai máis de 80 anos. As traducións poden non estar en dominio público.
|