LEI 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia

En Galifontes, o Wikisource en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

LEI 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 214, de 8 de novembro de 1995).

Exposición de motivos[editar]

Os precedentes lexislativos orientados á protección e conservación do patrimonio histórico, á marxe das súas profundas raices que se afunden no mundo romano e percorren no tempo un longo periplo, teñen as súas pegadas mais recentes na sempre meritoria e respeitada Lei de 13 de maio de 1933, fonte inesgotábel carregada entón de modernidade e á que os plantexamentos dos tempos chamaron axiña a un necesario relevo, impulsado sen dúvida polo nacimento da Constitución Española de 1978, que subliña con vehemencia a obriga de protexer e difundir o patrimonio histórico á vez que consagra o Estado das autonomias e a subsiguiente responsabilidade compartida en materia cultural.

Resultado de todo iso é a Lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español, herdeira pois da xa veterana normativa de 1933 e que, baseándose en conceitos e criterios cheos dun fecundo alento, inicia un novo camiño. Xa pouco antes, o Estatuto de Autonomia de Galicia de 1981 permitira o acceso dos poderes públicos á responsabilidade de conservar e acrescentar o seu patrimonio histórico, polo cal o paso dos anos foi encarregándose de proporcionar sólidos cimentos sobre os que erguer unha segura andamiaxe que permita construir unha lei filla da experiencia e a madurez.

A Lei do patrimonio cultural de Galicia é a expresión xurídica necesaria á especificidade que, como nacionalidade histórica, posúe en materia cultural, forxada a través dos séculos e precisada na actualidade de preservación, conservación, actualización e difusión para o seu desfrute social. Preténdese con esta lei adecuar á realidade de Galicia e ás súas necesidades específicas en materia de patrimonio cultural a normativa legal pola que se rexerá a defensa, protección, conservación e sancións contra as agresions de diversa índole que o mesmo poda sofrer. A lei parte dun conceito amplo do patrimonio cultural de Galicia, que engloba o patrimonio móbel, o patrimonio inmóbel e o patrimonio inmaterial, xa sexan de titularidade pública ou privada, ademais das manifestacións da nosa cultura tradicional e popular.

A presente Lei do patrimonio cultural de Galicia ten como finalidade esencial protexer, conservar e difundir un legado que o tempo irá acrescentando para o transmitir ao futuro. Así, tal como se desenvolve no título I, se crian tres categorias de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados, definidoras da incidencia que cada un dos mesmos tivo no patrimonio de Galicia.

Namentres os primeiros representan o mais destacábel dos bens móbeis, inmóbeis e inmateriais, os catalogados son aquelas que pola súa singularidade chegan a definir un territorio, e os bens inventariados, merecedores de ser conservados, pasan a integrar xunto cosanteriores o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

O título II, dedicado ao rexime xeral de protección e conservación, establece tres graos diferentes, emanados das tres categorias establecidas, incidindo dunha maneira mais notoria nos bens de interese cultural. Deste xeito, os inmóbeis, especialmente os monumentos, enténdense integrados nun contexto que é o seu territorio, e non como elementos isolados, da mesma forma que os proxectos de intervención se conformarán con informes pluridisciplinares ditados por profisionais das distintas materias para garantir a conservación do ben, á vez que se dotan dun contido claro e específico os planeamentos dos conxuntos históricos.

No que respecta aos bens móbeis, ponse unha énfase especial no control da súa conservación así como nos traslados e na regulación do seu comercio.

Dentro do título III, do patrimonio arqueolóxico, se especifican e definen as actividades arqueolóxicas e as responsabilidades das intervencións, da mesma forma que se fai incidencia nas actuacións urxentes, autorizacións e todo aquilo que afecta, entre outros, aos conxuntos históricos e zonas arqueolóxicas.

O título IV define o patrimonio etnográfico, e incide na especial protección dos bens inmateriais, así como naqueles outros relacionados coa actividade industrial. Dentro do título V, dedicado aos museos, cumpre destacar o nacimento da colección visitábel como categoria diferenciada dentro do sistema galego de museos, que tamén acolle unha trama diversa entendida como rede de museos. Cunha organización similar, o patrimonio documental e arquivos, xa no título VII, parte da súa definición estabelecendo a circulación e o ciclo vital dos documentos, sendo previamente o título VI o que descrebe o amplo e complexo patrimonio bibliográfico. Son elementos esenciais, dentro das medidas de fomento que se desenvolven no título VIII, a investigación, conservación, difusión, adquisición e investimento, así como os benefícios fiscais.

Finalmente, a lei tamén regula, no título IX, o rexime sancionador, establecendo tres clases de infraccións, así como as responsabilidades e os órganos competentes para as facer efectivas.

A presente lei é tamén sensíbel ao importante papel que han de xogar as corporacións locais en materia de patrimonio cultural, polo cal recoñece expresamente as competencias que neste sentido lle determina a Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do rexime local. Encanto á Igrexa Católica, a presente lei considera que é depositaria dunha parte importantísima do patrimonio cultural de Galicia e nese sentido contempla unha relación de contraprestación mutua para coas administracións públicas galegas, a fin de garantir a responsabilidade do seu coidado e a existencia dos medios necesarios para o levar a cabo.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, de 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei, a Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Título Preliminar[editar]

Disposicións xerais[editar]

Artigo 1. Obxecto.

1. O patrimonio cultural de Galicia está constituído por todos os bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, haxan de ser considerados como de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo.

2. A presente lei ten por obxecto a protección, conservación, acrescentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras.

3. Integran o patrimonio cultural de Galicia os bens móbeis, inmóbeis e inmateriais de interese artístico, histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico.Tamén forman parte do mesmo o patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sítios naturais, xardins e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.

4. A Administración autonómica procurará o retorno a Galicia daqueles bens especialmente representativos do noso patrimonio cultural que se atopen fóra dela.

Artigo 2. Competencia.

1. Correspóndelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia.

2. As distintas administracións públicas colaborarán para que as competencias respectivas se exerzan consonte o estabelecido nesta lei.

3. As institucións públicas e privadas cooperarán á mellor consecución dos fins previstos nesta lei.

Artigo 3. Dos particulares.

1. As persoas que observasen perigo de destrucción ou deterioración dun ben integrante do patrimonio cultural de Galicia haberán, no menor tempo posíbel, de o pór en coñecemento da Administración competente, que comprobará o obxecto da denuncia e actuará conforme ao disposto nesta lei.

2. Calquer persoa física ou xurídica está lexitimada para actuar en defensa do patrimonio cultural de Galicia ante as administracións públicas da Comunidade Autónoma e os tribunais de xustiza, en cumprimento previsto nesta lei.

Artigo 4. Colaboración das corporacións locais.

1. Os concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que se ubiquen no seu termo municipal.

2. Correspóndelles, así mesmo, adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagardar os bens do patrimonio cultural de Galicia que visen o seu interese ameazado. Vid. o artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de agosto, de Bases do Rexime Local, que atribúe ao concello o exercicio de competencias na materia de patrimonio histórico-artístico, mais nos termos da lexislación estatal e autonómica. Este preceito estatal foi fielmente reproducido no artigo 80.2 da Lei galega 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia (DOG nº 149, do 5 de agosto).

Artigo 5. Colaboración da Igrexa católica.

1. A Igrexa católica, propietaria dunha boa parte do patrimonio cultural de Galicia, velará pola protección, conservación, acrescentamento e difusión do mesmo, colaborando a tal fin coa Administración en materia de patrimonio.

2. Unha Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e a Igrexa católica establecerá o marco de colaboración e coordinación entrambas as institucións para elaborar e desenvolver planos de intervención conxunta.

Artigo 6. Proxección exterior.

A difusión exterior do patrimonio cultural de Galicia será impulsada pola Xunta de Galicia, que fomentará os trocos culturais que estime oportunos e promoverá, no ámbito das súas competencias, a celebración de convenios ou acordos coas demáis Comunidades Autónomas, así como cos estados nos que se atopen bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 7. Órgaos asesores e consultivos.

1. Son órgaos asesores da Consellería de Cultura en materia de patrimonio cultural:

a) A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.
b) A Comisión Mixta Xunta-Igrexa.
c) A Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade e Camiño de Santiago.
d) As Comisions Territoriais do Patrimonio Histórico Galego.
e) A Comisión Técnica de Arqueoloxía.
f) A Comisión Técnica de Etnografía.
g) A Comisión Técnica de Arquivos.
h) A Comisión Técnica de Museos.
i) Cantos outros se considere necesario establecer con carácter xeral ou con carácter específico.

2. Regulamentariamente establecerase a composición e funcionamento dos órgaos asesores da Consellería de Cultura. Vid. Decreto 63/1992, do 19 de febreiro, polo que se reestrutura a composición e funcionamento das Comisións Territoriais do Patrimonio Histórico (DOG nº 53, do 17 de marzo, corrección de erros no DOG nº 60 do 27 de marzo), e Decreto 112/1992, do 30 de abril, polo que se cría a Comisión Superior de Valoración e Adquisición de Bens Culturais (DOG nº 90, do 13 mayo). A composición e funcionamento da Comisión Técnica de Arqueoloxía está regulada no capítulo IV do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. Encanto à Comisión Técnica de Etnografía, vid. o Decreto 41/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 33, do 18 de febreiro).

3. Terán a consideración de órganos consultivos da Consellería de Cultura en materia de bens culturais:

a) O Consello da Cultura Galega.
b) As Reais Academias.
c) As universidades de Galicia.
d) O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
e) Cantos outros se considere necesario estabelecer con carácter xeral ou con carácter específico.

Título I. Dos bens declarados, catalogados e do inventariado xeral[editar]

Capítulo I. Dos bens de interese comunitario[editar]

Artigo 8. Definición e clasíficación.

1. Os bens móbeis, inmóbeis e inmateriais mais sobranceiros do patrimonio cultural de Galicia serán declarados bens de interese cultural mediante Decreto da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Cultura, e inscreberanse no Rexisto de Bens de Interese Cultural de Galicia.

2. Os bens móbeis declarados de interese cultural poderán selo de forma individual ou ben como colección, entendida ésta como o conxunto de bens agrupados de forma miscelánea ou monográfica, logo dun proceso intencional de provisión ou acumulación.

3. Os bens inmóbeis serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes clases: monumento, conxunto histórico, xardin histórico, sitio ou territorio histórico, zona arqueolóxica, lugar de interese etnográfico e zona paleontolóxica.

4. Para os efeitos da presente lei, teñen a consideración de:

a) Monumento, a construcción ou obra producto da actividade humana, de relevante interese histórico, arquitectónico, arqueolóxico, artístico, etnográfico, científico ou técnico, con inclusión dos móbeis, instalacións e accesorios que se sinalen como parte integrante do mesmo, e que por si só constitua unha unidade singular.
b) Conxunto histórico, a agrupación de bens inmóbeis que forman unha unidade de asentamento, continua ou espallada, condicionada por unha estrutura física representativa da evolución dunha comunidade humana, por ser testemuño da súa cultura ou constituir un valor de uso e desfrute para a colectividade, ainda que individualmente non teñan unha especial relevancia.
c) Xardin histórico, o espazo delimitado, producto da ordenación polo home de elementos naturais, ás veces complementado con estruturas de fábrica, e estimado de interese en función da súa orixe ou pasado histórico ou dos seus valores estéticos, sensoriais ou botánicos.
d) Sitio ou territorio histórico, o lugar ou paraxe natural vinculado a acontecimentos ou recordos do pasado, criacións culturais ou da natureza, e a obras do home que posúan valores históricos ou técnicos.
e) Zona arqueolóxica, o lugar ou paraxe natural onde existen bens móbeis ou inmóbeis susceptíbeis de seren estudados con metodoloxia arqueolóxica, tanto se se encontrasen na superfície como no subsolo ou baixo as augas territoriais.
f) Lugar de interese etnográfico, aquela paraxe natural, conxunto de construccións ou instalacións vinculadas a formas de vida, cultura e actividades tradicionais do povo galego.
g) Zona paleontológica, o lugar en que hai vestíxios fosilizados ou non que constitúan unha unidade coerente e con entidade de seu.

5. En todos os supostos anteriormente citados, a declaración de ben de interese cultural afectará tanto ao chan como ao subsolo.

6. De forma excepcional poderá declararse ben de interese cultural a obra de autores vivos, sempre e cando tres das institucións consultivas recoñecidas pola Consellería de Cultura emitan informe favorábel e medie autorización expresa do seu propietario.

Artigo 9. Procedimento de declaración.

1. A declaración de ben de interese cultural requerirá a previa incoación e tramitación do expediente administrativo pola Consellería de Cultura. A iniciación do expediente poderá realizarse de oficio ou ben a instancia de parte por calquera persoa física ou xurídica.

2. En caso de se iniciar a instancia de parte, a denegación da incoación será motivada e haberá de se notificar aos solicitantes.

3. No expediente que se instrúa haberá de constar informe favorábel de dous dos órgaos consultivos a que se refere o artigo 7 da presente lei, e darase audiencia aos interesados. Vid. o Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural para Galicia e se cría o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia (DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 1992).

Artigo 10. Notificación, publicación e efeitos da incoación.

1. A incoación será notificada tanto aos interesados como ao Concello en que se ubique o ben.

2. Sen prexuízo da súa eficacia desde a notificación, a resolución da incoación será publicada no «Diario Oficial de Galicia» e no «Boletín Oficial do Estado». En caso de se tratar de bens inmóbeis darase audiencia ao Concello correspondente e abrirase un período de información pública por un prazo mínimo dun mes.

3. A incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto ao ben afectado, a aplicación imediata e provisional do rexime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados. En caso de bens inmóbeis, ademais, será de aplicación o estipulado no artigo 35.1 da presente lei.

Artigo 11. Contido do expediente de declaración.

1. No expediente de declaración dun ben de interese cultural obrarán as seguintes especificacións respecto ao mesmo:

a) Descrición clara e exaustiva do obxecto da declaración que facilite a súa correcta identificación e, en caso de inmóbeis, as partes integrantes, pertenzas, accesorios e bens móbeis e documentais que, pola súa vinculación co inmóbel, haxan de ser obxecto de incorporación na declaración.
b) En caso de inmóbeis, ademais, haberán de figurar perfeitamente definidas as súas relacións co área territorial a que pertence, así como a protección dos acidentes xeográficos e elementos naturais que conformen o seu entorno, que aparecerá delimitado tamén graficamente, en atención á súa adecuada protección, contemplación e estudo.

2. Igualmente haberá de figurar no expediente a determinación da compatibilidade do uso coa correcta conservación do ben que se pretende declarar. No caso de que o uso a que ven destinándose o referido ben fose incompatíbel coa adecuada conservación do mesmo, poderá estabelecerse o seu cesamento ou modificación.

3. Así mesmo, información exaustiva sobre o estado de conservación do ben, podendo incluirse na declaración os criterios básicos que rexerán as futuras intervencións.

Artigo 12. Declaración e conclusión.

1. Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, acordar a declaración de ben de interese cultural.

2. O acordo de declaración descreberá clara e exhaustivamente o ben obxecto da declaración. En caso dos inmóbeis descreberá a súa delimitación gráfica, o contorno afectado, as partes integrantes, pertenzas, accesorios e bens móbeis e documentais que pola súa vinculación haxan de ser obxecto de incorporación na declaración.

3. O expediente haberá de se resolver no prazo máximo de vinte meses, a contar a partir da data en que foi incoado. Transcorrido éste, producirase a caducidade do expediente se se solicitase o arquivo das actuacións ou se dentro dos sesenta dias seguintes non se dita resolución.O expediente non poderá voltar a iniciarse nos tres anos seguintes, salvo que tres das institucións consultivas recoñecidas pola Comunidade Autónoma o solicitasen ou o faga o propietario do ben.

Artigo 13. Notificación e publicación da declaración.

A declaración de ben de interese cultural será notificada tanto aos interesados como ao Concello en que radique o ben, e será publicada no «Diario Oficial de Galicia» e no «Boletín Oficial do Estado». Artigo 14. Rexisto de Bens de Interese Cultural de Galicia.

1. Os bens de interese cultural serán inscritos no Rexisto de Bens de Interese Cultural de Galicia. A cada ben daráselle un código para a súa identificación. Neste rexisto tamén se anotará prevenitivamente a incoación dos expedientes de declaración. Corresponde á Consellería de Cultura a xestión deste rexisto.

2. O Rexisto de Bens de Interese Cultural de Galicia terá por obxecto a anotación e inscrición dos actos que afecten á súa identificación e localización, e reflectirá todos os actos que se realicen sobre os bens inscritos no mesmo cando afecten ao contido da declaración e dará fé dos dados nel consignados.

3. Calquera inscrición relativa a un ben, efectuada de ofício, será notificada ao seu titular, e será obriga de éste a de comunicar ao rexisto todos os actos xurídicos e técnicos que podan afectar a dito ben.

4. O acceso ao rexisto será público nos termos que se establezan regulamentariamente, sendo precisa a autorización expresa do titular do ben para a consulta pública dos dados relativos á:

a) Situación xurídica e valor dos bens inscritos.
b) Localización, en caso de bens móbeis.

5. Das inscricións e anotacións no Rexisto de Bens de Interese Cultural daráselle conta ao Rexisto Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, a fin de que se fagan as correspondientes inscricións e anotacións no mesmo.

Artigo 15. Inscrición no Rexisto da Propriedade.

Cando se trate de monumentos e xardins históricos, a Consellería de Cultura instará de ofício a inscrición gratuita da declaración de ben de interese cultural no Rexisto da Propriedade.

Artigo 16. Procedimento para deixar sen efeito unha declaración.

1. A declaración dun ben de interese cultural poderá deixarse sen efeito seguindo os mesmos trámites e requerimentos necesarios para a súa declaración.

2. Non poden invocarse como causas determinantes para deixar sen efeito a declaración dun ben de interese cultural as derivadas do incumprimento das obrigas de conservación e mantemento recollidas nesta lei.

Capítulo II. Da catalogación dos bens[editar]

Artigo 17. Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. Definición.

1. Os bens do patrimonio cultural de Galicia que, sen chegar a ser declarados de interese cultural, posúan especial singularidade, de acordo co establecido no artigo 1.3 da presente lei, serán incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e gozarán da protección para os bens catalogados nesta lei.

2. Críase o Catálogo do patrimonio cultural de Galicia como instrumento de protección dos bens móbeis, inmóbeis e inmateriais incluídos no mesmo, e con fins de investigación, consulta e difusión. Dito catálogo, no relativo aos bens inmóbeis, incluirá a regulación do rexime de protección previsto nesta lei.

3. A inclusión poderá realizarse de forma individual ou como colección, correspondendo a xestión do catálogo á Consellería de Cultura.

4. Regulamentariamente establecerase o rexime de acceso público ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, así como as determinacións a que se refire a alínea 2 deste artigo.

Artigo 18. Procedimento.

1. A inclusión dun ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia requererá a previa tramitación do expediente, iniciado de ofício ou a instáncia do interesado, pola Consellería de Cultura, séndolle de aplicación as normas xerais do procedimento administrativo.

2. A notificación ao titular ou poseedor da iniciación dun expediente para a inclusión dun ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia determinará a aplicación imediata e provisional do rexime de protección previsto na presente lei para os bens xa catalogados. Ao mesmo tempo abriráse un período de información pública por un prazo mínimo dun mes mediante a publicación do acordo de iniciación do expediente no «Diario Oficial de Galicia».

3. Cando o expediente de catalogación afecte a un ben inmóbel, se dará ademais audiencia ao Concello en que se ubique.

4. En caso de se iniciar por instancia de parte, a denegación da incoación para a inclusión dun ben no catálogo será motivada e haberá de se notificar aos solicitantes.

5. Da iniciación do expediente para a catalogación dun ben móbel daráselle conta ao Inventario Xeral de Bens Móbeis da Administración do Estado para a correspondente anotación preventiva.

Artigo 19. Contido do expediente de catalogación.

O expediente de inclusión dun ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia recollerá polo menos:

a) A descrición do ben que facilite a súa correcta identificación, e en caso dun ben inmóbel, ademais de todos aqueles elementos que o integran, o contorno afectado, considerado como un territorio graficamente delimitado no que os elementos xeográficos e naturais tamén gozarán de protección.
b) A determinación da compatibilidade do uso coa correcta conservación do ben catalogado.

Artigo 20. Catalogación e conclusión.

1. Corresponde ao conselleiro de Cultura, por proposta do director xeral do Patrimonio Histórico e Documental, acordar a inclusión dun ben no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

2. O expediente haberá de se resolver no prazo máximo de vinte meses, contado a partir da data en que foi iniciado.Transcorrido éste, producirase o arquivo do expediente.

3. O acordo de catalogación será notificado tanto aos interesados como ao Concello en que se ubique o ben, e publicarase no «Diario Oficial de Galicia».

4. Das inclusions de bens móbeis no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia darase conta ao Inventario Xeral de Bens Móbeis da Administración do Estado para que se fagan as correspondentes inscricións.

Artigo 21. Exclusión dun ben do catálogo.

A catalogación dun ben unicamente poderá deixarse sen efeito seguindo os mesmos trámites necesarios para a súa inclusión.

Capítulo III. Do inventario xeral[editar]

Artigo 22. O Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia. Definición.

1. O Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia confórmano os bens declarados de interese cultural, os catalogados e aqueles outros a que fai referencia o artigo 1.3 da presente lei e que, sen estaren incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados.

2. Críase o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, como instrumento básico de protección adscrito á Consellería de Cultura.

3. O acceso ao Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia será público, na forma que regulamentariamente se estabeleza.

Artigo 23. Procedimento.

1. A inclusión dun ben no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia requererá a previa tramitación do expediente pola Consellería de Cultura, séndolle de aplicación as normas xerais do procedimento administrativo. Fican excluídos de dita tramitación aqueles bens declarados de interese cultural e os catalogados que pola súa condición xa forman parte do Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

2. A inclusión poderá ser realizada de forma individual ou colectiva.

3. Corresponde ao director xeral do Patrimonio Histórico e Documental a inclusión dos bens no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Título II. Réxime xeral de protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia[editar]

Capítulo I. Rexime de protección e conservación[editar]

Artigo 24. Protección xeral.

1. Todos os bens que integran o patrimonio cultural de Galicia gozarán das medidas de protección establecidas nesta lei.

2. O patrimonio cultural de Galicia, conforme ao disposto no título anterior, se clasífica en:

a) Bens declarados, que serán aqueles que se consideren como bens de interese cultural, previa incoación do oportuno expediente.
b) Bens catalogados, aqueles que se incorporen ao Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.
c) Bens inventariados, aqueles que, sen estaren incluídos entre os anteriores, merezan ser conservados e se inclúan no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 25. Deber de conservar.

1. Os propietarios, posuidores e demáis titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigados a conservalos, cuidalos e protexelos debidamente para segurar a súa integridade e evitar a súa perda, destrucción ou deterioración.

2. Os poderes públicos garantirán a protección, conservación e enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 26. O acceso ao patrimonio cultural de Galicia.

1. Os propietarios, posuidores e demáis titulares de dereitos reais sobre os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia facilitarán o acceso, con fins de inspección, á Administración competente. Igualmente, estarán obrigados a permitir o acceso dos investigadores, previa solicitude motivada, aos bens declarados ou catalogados. O cumplimento desta obriga só poderá ser dispensado pola Administración cando, en atención ás circunstancias concorrentes, entenda que existe causa suficientemente xustificada para iso.

2. Para os efeitos previstos nesta lei, a Administración competente poderá solicitar dos titulares de dereitos sobre os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia o exame dos mesmos, así como as informacións pertinentes para a súa inclusión, se procede, no Inventario xeral. 3. Os propietarios, posuidores e demáis titulares de bens declarados de interese cultural haberán de facilitar a visita pública aos mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuito durante catro dias ao mes, en dias e horario prefixado.

Artigo 27. Dereitos de tanteo e retracto.

1. Toda pretensión de alleamento ou venda dun ben declarado ou catalogado haberá de ser notificada á Consellería de Cultura, con indicación do prezo e as condicións en que se profira realizar aquélla, sen prexuízo do establecido no artigo 38 da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español. Os poxadores haberán de notificar igualmente cun prazo de antelación de dous meses as poxas públicas nas que pretenda allearse calquer ben declarados, catalogado ou calquera outro que, formando parte do patrimonio cultural de Galicia, regulamentariamente se exixa.

2. No prazo de dous meses, o órgao competente da Xunta de Galicia poderá exercer o dereito de tanteo para si ou para outras institucións sen ánimo de lucro, obrigándose ao pagamento do prezo convido ou do de remate da poxa.

3. Se a pretensión de alleamento ou venda e as súas condicións non fosen notificadas correctamente, poderá exercerse , nos termos da alínea anterior, o dereito de retracto, no prazo de seis meses a partir da data en que se teña coñecemento acreditado da venda.

Artigo 28. Escrituras públicas.

Para a formalización de escrituras públicas de adquisición de bens declarados ou catalogados, ou de transmisión de dereitos reais de desfrute sobre estes bens, se acreditará previamente o cumplimento do establecido no artigo 27 da presente lei. Esta acreditación tamén é necesaria para a inscrición dos títulos correspondentes.

Artigo 29. Comercio.

1. As persoas e entidades que se dediquen habitualmente ao comercio de bens móbeis integrantes do patrimonio cultural de Galicia levarán un libro de rexisto legalizado pola Consellería de Cultura no cual constarán as transaccións efectuadas. Anotaranse no citado libro os dados de identificación do obxecto e as partes que interveñan en cada transacción.

2. A Consellería de Cultura criará e levará un rexisto das empresas que se dediquen habitualmente ao comercio dos obxectos a que se refere a alínea anterior. Será requerimento indispensábel estar incluído no mencionado rexisto para o exercício desta actividade. Regulamentariamente determinarase o funcionamento do antedito rexisto.

Artigo 30. Limitacións á transmisión.

1. Os bens declarados e catalogados que sexan propriedade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais serán imprescriptíbeis, inalienábeis e inembargábeis, salvo as transmisións que podan efectuarse entre entes públicos territoriais.

2. Cando estes bens estexan en posesión das institucións eclesiásticas, se rexerán pola lexislación estatal.

Artigo 31. Expropiación.

O incumprimento das obrigas de protección e conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa dos bens declarados e catalogados pola Administración competente. Vid. os artigos 36 e 37 da Lei 16/1985, de patrimonio histórico español.

Artigo 32. Impacto ou efeito ambiental.

1. A Consellería de Cultura haberá de ser informada dos planos, programas e proxectos, tanto públicos como privados, que pola súa incidencia sobre o territorio podan implicar risco de destrucción ou deterioración do patrimonio cultural de Galicia.

2. Para os efeitos previstos na alínea anterior, a Consellería de Cultura haberá de establecer aquelas medidas protectoras e correctoras que considere necesarias para a protección do patrimonio cultural de Galicia.

3. Na tramitación de todas as avaliacións de impacto ou efeito ambiental, o organismo administrativo competente en materia de meio ambiente solicitará informe da Consellería de Cultura e incluirá na declaración ambiental as consideracións e condicións resultantes de dito informe.

4. Haberán de ser incluídas todas as figuras relativas ao planeamento urbanístico.

Capítulo II. Protección dos bens de interese cultural[editar]

Sección 1ª. Rexime xeral de aplicación aos bens inmóbeis e móbeis[editar]

Artigo 33. Rexime de protección.

Os bens declarados de interese cultural gozarán da máxima protección e tutela, e a súa utilización ficará subordinado a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquer mudanza de uso haberá de ser autorizada polos organismos competentes para a execución desta lei.

Sección 2ª. Rexime de aplicación aos bens inmóbeis.[editar]

Subsección 1ª. Rexime xeral

Artigo 34. Definición.

Para os efeitos previstos nesta lei teñen a consideración de bens inmóbeis, ademais dos enumerados no artigo 334 do Código Civil, todos aquelos elementos que podan considerarse consustanciais cos edifícios e formen parte dos mesmos ou a formasen outrora.

Artigo 35. Incoación e suspensión de licenzas.

1. A incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto a un inmóbel determinará a suspensión das correspondientes licenzas municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efeitos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

2. As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, houbesen de se realizar con carácter inaplazábel precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.

Artigo 36. Desprazamento.

Un inmóbel declarado ben de interese cultural é inseparabel do seu contorno. Non poderá procederse ao seu desplazamento agás que resulte imprescindíbel por causa de forza maior ou interese social, logo de informe favorábel da Consellería de Cultura, en cuxo caso será preciso adoptar as cautelas necesarias naquilo que poda afectar ao chan ou subsolo. Para a consideración de causa de forza maior ou de interese social, será preceptivo o informe favorábel de polo menos dúas das instituicións consultivas contempladas nesta lei.

Artigo 37. Autorización das intervencións.

Calquera intervención que pretenda realizarse nun inmóbel declarado ben de interese cultural haberá de ser autorizada pola Consellería de Cultura, previamente á concesión da licenza municipal, coa salvidade que supón o previsto no artigo 47.2 da presente lei.

Artigo 38. Proxectos de intervención.

1. Calquer proxecto de intervención nun ben inmóbel declarado ben de interese cultural haberá de incorporar un informe sobre a súa importancia artística, histórica e/ou arqueolóxica, elaborada por técnico competente en cada unha das materias. Do mesmo modo, haberá de se incluir no dito informe unha avaliación da intervención que se propón.

2. Unha vez concluída a intervención, a dirección facultativa realizará unha memoria na que figure, polo menos, a descrición pormenorizada da obra executada e dos tratamentos aplicados, así como a documentación gráfica do proceso seguido.

Artigo 39. Criterios de intervención en inmóbeis.

1. Calquer intervención nun inmóbel declarado ben de interese cultural haberá de ir encamiñada á súa conservación e mellora, de acordo cos seguintes criterios:

a) Respeitaranse as características esenciais do inmóbel, sen prexuízo de que poda autorizarse o uso de elementos, técnicas e materiais actuais para a mellor adaptación do ben ao seu uso e para valorar

determinados elementos ou épocas.

b) Conservaranse as características volumétricas e espaciais definidoras do inmóbel, así como as

aportacións de distintas épocas. En caso de que excepcionalmente se autorice algunha supresión, ésta ficará debidamente documentada.

c) Evitaranse os intentos de reconstrución, agás nos casos en que a existencia de suficientes elementos orixinais así o permitan.
d) Non poderán realizarse adicións miméticas que falseen a súa autenticidade histórica.
e) Cando sexa indispensábel para a estabilidade e o mantemento do inmóbel, a adición de materiais

haberá de ser recoñecíbel.

f) Impediranse as accións agresivas nas intervencións sobre os paramentos.

2. Nos monumentos, xardins, sitios ou territorios históricos, zonas arqueolóxicas situadas ou non en chan urbano, lugares de interese etnográfico e zonas paleontolóxicas non poderá instalarse publicidade, cables, antenas e todo aquilo que impida ou menoscabe a apreciación do ben dentro do seu contorno.

O antecedente histórico deste preceito é o Decreto 798/1975, do 3 de abril, polo que se dispón que nas obras e nos monumentos e conxuntos histórico-artísticos se empreguen canto posíbel materiais e técnicas tradicionais (BOE nº 98, do 24 de abril). Téñase en conta tamén que o artigo 10 do Regulamento de Disciplina Urbanística para Galicia exixe licencia para a colocación de cartaces e vallas de propaganda visíbeis desde a vía pública, sempre que non estexan en locais privados. Non é infrecuente a existencia de Ordenanzas locais específicas que regulan a colocación de tais cartaces, letreiros ou vallas nos concellos. Canto às antenas, vid. o artigo 45 da Lei 11/1998, do 24 de abril, xeral de telecomunicacións (BOE nº 99, do 25 de abril).

Artigo 40. Licenzas.

1. A obtención das autorizacións necesarias segundo a presente lei non altera a obrigatoriedade de obter licenza municipal nen as demáis licenzas ou autorizacións que fosen necesarias.

2. Non poderán outorgarse licenzas para a realización de obras que, conforme a presente lei, requiran calquer autorización administrativa, até que ésta fose concedida.

3. As obras realizadas sen cumprir o establecido na alinea anterior serán ilegais, e os concellos e, no seu caso, a Consellería de Cultura ordenarán, se fose preciso, a súa reconstrución ou demolición con cargo ao responsábel da infracción.

Artigo 41. Declaración de ruína.

1. Se a pesar do establecido no artigo 33 chegase a incoarse expediente de declaración de ruína de algun inmóbel declarado ben de interese cultural, a Consellería de Cultura poderá intervir como interesada en dito expediente, debendo serlle notificada a apertura e as resolucións que no mesmo se adopten. En nengún caso poderá procederse á demolición sen autorización da Consellería de Cultura.

2. No suposto de que a situación de ruína leve aparellado perigo iminente de danos a persoas, a entidade que incoase expediente de ruína haberá de adoptar as medidas oportunas para evitar os ditos danos. Tomaranse as medidas necesarias que garantan o mantemento das características e elementos singulares do edifício, que non poderán incluir mais demolicións que as estritamente necesarias, e se aterán aos termos previstos na resolución da Consellería de Cultura.

3. A situación de ruína producida por incumprimento do previsto na alínea anterior conlevará a reposición, por parte do titular da propiedade, do ben ao seu estado primixenio. Os artigos 32 a 47 do Regulamento de Disciplina Urbanística na Galicia desenvolven pormenorizadamente o procedimento de declaración de ruína. Agora ben, hai que advertir as particularidades da declaración de ruína nos bens imóbeis ubicados no contorno de bens de interese cultural.

Artigo 42. Suspensión de intervencións.

A Consellería de Cultura impedirá os derrubamentos e suspenderá calquer obra ou intervención non autorizada nun ben declarado.

Subsección 2ª. Rexime dos monumentos

Artigo 43. Intervención en monumentos.

En nengún monumento poderá realizarse obra interior, exterior, sinalización, instalación ou mudanza de uso que afecte directamente ao inmóbel ou a calquera das súas partes integrantes, pertenzas ou ao seu contorno delimitado, sen autorización expresa da Consellería de Cultura.

Artigo 44. Contorno dos monumentos.

1. O contorno dos monumentos estará constituído polos inmóbeis e espazos lindantes imediatos e, en casos excepcionais, polos non lindantes ou arredados, sempre que unha alteración dos mesmos poda afectar aos valores propios do ben de que se trate, a súa contemplación, apreciación ou estudo.

2. O volume, tipoloxia, morfoloxia e cromatismo das intervencións no contorno dos monumentos non poden alterar o carácter arquitectónico e paisaxístico da zona, nen perturbar a contemplación do ben.

3. Poderán expropiarse, e proceder ao seu derrubamento, os inmóbeis que impidan ou perturben a contemplación dos monumentos ou dean lugar a riscos para os mesmos.

4. Para calquer intervención que pretenda realizarse, a existencia dunha figura de planeamento que afecte ao contorno dun monumento non poderá excusar o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Cultura.

5. No caso do contorno dun monumento declarado de interese cultural, integrado nun conxunto histórico que conte cun plano especial de protección, se rexerá polo establecido no artigo 47.2 da presente lei.

Subsección 3ª. Rexime dos conxuntos históricos

Artigo 45. Conxuntos históricos. Planeamento.

1. A declaración dun conxunto histórico determinará a obriga para o Concello en que se atope de redixir un plano especial de protección do área afectada. A aprobación definitiva deste plano requerirá o informe favorábel da Consellería de Cultura, que se entenderá positivo transcorridos tres meses desde a súa apresentación. A obrigatoriedade da dita normativa non poderá excusarse na preexistencia de outro planeamento contradictorio coa protección nen na inexistencia previa de planeamento xeral.

2. Calquera outra figura de planeamento que incida sobre a área afectada pola declaración dun conxunto histórico precisará, igualmente, informe favorábel da Consellería de Cultura, nos termos previstos na alínea anterior.

Artigo 46. Contido do planeamento.

1. O plano especial a que se refire o artigo anterior establecerá para todos os usos públicos a orde prioritaria da súa instalación nos edifícios e espazos que fosen aptos para iso. Igualmente contemplará as posíbeis áreas de reabilitación integrada que permitan a recuperación da área residencial e das actividades económicas adecuadas. Tamén conterá os criterios relativos á conservación de fachadas e cubertas e instalacións sobre as mesmas, así como daqueles elementos mais significativos existentes no interior.

2. Manteranse igualmente a estrutura urbana e arquitectónica do conxunto histórico e as características xerais do ambiente e da silueta paisaxística. Non se permitirán modificacións de alineacións, alteracións da edificabilidade, parcelacións nen agregacións de inmóbeis, salvo que contribuan á conservación xeral do carácter do conxunto.

3. Conterá un catálogo exaustivo de todos os elementos que conforman o conxunto histórico, incluídos aqueles de carácter ambiental, sinalados con precisión nun plano topográfico, naqueles casos en onde fose preciso.

4. No planeamento recolleranse normas específicas para a protección do patrimonio arqueolóxico, que contemplarán, polo menos, a zonificación de áreas de fertilidade arqueolóxica, solucións técnicas e financeiras.

5. Na redacción do plano especial se contemplarán as instalacións eléctricas, telefónicas ou calquer outra, que deberán ir soterradas. As antenas de televisión, as pantallas de recepción de ondas e dispositivos similares situaranse en lugares que non prexudiquen a imaxe urbana ou do conxunto.Só se autorizarán aqueles rótulos que anuncien servizos públicos, os de sinalización e os comerciais, que serán armónicos co conxunto, ficando proibidos calquera outro tipo de anuncios ou rótulos publicitarios.

Artigo 47. Conxuntos históricos. Autorización de obras.

1. En tanto non se aprobe definitivamente a normativa urbanística de protección a que se fai referencia no artigo 45.1 da presente lei, a concesión de licenzas ou a execución das xa outorgadas antes da declaración de conxunto histórico precisará resolución favorábel da Consellería de Cultura. Non se admitirán modificacións nas alineacións e rasantes existentes, incrementos ou alteracións do volume, parcelacións nen agregacións e, en xeral, trocos que afecten á harmonía do conxunto.

2. Unha vez aprobado definitivamente o plano especial de protección, os concellos serán competentes para autorizar as obras que o desenvolven, incluídas as dos contornos dos monumentos declarados, debendo dar conta á Consellería de Cultura das licenzas concedidas nun prazo máximo de dez dias. En todo caso, as intervencións arqueolóxicas requerirán a autorización da Consellería de Cultura.

3. As obras que se realicen ao abeiro de licenzas contrarias ao plano especial aprobado serán ilegais e a Consellería de Cultura haberá de ordenar a súa reconstrución ou demolición con cargo ao Concello que as outorgase, sen prexuízo do disposto na lexislación urbanística.

Subsección 4ª. Rexime dos outros bens inmóbeis declarados

Artigo 48. Protección das outras clases de bens inmóbeis declarados.

1. Os sitios ou territorios históricos, as zonas arqueolóxicas e os lugares de interese etnográfico ordenaranse mediante planos especiais de protección ou outro instrumento de planeamento que cumpra as exixencias establecidas nesta lei.

2. Os xardins históricos e as zonas paleontológicas poderán ordenarse mediante as figuras de planeamento previstas na alínea anterior.

3. Calquera remoción de terras dunha zona arqueolóxica ou zona paleontolóxica haberá de ser autorizada pola Consellería de Cultura, con independencia de que exista ou non un instrumento urbanístico de protección.

Sección 3.ª Dos bens móbeis

Artigo 49. Definición.

Para os efeitos previstos nesta lei, ademais dos enumerados no artigo 335 do Código Civil, teñen a consideración de bens móbeis aqueles de carácter e valor histórico, tecnolóxico ou material, susceptíbeis de seren transportados, non estritamente consustanciais coa estrutura de inmóbeis, calquera que sexa o seu suporte material.

Artigo 50. Conservación.

1. A todos os bens que formen parte dun museo, colección visitábel ou fondos dun arquivo, así como a aqueles que integren o patrimonio bibliográfico de Galicia, lles será de aplicación o sistema de protección establecido na presente lei para os bens declarados de interese cultural.

2. Calquer modificación, restauración ou alteración de outro tipo sobre bens móbeis declarados requerirá autorización previa da Consellería de Cultura.

Artigo 51. Traslados.

1. O traslado de bens móbeis declarados comunicarase á Consellería de Cultura para a súa anotación no Rexisto de Bens de Interese Cultural, indicando a súa orixe e destino, e se aquel traslado se fai con carácter temporal ou definitivo.

2. Os bens móbeis que fosen recoñecidos como inseparábeis dun inmóbel declarado estarán sometidos ao destino de éste, e a súa separación, sempre con carácter excepcional, exixirá a previa autorización da Consellería de Cultura.

Capítulo III. Dos bens catalogados[editar]

Artigo 52. Da protección dos bens inmóbeis catalogados.

1. Os bens inmóbeis catalogados, así como o seu contorno, gozarán da protección prevista no artigo 17 da presente lei a través do correspondente catálogo, ao que haberá de se axustar a planificación territorial ou urbanística. A súa aprobación precisará o informe favorábel e vinculante da Consellería de Cultura.

2. Calquera intervención nun ben inmóbel catalogado e no seu contorno precisará a autorización previa da Consellería de Cultura. No caso de se tratar dun conxunto histórico con plano especial de protección, rexerá para o contorno o establecido no artigo 47.2 da presente lei.

3. A Consellería de Cultura poderá suspender cautelarmente calquera obra ou intervención non autorizada nun ben inmóbel catalogado para o cumplimento dos fins previstos na presente lei.

Artigo 53. Protección dos bens móbeis catalogados.

1. Calquera actuación sobre un ben móbel catalogado rexerase polo establecido no artigo 50.2 da presente lei.

2. Con carácter xeral, os bens móbeis catalogados poderán ser obxecto de comercio de acordo coas normas que regulamentariamente se establezan e en todo caso co previsto no artigo 29 da presente lei.

3. Para os efeitos da súa posíbel inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, os propietarios, os posuidores e as persoas ou entidades que exerzan habitualmente o comercio de bens móbeis haberán de comunicar á Consellería de Cultura a existencia dos mesmos antes de proceder á súa transmisión a terceiros, facendo constar o prezo convido ou valor de mercado, sempre que éste sexa igual ou superior ao disposto pola lexislación estatal.

Capítulo IV. Dos bens inventariados[editar]

Artigo 54. Protección.

Os bens inventariados a que se refire o artigo 22.1 gozarán dunha protección baseada en evitar a súa desaparición, e estarán baixo a responsabilidade dos concellos e da Consellería de Cultura, que haberá de autorizar calquera intervención que lles afecte.

Título III. Do patrimonio arqueolóxico[editar]

Artigo 55. Definición.

Integran o patrimonio arqueolóxico de Galicia os bens móbeis e inmóbeis de carácter histórico, susceptíbeis de seren estudados con método arqueolóxico, fosen ou non extraídos, e tanto se se atopan na superfície como no subsolo ou nas augas. Forman parte así mesmo deste patrimonio os elementos xeolóxicos e paleontológicos relacionados coa historia humana, as súas orixes, os seus antecedentes e o desenvolvimento sobre o medio.

Artigo 56. Bens arqueolóxicos de dominio público.

1. Para os efeitos da presente lei teñen a consideración de dominio público todos os obxectos e restos materiais de interese arqueolóxico descubertos como consecuencia de excavacións arqueolóxicas ou calquera outro traballo sistemático, remoción de terras, obras de calquera índole, ou de xeito casual.

2. A Consellería de Cultura deberá ordenar a execución de intervencións arqueolóxicas en calquera terreo público ou privado onde se constate ou presuma a existencia dun xacemento ou restos arqueolóxicos. Para efeitos da correspondente indemnización rexerá o disposto na lexislación vixente sobre expropiación forzosa.

3. Como medida precautoria, a Consellería de Cultura deberá ordenar o control arqueolóxico, entendido como a supervisión por un arqueólogo dun proceso de obras que afecten ou podan afectar a un espazo onde se presuma a existencia de restos arqueolóxicos. Se así fose, a Administración competente determinará se procede paralizar as obras ou remocións e ordenar algun tipo de intervención arqueolóxica.

Artigo 57. Actividades arqueolóxicas.

Será necesaria a autorización previa da Consellería de Cultura para a realización das seguintes actividades arqueolóxicas:

a) A prospección arqueolóxica, entendida como a exploración superficial e sistemática sen remoción,

tanto terrestre como subacuática, dirixida ao estudo e investigación para a detección de restos históricos ou paleontolóxicos, así como dos compoñentes xeolóxicos e ambientais relacionados cos mesmos. Isto engloba a observación e o recoñecemento sistemático de superfície e tamén a aplicación das técnicas que a arqueoloxía recoñece como válidas.

b) A sondaxe arqueolóxico, entendida como aquela remoción de terras complementaria da prospección,

encamiñado a comprobar a existencia dun xacemento arqueolóxico ou recoñecer a súa estratigrafía. Calquer toma de mostras en xacementos arqueolóxicos considerarase dentro deste apartado.

c) A escavación arqueolóxica, entendida como a remoción, no subsolo ou en medios subacuáticos, que

se realice a fin de descobrir e investigar toda clase de restos históricos ou paleontolóxicos relacionados cos mesmos.

d) O estudo da arte rupestre, entendida como o conxunto de tarefas de campo orientadas á investigación, á documentación gráfica por meio de calco e a calquera manipulación ou contacto co suporte dos motivos representados.
e) Os labores de protección, consolidación e restauración arqueolóxica, entendidos como as

intervencións en xacementos arqueolóxicos encamiñadas a favorecer a súa conservación e que, en consecuencia, permitan o seu desfrute e faciliten o seu acrescentamento.

f) A manipulación con técnicas agresivas de materiais arqueolóxicos.

Artigo 58. Urxencias arqueolóxicas.

1. As actuacións serán consideradas de urxencia cando exista risco de destrucción imediata do xacemento e se esgotasen todas as posibilidades para evitar a súa desaparición ou afectación.

2. A Consellería de Cultura, mediante procedimento simplificado, poderá ordenar ou autorizar a realización das intervencións necesarias sempre que concorran as circunstancias previstas na alínea anterior.

Artigo 59. Achados casuais.

1. Para os efeitos da presente lei, terá a consideración de achado casual a descoberta de obxectos e restos materiais que posúan os valores que son propios do patrimonio cultural galego e fosen descubertos por azar ou como consecuencia de calquera tip de remocións de terra, demolicións ou obras de calquer índole.

2. O descubridor dun ben que teña a consideración de achado casual haberá de comunicar imediatamente a súa descoberta á Consellería de Cultura.

3. En caso de bens móbeis, unha vez comunicada a descoberta, e até que os obxectos sexan entregados á Consellería de Cultura, se aplicarán ao descubridor as normas de depósito legal, salvo que os entregue nun museo público, instituición que haberá de o pór, así mesmo, en coñecemento da Consellería de Cultura, que decidirá a súa ubicación definitiva.

4. A Consellería de Cultura ou, no seu caso, os concellos respectivos poderán ordenar a interrupción imediata das obras no lugar obxecto dun achado casual, por un prazo máximo dun mes, a fin de levar a cabo os traballos arqueolóxicos que considerasen necesarios. A devandita paralización non comportará dereito a indemnización nengunha. En caso de o considerar necesario, poderá disporse a prórroga da suspensión das obras por tempo superior a un mes, ficando neste caso suxeitos ao disposto na lexislación vixente sobre expropiación forzosa.

Artigo 60. Dereito a premio. 1. O descubridor e o propietario do terreno en que se encontrase un achado casual terán dereito a perceber da Xunta de Galicia en conceito de premio unha cantidade igual á metade do valor que en taxación legal se atribúa, que se distribuirá entre eles a partes iguais. A valoración será realizada pola Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. No relativo a bens inmóbeis, estes non devengarán dereito a premio.

2. O incumprimento das obrigas previstas no artigo anterior privará ao descubridor e, no seu caso, ao propietario do terreno do dereito a premio, e os obxectos ficarán depositados no museo que determine a Consellería de Cultura, con independencia das sancións que procedan.

Artigo 61. Requerimentos e autorizacións.

1. Os requerimentos para realizar e dirixir as actividades arqueolóxicas axustaranse ao establecido regulamentariamente. Requerirase a apresentación dun proxecto que conteña un programa detallado e coerente, que acredite a conveniencia e interese científico da intervención e avale a idoneidade técnica do arqueólogo director. Así mesmo as solicitudes apresentadas por persoas físicas estranxeiras haberán de estar avaladas por unha instituición científica en materia de arqueoloxía radicada no seu país.

2. As solicitudes haberán de se acompañar da autorización do propietario do terreno.

3. Na resolución pola que se concede a autorización se indicarán as condicións a que han de se ater os traballos así como o museo en que haberán de se depositar os materiais e a documentación escrita ou gráfica complementaria correspondiente, e concederase sen prexuízo doutras autorizacións ou licenzas que fosen necesarias por aplicación da lexislación urbanística.

4. A responsabilidade polos danos e perdas que pudesen resultar da execución de actuacións arqueolóxicas recairá sobre o solicitante da autorización para a realización dos mesmos e, no seu caso, sobre outros posíbeis implicados.

Artigo 62. Responsabilidade na dirección e destino dos achados arqueolóxicos.

1. O arqueólogo director dos traballos asumirá persoalmente a dirección dos mesmos.

2. Os bens materiais procedentes das actuacións arqueolóxicas autorizadas, así como toda a documentación escrita e gráfica que permita o adecuado tratamento museográfico dos fondos, haberán de ser depositados nos museos que designe a Consellería de Cultura. Até que os obxectos sexan entregados en ditos centros, serán de aplicación ao titular da autorización as normas de depósito legal.

3. Unha vez depositados os materiais e apresentada a memoria correspondente a cada actuación, estes ficarán á disposición do público en xeral, co fin de facilitar outros estudos e investigacións.

Artigo 63. Intervencións arqueolóxicas por obras en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados.

1. Cando, como requisito previo para a realización de calquer tipo de obra que afecte a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, a Consellería de Cultura ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, o promotor apresentará un proxecto arqueolóxico de acordo co que se establece no artigo 61 da presente lei.

2. Se se trata dun particular, a Consellería de Cultura colaborará na financiación do custo da execución do proxecto. Se o promotor da obra é unha Administración pública ou concesionario, o custe das intervencións arqueolóxicas será asumido integramente pola entidade promotora.

Título IV. Do patrimonio etnográfico[editar]

Artigo 64. Definición.

Integran o patrimonio etnográfico de Galicia os lugares e os bens móbeis e inmóbeis así como as actividades e coñecementos que constituan formas relevantes ou expresión da cultura e modos de vida tradicionais e propias do povo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais.

Artigo 65. Protección dos bens inmateriais.

Teñen valor etnográfico e gozarán de protección aqueles coñecementos, actividades, práticas, saberes e calquer outra expresión que procedan de modelos, técnicas, funcións e crenzas propias da vida tradicional galega. Cando estexan en previsíbel perigo de desaparición, perda ou deterioración, a Consellería de Cultura promoverá e adoptará os medidas oportunas conducentes ao seu estudo, documentación científica e à súa recollida por calquer medio que garanta a súa transmisión e posta en valor.

Artigo 66. Bens inmóbeis de carácter industrial.

A todos os bens de carácter etnográfico que constitúan restos físicos do pasado tecnolóxico, produtivo e industrial galego que sexan susceptíbeis de seren estudados con metodoloxia arqueolóxica lles será de aplicación o disposto nesta lei para o patrimonio arqueolóxico.

Título V. Dos museos[editar]

Artigo 67. Definición e funcións dos museos.

1. Os museos son institucións de carácter permanente, abertas ao público e sen finalidade de lucro, orientadas á promoción e ao desenvolvimento cultural da comunidade en xeral, por meio da recollida, adquisición, inventario, catalogación, conservación, investigación, difusión e exibición, de forma científica, estética e didáctica, de conxuntos e coleccións de bens patrimoniais de carácter cultural que constituen testemuños das actividades do ser humano ou do seu contorno natural, con fins de estudo, educación, desfrute e promoción científica e cultural.

2. Son funcións dos museos:

a) A conservación, catalogación, restauración e exibición ordenada das coleccións.
b) A investigación no ámbito das súas coleccións, da súa especialidade ou do seu respectivo contorno

cultural.

c) A organización periódica de exposicións científicas e divulgativas de carácter temporal.
d) A elaboración e publicación de catálogos e monografías dos seus fondos.
e) O desenvolvimento dunha actividade didáctica respecto aos seus contidos.
f) Calquer outra función que nas súas normas estatutarias ou por disposición legal ou regulamentaria se lles encomende.

Artigo 68. Colección visitábel.

Aquela colección que non reúna todas as características e condicións que constitúen os requerimentos necesarios para o seu recoñecemento como museo se cualificará como colección visitabel sempre que os seus titulares faciliten, mediante un horario accesíbel e regular, a visita pública e o acceso dos investigadores, gozando os seus fondos das atencións básicas que garantan a súa custodia e conservación.

Artigo 69. Criación e regulamentación.

1. A criación, autorización e cualificación dun museo ou dunha colección visitábel farase por acordo do Consello dá Xunta, e nel delimitarase o seu ámbito territorial e contido temático.

2. Os organismos públicos e as persoas físicas ou xurídicas interesadas na criación de museos ou coleccións visitábeis promoverán perante a Consellería de Cultura a iniciación do oportuno expediente, no que se incorporará a documentación e o inventario sobre os fondos e patrimonio con que conta o promotor, así como o programa e proxecto museográfico, que incluirá un estudo das instalacións, medios e persoal, da forma que regulamentariamente se determine.

3. Criase na Consellería de Cultura un rexisto xeral administrativo no que se inscreberán os museos e coleccións autorizadas en virtude do disposto na presente lei, e no que se fará constar a calificación e a delimitación establecidas para cada centro.

4. Corresponde á Consellería de Cultura, a través dos seus órgaos específicos, a regulamentación, inspección e control de todos os museos e coleccións visitábeis de Galicia.

Artigo 70. Sistema galego de museos.

1. Constitúe o sistema galego de museos a estrutura organizativa e funcional que regula a integración dos centros e redes museísticas de Galicia nun programa de vínculos institucionais que articulen de forma operativa a xestión cultural e científica dos museos da Comunidade Autónoma. Os seus órgaos reitores e o seu funcionamento estableceranse pola Consellería de Cultura.

2. Forman parte do sistema galego de museos todos os museos e coleccións visitábeis que se atopen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 71. Rede de museos.

Para os efeitos da presente lei, enténdese por rede de museos a trama diversa de titularidades, ámbitos territoriais ou contidos temáticos que afectan aos diferentes museos e coleccións de Galicia, e será establecida pola Consellería de Cultura.

Artigo 72. Instrumentos e medios dos museos.

Todos os museos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia contarán con un rexisto para o tratamento administrativo dos fondos, que se reflectirá nun libro de inscrición. Do mesmo modo contarán con un inventario e un catálogo para o tratamento técnico-científico e a identificación, control, estudo e difusión do patrimonio móbel albergado nos mesmos. Todos os museos integrados no sistema galego contarán cos medios humanos e técnicos suficientes para poderen desenvolver as súas funcións de acordo coa estructuración en áreas e dotacións que regulamentariamente se establezan.

Artigo 73. Acceso aos museos.

1. A Consellería de Cultura promoverá e garantirá o acceso de todos os cidadáns aos museos públicos sen prexuízo das restricións que, por causa da conservación dos bens custodiados nos mesmos, podan establecerse.

2. A Consellería de Cultura establecerá as condicións que rexerán o acceso e a visita pública aos museos do sistema galego e, de acordo cos titulares das diferentes redes, a outros museos e coleccións visitabeis, e regulará os horarios de apertura ao público, para facilitar o coñecemento e desfrute das bens culturais expostos nas mesmas, ou para a súa investigación, conforme os obxectivos e funcións determinados nesta lei.

Vid. o Decreto 320/1992, do 12 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos percebidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica (DOG nº 231, do 26 de novembro), modificado polo Decreto 295/1994, do 30 de setembro (DOG nº 199, do 14 de outubro). Lémbrese asemade que a Lei 5/1996, do 6 de xuño, sobre acceso ao contorno das persoas con deficiencias visuais (DOG nº 119, do 18 de xuño) establece no seu artigo 6 que os museos, as salas de exposicións e conferencias deben garantir o acceso das persoas con deficiencias visuais que vaian acompañados de cans-guieiro, sempre que cumpran as condicións previstas nesta Lei.

Artigo 74. Reproducións.

1. A Consellería de Cultura, respecto aos museos do sistema galego, establecerá as condicións para autorizar a reprodución por calquera procedimento dos obxectos custodiados nos mesmos.

2. Toda reprodución total ou parcial con fins de explotación comercial ou de publicidade de fondos pertencentes a coleccións de museos de titularidade estatal xestionados ou de titularidade autonómica haberá de ser formalizada mediante convenio entre as administracións implicadas.

Título VI. Do patrimonio bibliográfico[editar]

Artigo 75. Definición.

1. Constitúen o patrimonio bibliográfico de Galicia os fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas, e as obras literárias, históricas, científicas ou artísticas, impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas e magnéticas, de carácter unitario ou seriado, en calquer tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa criación ou reprodución, das cais non conste a existencia de polo menos tres exemplares en bibliotecas ou servizos públicos.

2. Así mesmo, forman parte do patrimonio bibliográfico de Galicia as obras con mais de cen anos de antiguidade, incluídos os manuscritos, así como os fondos que por algunha circunstancia formen un conxunto unitario, independentemente da antigüidade das obras que o conforman.

Título VII. Do patrimonio documental e dos arquivos[editar]

Artigo 76. Definición.

1. Constitúen o patrimonio documental de Galicia todos os documentos, fondos e coleccións de calquer época, reunidos ou non en arquivos existintes en Galicia e fóra dela, procedentes das persoas ou institucións de carácter público e privado, que se consideren integrantes del no presente título.

2. Enténdese por documento, para os efeitos da presente lei, todo testemuño de funcións e actividades humanas recollido nun suporte perdurábel e expresado en linguaxe oral ou escrita, natural ou codificada. Exclúense os exemplares non orixinais de obras editadas ou publicadas.

3. Enténdese por arquivo o conxunto orgánico de documentos producidos ou acumulados polas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, no exercicio das súas funcións e actividades, e conservados como testemuño e garantía dos dereitos e deberes da Administración e dos cidadáns e como fonte de información xeral para a xestión administrativa e para todo tipo de investigación. Esta noción corresponde tamén á do fondo do arquivo. Igualmente, enténdese por arquivo a institución que reúne, custodia, comunica e difunde os fondos de arquivo e as coleccións documentais por medio dos métodos e técnicas que lle son propios.

4. Enténdese por colección documental, para os efeitos da presente lei, o conxunto non orgánico de documentos reunido artificialmente en función de criterios subxectivos ou de conservación.

Artigo 77. Contido do patrimonio documental.

1. Integran o patrimonio documental de Galicia:

a) Os documentos de calquer época xerados, conservados ou reunidos no exercicio da súa función por

calquer organismo de carácter público existente en Galicia, asi como por persoas privadas, físicas ou xurídicas, xestoras de servizos públicos.

b) Os documentos con unha antigüidade superior aos corenta anos xerados, conservados ou reunidos no

exercicio das súas actividades polas entidades e instituicións de carácter público, sindical ou relixioso e polas entidades, fundacións e asociacións culturais e educativas de carácter privado.

c) Os documentos con unha antiguidade superior aos cen anos xerados, conservados ou reunidos por

calquera outra entidade ou persoa física.

2. A Consellería de Cultura poderá declarar constitutivos do patrimonio documental de Galicia aquelos documentos que, sen atinxir a antigüidade indicada nas alíneas anteriores, merezan esa consideración.

Artigo 78. Sistema de arquivos de Galicia.

1. O sistema de arquivos de Galicia se configura como o conxunto de órgaos, centros e servizos encarregados da protección, custodia, enriquecemento, comunicación e difusión do patrimonio documental de Galicia. Os seus órgaos reitores e o seu funcionamento estableceranse regulamentariamente pola Consellería de Cultura.

2. Todos os arquivos integrados no sistema galego contarán cos meios humanos e técnicos suficientes para poder cumprir as súas funcións propias establecidas na presente lei.

Artigo 79. Rede de arquivos.

Para os efeitos da presente lei, enténdese por rede de arquivos a trama diversa de titularidades ou ámbitos territoriais que afecten aos diferentes arquivos de Galicia, e será establecida regulamentariamente pola Consellería de Cultura.

Artigo 80. Ciclo vital dos documentos.

1. A Consellería de Cultura regulará o ciclo vital dos documentos das distintas administracións públicas de Galicia, asi como a circulación de documentos, as transferencias e a selección das mesmas, a súa valoración e a posterior destrucción dos non chamados á conservación permanente.

2. Os documentos dos arquivos integrados no sistema de arquivos de Galicia serán obxecto da pertinente selección para, unha vez finalizado o prazo de vixencia administrativa, determinar a súa eliminación ou, pola contra, a súa conservación definitiva nun arquivo, de acordo cos seus valores administrativos, xurídicos, históricos e legais.

3. Baixo nengun conceito poderán destruirse documentos en tanto subsista o seu valor probatorio de dereitos e obrigas das persoas e dos entes públicos.

Artigo 81. Circulación dos documentos.

1. O procedimento para o caso de entradas extraordinarias de documentos por calquer título nalgún dos arquivos do sistema e a súa adscrición en cada caso ao mais axeitado serán establecidos regulamentariamente.

2. A saída dos documentos depositados nestes arquivos haberá de se comunicar á Consellería de Cultura como órgao competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Artigo 82. Acceso á documentación.

Todas as persoas teñen dereito á consulta dos documentos constitutivos do patrimonio documental de Galicia e á obtención de información sobre o contido dos mesmos, dacordo coa lexislación aplicábel na materia.

Título VIII. Das medidas de fomento[editar]

Artigo 83. Normas xerais.

1. As axudas das administracións públicas para a investigación, documentación, conservación, recuperación, restauración e difusión dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia concederanse dacordo cos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade e dentro das previsions presupostarias.

2. No outorgamento das medidas de fomento a que se refere este título, se fixarán as garantías necesarias para evitar a especulación con bens que se adquiran, conserven, restauren ou melloren con axudas públicas.

3. As persoas e entidades que non cumpran o deber de conservación establecido por esta lei non poderán acollerse ás medidas de fomento.

4. A Xunta de Galicia pode propiciar a participación de entidades privadas e de particulares na financiación das actuacións de fomento a que se refere este título. Se se tratase dun particular, a Consellería de Cultura poderá colaborar na financiación do custo da execución do proxecto, establecéndose a porcentaxe e as fórmulas de colaboración convenientes.

5. Cando se trate de obras de reparación urxente, a Consellería de Cultura poderá conceder unha axuda con carácter de anticipo reintegrábel que será inscrita no Rexisto Xeral de Bens de Interese Cultural, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia ou no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, segundo corresponda, e en caso de se tratar de bens inmóbeis, no Rexisto da Propiedade, nos termos que se establezan.

Todas as convocatorias de axudas haberán de se acomodar ás prescricións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o rexime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238, do 11 de decembro), así como ao artigo 78 do Decreto Lexislativo 1/1999, polo que se aprobou a Lei de rexime financieiro e orzamentario da Comunidade Autónoma.

Artigo 84. Investigación, conservación e difusión.

A Xunta de Galicia facilitará a financiación da conservación, acrescentamento e reabilitación, asi como as actividades de estudo e difusión do seu patrimonio cultural, dando prioridade en todo caso a aquel que estexa declarado de interese cultural ou catalogado.

Artigo 85. Adquisición.

A Xunta de Galicia poderá adoptar as medidas necesarias para a financiación da adquisición de bens declarados de interese cultural e catalogados, a fin de os destinar a un uso xeral que segure a súa protección. Así mesmo, adoptará as medidas necesarias para que tais bens teñan acceso preferente ao crédito oficial.

Artigo 86. Investimentos culturais.

1. Para os efeitos de concretar as obrigas establecidas nesta lei, destinarase un mínimo do 0,15% dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma para fins de conservación, restauración e reabilitación do patrimonio cultural de Galicia, que será xestionado pola Consellería de Cultura.

2. Os investimentos culturais que o Estado faga en Galicia en aplicación do 1% cultural determinado pola Lei do patrimonio histórico español se farán con informe previo da Consellería de Cultura sobre os sectores e ámbitos culturais que se consideren prioritarios en cada momento.

Artigo 87. Pagamentos con bens culturais.

O pagamento de tributos con bens do patrimonio cultural de Galicia nos impostos de sucesións e doazóns, e nos do patrimonio, levarase a cabo a través do rexime previsto na lexislación estatal. Artigo 88. Beneficios fiscais.

Os bens declarados de interese cultural gozarán dos beneficios fiscais que estableza a lexislación correspondente.

Título IX. Do réxime sancionador[editar]

Artigo 89. Infraccións. Clases.

1. Constitúen infraccións administrativas en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia as accións ou omisións que supoñan incumprimento das obrigas establecidas nesta lei.

2. As infraccións en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia se clasificarán en leves, graves e moi graves.

Artigo 90. Infraccións leves.

Constituen infraccións leves:

a) A simple falta de notificación á Consellería de Cultura de actos ou traslados que afecten aos bens inscritos no Rexisto de Bens de Interese Cultural ou incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.
b) A obstrucción da capacidade de inspeccionar que ten a Administración sobre os bens do patrimonio

cultural de Galicia, salvo os bens declarados de interese cultural.

c) O incumprimento do deber de permitir o acceso dos investigadores aos bens declarados de interese

cultural, catalogados ou inventariados.

d) O incumprimento de calquer obriga de carácter formal contida nesta lei.
e) O outorgamento de licenzas municipais sen a autorización preceptiva da Consellería de Cultura para obras en bens inventariados, incluído o seu contorno.
f) O contravimento da suspensión de obras acordada pola Consellería de Cultura.
g) A realización de calquer intervención nun ben inventariado sen a preceptiva autorización da

Consellería de Cultura.

Artigo 91. Infraccións graves.

Constitúen infraccións graves:

a) Non pór en coñecemento da Consellería de Cultura, nos termos fixados no artigo 27, a transmisión

onerosa da propiedade ou de calquer dereito real sobre bens declarados de interese cultural.

b) A obstrucción á faculdade de inspeccionar que ten a Administración sobre os bens declarados de

interese cultural.

c) O incumprimento do deber de conservación dos propietarios ou posuidores de bens declarados de

interese cultural.

d) A inobservancia do deber de levar o libro de rexisto a que fai referencia o artigo 29.1, así como a omisión ou inexactitude de dados que deben constar no mesmo.
e) A retención ilícita ou o depósito indebido de documentos obxecto de protección nesta lei.
f) A separación non autorizada de bens móbeis vinculados a bens inmóbeis declarados de interese

cultural.

g) O incumprimento das obrigas de comunicación da descoberta de restos arqueolóxicos e da entrega

dos bens achados.

h) A realización de calquer intervención nun ben declarado ou catalogado sen a preceptiva autorización da Consellería de Cultura.
i) O incumprimento da suspensión de obras con motivo da descoberta de restos arqueolóxicos e das

suspensións de obras lembradas pola Consellería de Cultura.

j) O outorgamento de licenzas municipais sen a autorización preceptiva da Consellería de Cultura, para obras en bens declarados ou catalogados, incluído o seu contorno, ou aquelas outorgadas que

contraviñesen o especificado nos planos especiais de protección e o contravimento establecido no apartado 2 do artigo 47 da presente lei.

k) A realización de actividades arqueolóxicas sen a preceptiva autorización da Consellería de Cultura, ou as realizadas contravindo os termos en que foi concedida ésta.
l) Non pór en coñecemento da Consellería de Cultura a realización de poxas que afecten aos bens

integrantes do patrimonio cultural de Galicia, salvo os bens declarados de interese cultural.

m) O incumprimento dos deberes establecidos no artigo 29.1 para os comerciantes de bens integrantes

do patrimonio cultural de Galicia.

Artigo 92. Infraccións moi graves.

Constitúen infraccións moi graves:

a) O derrubamento ou a destrucción total ou parcial de inmóbeis declarados bens de interese cultural

sen a preceptiva autorización.

b) A destrucción de bens móbeis declarados de interese cultural ou catalogados.
c) Todas aquelas accións ou omisións que conleven a perda, destrucción ou deterioro irreparábel dos

bens declarados de interese cultural ou catalogados.

Artigo 93. As infraccións en función do dano causado.

Considéranse como infraccións leves, graves ou moi graves, en función do dano potencial ou efectivo ao patrimonio cultural de Galicia:

a) O troco de uso en monumentos sen a previa autorización da Consellería de Cultura.
b) A realización de obras con remoción ou demolición nun lugar en que se realizase un achado casual.
c) A utilización sen a debida autorización de sistemas, técnicas e métodos de detección de bens

integrantes do patrimonio cultural, tanto no chan como no subsuelo, en medio terrestre ou acuático.

Artigo 94. Responsabilidade.

Serán responsábeis das infraccións previstas na presente lei:

a) Os considerados de acordo coa lexislación penal como autores, cúmplices ou encobridores, asi como

os que contraveñan as obrigas que establece esta lei, para obter un beneficio.

b) Os promotores das intervencións ou obras que se realicen sen autorización ou incumprindo as

condicións da mesma.

c) O director das intervencións ou obras que se realicen sen autorización ou incumprindo as condicións da mesma.
d) Os funcionarios ou responsábeis das administracións públicas que por acción ou omisión permitan as infraccións.

Artigo 95. Sancións. Clases.

1. Nos casos en que o dano causado ao patrimonio cultural de Galicia poda ser valorado, a infracción será sancionada con multa de tanto ao cuádruplo do valor do dano causado.

2. Nos demáis casos procederán as seguintes sancións:

a) Infraccións leves: sanción de até 10.000.000 de pesetas.
b) Infraccións graves: sanción desde 10.000.001 pesetas até 25.000.000 de pesetas.
c) Infraccións moi graves: sanción desde 25.000.001 pesetas.

3. Sen prexuízo do disposto nas alineas anteriores, a cuantía da sanción non poderá ser en caso nengún inferior ao benefício obtido como resultado da actuación infractora.

4. A gradación das multas realizarase en función da gravidade da infracción, das circunstancias atenuantes ou agravantes que concorran, da importancia dos bens afectados, das circunstancias persoais do sancionado, do prexuízo causado ou que pudese causarse ao patrimonio cultural de Galicia e do grau de malícia do interveniente.

5. As multas que se impoñan a distintos suxeitos como consecuencia dunha mesma infracción terán carácter independente entre si.

Artigo 96. Órgaos competentes.

1. A competencia para a imposición das sancións previstas no artigo anterior corresponde:

a) Ao director xeral do Patrimonio Histórico e Documental: sancións de até 10.000.000 de pesetas.
b) Ao conselleiro de Cultura: sancións comprendidas entre 10.000.001 pesetas e 25.000.000 de pesetas.
c) Ao Consello da Xunta de Galicia: sancións superiores a 25.000.001 pesetas.

2. A Consellería de Cultura, sen prexuízo do disposto no presente artigo, emprenderá perante os órganos xurisdicionais competentes as accións penais que correspondesen polos actos delictuosos en que pudesen incorrer os infractores.

Artigo 97. Procedemento.

1. A iniciación do procedimento sancionador, sen prexuízo da superior autoridade do conselleiro, realizarase por resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, de oficio ou logo de denuncia de parte.

2. A tramitación do expediente sancionador, no que, en todo caso, se dará audiencia ao interesado, rexerase polo disposto no título IX da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo comun, e na súa normativa de desenvolvimento.

Artigo 98. Reparación e decomiso.

1. As infraccións das que se deriven danos ao patrimonio cultural de Galicia conlevarán, sempre que sexa posíbel, a obriga de reparación e restitución das cousas ao seu debido estado, asi como, en todo caso, a indemnización dos danos e perdas causados.

2. En caso de incumprimento de dita obriga, a Consellería de Cultura realizará, sempre que sexa posíbel, as intervencións reparadoras necesarias a cargo do infractor.

3. O órgao competente para impor unha sanción poderá adoptar como medida cautelar o decomiso dos materiais e utensilios empregados na actividade ilícita, asi como lembrar o depósito cautelar dos bens integrantes do patrimonio cultural que se achen en posesión de persoas que se dediquen a comerciar con eles se non poden acreditar a súa adquisición lícita.

Artigo 99. Prescrición.

As infraccións administrativas do disposto na presente lei prescreberán aos dez anos de se cometeren ou descubriren no caso das moi graves, e aos cinco anos nos demáis supostos.

Disposicións adicionais[editar]

Primeira[editar]

Todos aqueles bens móbeis e inmóbeis sitos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que fosen declarados de interese cultural con anterioridade á entrada en vigor desta lei pasarán a ter a consideración de bens de interese cultural e ficarán sometidos ao mesmo rexime xurídico de protección aplicábel a estes.

Segunda[editar]

En virtude desta lei inclúense no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia todos aqueles bens recollidos nos catálogos das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, aprobadas pola Orde da Consellería de Ordenación do Território e Obras Públicas de 3 de abril de 1991, asi como os contidos nos catálogos de calquer outra figura de planeamento.

As normas complementares e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra foron aprobadas por Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas de 3 de abril de 1991, publicada no DOG nº 72, do 16 de abril de 1991. O texto íntegro das normas foi publicado nos DOG nº 116, do 19 de xuño, nº 117, do 20 de xuño, nº 132, do 11 de xullo, nº 133 do 12 de xullo, nº 134 do 15 de xullo, e DOG nº 135, do 16 de xullo. As correccións de erros foron publicadas nos DOG nº 142, do 26 de xullo, e nº 193, do 7 de outubro.

No artigo 18 se prevía que “ Todos aqueles usos ou construcións enumerados no artigo 178 da Lei do Solo, que pretendan realizarse dentro das áreas de protección establecidas por estas normas, terán que harmonizar coas características dos elementos patrimoniais ou valores que se traten de protexer. A tal efeito, a Comisión Provincial de Patrimonio emitirá informe previa à obtención de licencia municipal, que terá carácter vinculante respeito das condicións físicas que sexan requeridas para garantir a devandita harmonización, cando se tratar de áreas incluidas na protección do patrimonio ”.

O artigo 178.1 da Lei do Solo, pola súa parte, sometía a licencia “os actos de edificación e uso do solo, tais como as parcelacións urbanas, os movimentos de terra, as obras de nova pranta, modificación de estrutura ou aspecto exterior das construcións existentes, a primeira utilización dos edificios e as modificacións do uso dos mesmos, a demolición de construcións, a colocación de cartaces de propaganda visíbeis desde a vía pública e os demáis que sinalen os Planos. Cando os actos de edificación e uso do solo se realizasen por particulares en terreos de dominio público, exixirase tamén licencia, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexa pertinente outorgar por parte do ente titular do dominio público ”.

No artigo 30 das Normas complementarias e subsidiarias se recollen as prescricións referidas às denominadas ordenanzas de solo non urbanizábel de protección do patrimonio:

“1. Ambito de aplicación.

a) Comprende os terreos afectados pola protección do patrimonio histórico-artístico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico e cultural.

b) No anexo III destas normas inclúese unha relación deste patrimonio na que, ademáis de recoller os monumentos declarados polos distintos organismos, especifícanse os máis significativos en cada termo municipal, aos que se engadirán os que figuren recollidos en calquer instrumento de planeamento municipal vixente e que non se relacionen, así como aqueloutros que se inclúan no inventario a realizar polo órgao competente da Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia.

2. Areas de protección.

Entanto non se redacte o planeamento correspondente, dentro das áreas de protección que a continuación se sinalan, será preciso informe previo da Comisión Provincial de Patrimonio, que terá carácter vinculante, para a realización de calquera das actividades enumeradas no artigo 178 da Lei do Solo. As areas de protección para os elementos pontuais, dentro das cais é necesario o informe antes sinalado, estarán constituidas por unha franxa de profundidade medida desde o elemento ou vestixio máis exterior do ben que se protexe de

a) 50 metros, cando se trate de elementos etnográficos inventariados (hórreos, palomares, cruceiros e petos, fornos, feiras, moíños, etc.)
b) 100 metros, cando se trate de elementos de arquitectura relixiosa (mosteiros, conxuntos parroquiais, igrexas, capelas, santuarios, cimeterios, etc.), arquitectura civil (pazos, casas solariegas, edificios sinalados, vías romanas, pontes, fontes, pesquerías, etc.) e arquitectura militar (castelos, baterías, murallas, etc.).
c) 200 metros, cando se tratar de restos arqueolóxicos (mámoas, dolmes, petroglifos, castros, etc.)

Cando varios elementos singulares se artellen nun conxunto, a área de influencia trazarase apartir dos elementos máis exteriores do conxunto, abranguendo a totalidade de aquel. Nas solicitudes de licencia para a realización de edificacións ou actividades situadas dentro destas franxas, aportarase a información cartográfica e fotográfica precisa para determinar o impacto que producirá a mesma sobre o ben protexido.

3. Camiño de Santiago.

As disposicións específicas de protección establecidas nos Decretos 224/1962, de carácter estatal, e 414/1986, da Xunta de Galicia, aplicaranse nos seguintes concellos:

Provincia de A Coruña: Melide, Arzúa, O Pino, Santiago de Compostela.

Provincia de Lugo: Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei.

Ata a aprobación do planeamento específico para a protección do Camiño de Santiago, o trazado do mesmo coñecido como o Camiño Francés e o seu entorno será considerado como un conxunto inventariado, aos efeitos de aplicación destas normas, sinalándose unha franxa de protección de 100 metros.”

O Anexo III recolle o Inventario do Patrimonio Cultural, que se divide por provincias e en dous bloques: no primeiro recóllese a relación dos bens culturais – conxuntos e monumentos – que están protexidos mediante unha declaración aprobada pola administración competente, ou cuxa tramitación se encontraba en 1991 en fase de tramitación. No segundo, e por orde alfabética, se inclúe o Inventario do Patrimonio Historico-Artístico de cada Concello.

Terceira[editar]

A Consellería de Cultura promoverá a preparación adecuada dos funcionarios encarregados da administración e custodia do patrimonio cultural de Galicia.

Cuarta[editar]

O coñecemento do patrimonio cultural de Galicia será valorizado dentro do sistema educativo obligatorio, nos seus diferentes níveis.

Quinta[editar]

A cuantía das sancións previstas nesta lei haberá de actualizarse por Decreto da Xunta de Galicia, de acordo co índice de prezos ao consumo.

Sexta[editar]

1. Para o exercicio da actividade de vixilancia e inspección do patrimonio cultural créase, dentro do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, a escala de vixilancia e inspección do patrimonio cultural de Galicia, cuxa estructura, dependencia e funcionamento orgánico serán establecidos regulamentariamente.

2. A titulación deberá ser de arquitecto superior, licenciado en xeografía e historia ou en historia (arqueólogo), licenciado en historia da arte ou licenciado en humanidades. O sistema de selección será por concurso-oposición, sendo as súas funcións:

a) Vixilancia do cumprimiento da ordenación urbanística municipal a través dos planos de ordenación e planos operativos no que se refire ao patrimonio cultural de Galicia.
b) Comprobación do cumprimento das normas, resolucións e ditames emanados da autoridade

competente en materia de protección do patrimonio cultural.

c) Control dos obrigatorios libros de rexistro, nos que han de constar as transaccións realizadas polas persoas e entidades dedicadas ao comercio de bens integrantes do patrimonio cultural.
d) Todas aquelas outras que por disposición legal ou reglamentaria podan serlle atribuidas.

Esta redacción da disposición sexta foi dada polo artigo 14 da Lei 7/2002, de 27 de decembro.

Disposicións transitorias[editar]

Primeira[editar]

A tramitación e os efeitos dos expedientes de declaración de bens de interese cultural incoados con anterioridade á entrada en vigor da presente lei ficarán sometidos ao disposto por ésta.

Segunda[editar]

Cando, á entrada en vigor desta lei, o contorno dun inmóbel catalogado non estexa delimitado por unha figura de planeamento, será determinado pola Consellería de Cultura, de acordo coa incidencia do ben nas áreas afectadas polo mesmo. En todo caso, terase en conta a lexislación xeral aplicábel.

Disposición derogatoria[editar]

Fican derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta lei.

Disposicións finais[editar]

Primeira[editar]

Autorízase ao Consello da Xunta para ditar as normas necesarias para o desenvolvimento e execución desta Lei.

Segunda[editar]

A presente Lei entrará en vigor ao dia seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».


PD-icon.svg Esta obra está no dominio público, porque o "Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia" establece: "Artigo 13. Exclusións. Non son obxecto de propiedade intelectual as disposicións legais ou regulamentarias e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos xurisdicionais e os actos, acordos, deliberacións e ditames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores."