Saltar ao contido

Composicións galegas

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Composicións galegas       Diego Antonio Cernadas y Castro      
 





1

Ronca del río Miño

Cando tanta festa fan
-¡miña nai, como se roxe!-
a esta nova fonte de hoxe,
¿que será de ti, Miñán?
Tempos vén e tempos van,
cae Miñán quen subeu onte;
póñase ben alta a fonte,
que non é, por máis que o pense,
para beixarme en Ourense
no ollo da miña ponte.
(1755)


2

Befa do río da Chanca desairado da fonte nova

Vendo o posto alto, que atranca
a fonte do Castiñeiro,
sae a opoñerse un regueiro
á carreira, dando aa Chanca
coa cobiza, con que arranca
furou, volveu e tornou,
mais, por máis que andou e andou,
nada fixo coa súa aquela,
que o bispo votou por ela
e a fonte aa praza levou.
(1755)


3

Desengano ao pozo da Pinguela

Si unha pingola querían
de ti, pozo da Pinguela,
os que ardían máis por ela
sempre en valde cha pedían:
postos nas cordas se vían,
porque unha gota lles deras;
mais agora en valde esperas,
non che queren a que tes
aunque de valde lla des,
porque cha ten de Valderas.
(1755)


4

En elogio del Ilustrísimo Señor Garrido, obispo de Córdoba, natural del lugar de Berdusido en el Reino de Galicia

Copla gallega vulgar de las que en aquel idioma se llaman cantigas

Berdusido, Berdusido,
con todos teus arredores,
non te chames Berdusido,
chámate xardín de frores.

GLOSA

Berdusido, anque un lugar
fuche sempre de proveito,
hoxe con mellor dereito
te podes de eso alabar:
moito che tén que envexar
as terras de este partido,
pois un fillo teu querido
un ser tan novo che dá,
que non parece que é xa
Berdusido, Berdusido.

¿Canto outras terras, que ves,
que dan bo trigo e bo millo,
darían por ter un fillo
Garrido como ti tes?
Excusas máis corrachés
e xoeles para pores
raia entre as terras mellores,
porque ningunha acharás
tan guapa como hoxe estás
con todos teus arredores.

Tendo, pois, por fillo un home
de tan gran merecemento,
o seu nobre nacemento
basta para darche nome:
xa ninguén na boca tome
que non es moi coñecido
lugar, pois si o teu Garrido
fruxe do teu terrón é;
non hai razón para que
non te chames Berdusido.

Eu vexo que ese siñor
é das virtús un tesouro
e de Galicia unha fror:
tenlle ós probes moito amor,
é moi sabio entre os doutores,
é un bispo dos mellores;
é pois no terruño teu
tal ramallete naceu,
chámate xardín de frores.


5

A D. Manuel de Arcos, natural de Galicia y vecino de Madrid

Se pudera darche os tranchos
que eu sin dentes mamo acá,
meu Arcos, ben craro está
que che virían moi anchos.
Por alá componse os panchos
de menestra, ensaladiña,
sorbetes e garapiña;
mais eu, posto en donde estou,
por canto hai alá non dou
o rabo dunha sardiña.


6

Brindis paisano, remate de los demás

Eu non sei qué hei de facer:
si Raxoi e Riomol son
gallegos, ¿por eso non
nos habemos de entender?
Eso en verdá no ha de ser;
na voz paisana un cariño
lles hei de fazer; o viño
corra, e brindo de contado:
¡viva o siñor afillado!;
¡vítor ó siñor padriño!


7

A la misma señora [Marquesa de Camarasa], en lengua gallega

Coo desexo de acordarvos
que en Galicia o seu funduxe
ten a vosa nobre fruxe,
vou en gallego a falarvos.
De esto non hai que estrañarvos;
antes ben, facendo gala
de esta nación, estimala,
e si, porque moito dista,
non a conocés de vista,
conocédea pola fala.

O que no meu peito pasa
decervos quixera agora,
miña moi nobre siñora
Marquesa de Camarasa.
Mais si ha de ser pola tasa
do meu reconocemento,
non é posibre o que intento,
pois para eso, a ben ser,
me facía falla ter
todo o voso entendemento.

Si, miña señora, o meu
é moi cativo e minguado,
con que non pode o coitado
dar máis do que ten de seu.
Por un ninguén me teño eu,
posto na vosa presencia,
e non me estrevo en concencia
a falar, sendo un Jan-pan,
con unha siñora tan
grande como voselencia.

Grande sodes, e esto non
soilo polos herdamentos
dos Cobos e dos Sarmentos,
que en tanta altura vos pon;
por unha e outra razón
a vós a grandeza pasa
de Ricla e de Camarasa,
e anque esta tan alto guinda,
vós sodes, siñora, aínda
máis grande que a vosa casa.

Esto é certo, porque vós,
por tan xenerosa e boa,
hoxe sodes a coroa
dos vosos nobres avós.
Por eles, sabemos nós,
tendes estados e rendas
con regalías tremendas,
mais todo esto é nimigalla,
que por moito e ben que valla,
non chega coas vosas prendas.

Mais de estas, que son patentes,
non quero falar, porque
para vós o oílas é
coma rallarvos os dentes.
Xamais tivéstedes mentes
de alabamentos por elas,
e anque percurades telas
de todos para o proveito,
sempre estades con despeito
por non poder escondelas.

Mais non podés, porque o lume,
por moito que se atafegue,
logo o venta quen se achegue,
anque del non vexa fume.
Xa sei tendes o costume
de obrar ben con un porfundo
sagredo, mais neso fundo
que hai de vós novas máis cheas,
porque das vidas alleas
sempre fala moito o mundo.

Eu polo menos, de día
e de noite, si aquí Dios
me dese con quen, de vós
falando sempre estaría;
de eso non me fartaría,
pois tería en eso groria;
mais tamén cousa é notoria
que, si por non poder máis,
a lingua cala, xamais
está calada a mamoria.

Esta decote decindo
á orella me está: "¿que fas?
¿Donde, siñora, acharás
de xenio máis nobre e lindo?
Ti de ela estás recibindo
honras sin comparación,
e anque todas grandes son,
a que causa máis espanto
é a de facerche canto
no seu nobre corazón.

¿Con que has de pagarlle, di,
(si podese caber paga)
o que sendo quen é, faga
conta de un tal coma ti?"
Eu respóndolle, e así:
"Mais tamén así se ve
a súa bondá, porque
tanto favor e tan bo
non mo fai por quen eu só,
sinón por ser ela o que é".

De esta maneira, entre min
falo de vós á calada,
e din nesta matinada
desde que en ser voso din.
Moitas veces presumín
decérvolo, coma agora,
mais como sodes siñora
tan grande, non se estreveu
a musa, porque temeu
a nota faladora.

Pero hoxe, máis advertida,
conoce andou ao revés,
porque unha expresión cortés
naide a ten por atrevida;
polo mismo, arrepentida
de haber calado, hoxe fala,
pois anque para excusala
non faltaría disculpa,
sempre que é dudosa a culpa
o mellor é confesala.

Sírvase, pois, voselencia
de botarme a ausuluzón,
pois en esta confesón
descargo a miña concencia;
espero esta induluxencia
que lle pido sin falacia,
propondo con eficacia,
como (Dios diante) cudicio,
vivir no voso servicio
e morrer en vosa gracia.
(c. 1774)


8

Ai do allo, ai do allo,
ai do allo, ai da cebola,
ai do allo, ai do allo,
nunca che eu do allo fora.

GLOSA

Meu Antón, no que parolas
en copras mal coziñadas,
facendo mil enversadas
mezcras allos con cebolas.
Déixate de ideas tolas,
que perdes tempo e traballo,
e non sexas mas vasallo,
pois eres do allo, Antón,
nin te piques, que sinón
ai do allo, ai do allo.

Non fagas copras mordentes,
que no teu frío gaspallo
ben conocemos o allo
sin que nos mostres os dentes.
Son moitos os ingredentes
de que se fai unha ola,
e anque na túa cachola
o allo porreta bote,
ben sabes que en qualquer pote
ai do allo, ai da cebola.

Nunca piques a ninguén
nin fíes de mosca morta,
que qualquer na súa horta
súa punta de allo ten.
Revolver caldos non é ben,
meu Antón, cara de almallo,
e sabe polo meu fallo
que para dar picazón,
donde se pensa que non
ai do allo, ai do allo.

Eu non che quero negar
que o ser Rioboo é bo
e que en escoller avó
non me quixera Malvar.
Eu ben sei que o meu solar
non ten moita forma agora,
mais, en fin, chanzas afora,
non habendo, así como así,
de ser eu mellor que ti,
nunca che eu do allo fora.


9

Porrum, et coepe nefas violare, et frangere morsu. O sanctas gentes, quibus haec nascuntur in hortis Numina! Que quiere decir en gallego

Morder ou andarse en chanzas
coa cebola ou coo allo,
contá con eso, señores,
que é un pecado nefando.
¡Oh, santas xentes aquelas
en cuias hortas ou agros
lle nacen esas deidades,
como andarán endiosados!


10

Meu Carballo, tu estás cego,
porque, si ben o reparas,
sin saber con que bois aras,
te zombas do boi galego.
Agora sabrás, borrego,
adonde te aperta o callo,
pois, aínda sendo un almallo
galego, como ao desgaire,
os dous garfos de pao de aire
soupo enxertar nun Carballo.

Déixate o touro ferido,
e ti, por verte vengado,
o querías ter comprado
cando el te tuvo vendido.
Disparate conhecido
compralo para o matar;
eso era virche a costar
dobre as túas fanforriñas,
pois, cando pagas llas tiñas,
llas volvías a pagar.


11

Coplas gallegas

Dizque xa vén por camiño
o noso rei, Dios o traia,
porque, según nos din todos,
é lindo como unha prata.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Cando era aínda mociño
contan que xa non paraba
sinón coos seus ispañoles.
¡Ben haia súa nai, ben haia!
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Cando se foi para Naples
no coración nos levaba,
que como acó se criou
tíñanos lei: ¡miña alma!
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Dizque alá de dous gallegos
fixo grande confianza;
¡e din que na nosa terra
no hai home que valla nada!
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
A outro que nun paseo
topou, un posto lle daba;
engruñouse e n'acetou:
¡vállache a mona, Panarra!
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Habíache de ser eu,
que solo por verlle a cara
lle sirvira, sin levarlle
maravedil de soldada.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Súa nai, Dio-la bendiga,
lle dou tan boa crianza
que reina de máis governo
non a veu xa hai moito España.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
A muller do noso rei
dizque é unha siñora guapa;
si acá viñera, aínda había
de darnos para unha faixa.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Dizque xa ten oitos fillos,
seis varóns, dúas infantas;
endebén, casi me folgo;
¡aidapuxa, casi é farta!
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Parécese á súa sogra
nesa fertuna tamaña,
que leva un carro de fillos
debaixo de esa enramada.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
¿E que fillos? ¡Santo Dios!
Un dizque é Duque de Parma,
outra, reina portuguesa,
e outra, duca saboiana.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
O outro é o siñor Don Luís,
que aínda solteiriño se acha.
¡Ai, miña Virxe!, si eu fora
reina, con el me casaba.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Esta vai por despedida
e por fin da foliada;
levántese unha de vós
e diga en voz castillana:
Uno: ¡Viva el rei de Galicia Don Carlos
y ponga a su lado Santiago su espada!
Todos: Idem.
(1759)


12

A cabaza

Véxome nesta ocasión,
porque non lle encontro trazas,
canto a darvos calabazas
metida en gran suspinsión.
5 Pode, en fin, soprir o Don
da vosa cabaza solo
a miña cabeza polo
moito que ela, siñor, ten
de lixeira, e mais tamén
10 porque ten pouco meolo.

Non vos causará estrañeza
canto no caso propoño,
pois no que falo non poño
nada da miña cabeza;
para cabaza no é peza,
meu siñor, de compremento;
ela ter non ten asento,
e para enchela vós ben
tamén vedes que ela ten
dentro moitísimo vento.

Como vós non fagás ascos
de pasala á vosa man,
xa á miña cabeza irán
quenzéndolle ben os cascos.
Excuso acudir aos frascos,
meu siñor, para quenzelos,
porque teño meus rezelos
que o dar á cabeza eu é
porme en paraxe de que
leve agarrados uns pelos.
(1775)


13

De agradecer no me farto
os teus regalos que has doito,
porque para min val moito
anque sexa solo un carto.
Do carneiriño non parto,
como din, con alma eterna,
porque a razón que o goberna
me aconsella neste emprazo,
xa que non podo do brazo,
que me aproveite da perna.


14

Con motivo de una visita pastoral

¡Siñor!, si saber queredes
o que din, no que a vós toca,
todos din por unha boca
que un ánxele parecedes.
5 Solo con que a ver vos dedes,
a tristura se desterra;
con que toda a xente berra,
levada do voso amor:
¡bendito sexa o Siñor,
10 que vos trouxo á nosa terra!


15

A los señores del Colegio Mayor de Fonseca...

Meu Jusepe, aunque vos pida,
non se vos faga eso extraño,
que non pode un ermitaño
vivir si lle falta ermida;
eu ando buscando a vida,
pero nada ou pouco collo;
algúns me mandan o rollo
e, véndome desbotado,
para ver si ese sagrado
me val, a Hermida me acollo.