Diferenzas entre revisións de «Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
==Disposicións adicionais==
 
:Primeira ''Ficheiros preexistentes''
 
Os ficheiros e tratamentos automatizados inscritos ou non no Rexistro Xeral de Protección de Datos deberán adecuarse a esta lei orgánica dentro do prazo de tres anos, contados desde a súa entrada en vigor. No devandito prazo, os ficheiros de titularidade privada deberanlle ser comunicados á Axencia de Protección de Datos e as administracións públicas, responsables de ficheiros de titularidade pública, deberñan aproba-la pertinente disposición de regulación do ficheiro ou adapta-la existente.
 
No suposto de ficheiros e tratamentos non automatizados, a súa adecuación a esta lei orgánica, e a obriga prevista no parágrafo anterior deberán realizarse no prazo de doce anos contados desde o 24 de outubro de 1995, sen prexuízo do exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación por parte dos afectados.
 
[[Category:documentos legais]]

Menú de navegación