Saltar ao contido

O Carmen do Briño

En Galifontes, o Wikisource en galego.
(Redirección desde «Carmen do Briño»)


O Carme do Briño       Enrique Labarta       1896
 



1

    Cara a romaxe do Carme
    que no Briño se celebra,
    festa tan boa, que hai poucas,
    que poidan botarlle a perna,
  5 o dazaoito de Xulio,
    si as miñas contas son certas,
    montado enriba dun burro
    listo como unha centella;
    cuasque dino de ser home
 10 si pollino non nacera,
    camiñaba eu máis sereno
    que o Cid sobre o seu Babieca.
    Hai do meu lugar ó Briño
    pouco máis de medea légoa,
 15 distancia que recorrín
    cuasque en tres horas e médea,
    o que proba que é o meu burro,
    pola súa lixeireza,
    dino de sorte máis alta
 20 e de millor recompensa...
    ¡E non o mandei ó hipódromo
    por non ferirlle a modestia!

    Cando cheguei á romaxe
    ás once ou ás once e médea
 25 marcaría o meu rilós,
    (si cicais rilós tivera
    e lle durase inda a corda
    i estivese posto en regra).
    Atei o meu burro a un álbore,
 30 i achegándome a unha vella
    que estaba vendendo froita
    sentada á miña dereita,
    con vos melosi a díxenlle:
    -Señorita do a Berta,
 35 mire vosté polo burro
    namentras eu vou á festa.
    I ela: -Vaia descoidado-
    dixo con vos de trompeta;
    co que tranquilo me fun
 40 a esparxer ánemo e pernas.

2

    Érguese a pequena ermida
    onde a Virxen se venera
    do Carme, preto unha fonte
    i a rente dunha alboreda,
 45 á sombra da que se ven,
    formando unha ringla tépeda,
    carros con odres de viño
    nos que o Dios Baco se asenta;
    ringlas, a unha i outra banda,
 50 de bancos vellos, e mesas
    acoguladas de roscas,
    auga de limón, etcétera;
    mulleres que venden froita
    berrando: «¿A ver quen ma leva?»
 55 Panadeiras cos seus bolos
    inda máis duros que as pedras,
    que dicen «¡Ai que fresquiños!»
    (a todos cantos llo crean);
    cafés, de dous chavos taza,
 60 e que eu non me resolvera
    a tomar así me desen
    a taza i unha peseta.
    I en fin, xentes que se cruzan,
    codéanse, falan, berran,
 65 cantan, rin, meten barullo,
    corren, veñen e se sentan;
    familias que buscan sitio,
    e cando o topan esperan
    a que a misa se concruia
 70 pra escomenzar a merenda;
    siñoritas que chegando
    veñen das vilas de cerca
    e que, con ricos vestidos
    de sospeitosa maxeza,
 75 que foran da últema moda,
    aló... na invasión francesa,
    facendo mil aspaventos
    i a pasiño de gacela,
    por antre a xente camiñan
 80 ollando dunha maneira
    que quere decir: «¡Asús!
    ¡Si esto non vale la pena!»
    Nais que lles poñen ós mozos
    caras de sogras videiras;
 85 pais grosos e bonachós,
    que parescen lúas cheas;
    abigarrado conxunto
    de caras lindas e feas,
    de páledas rapaciñas
 90 e de rixosas labregas;
    de calzós mui axustados,
    de polainas e monteiras,
    de saias, panos marelos
    e froleadas baxeiras;
 95 de pantalós abombados
    e axustadi os á perna;
    de lanvitas doutro sigro,
    capas azúes e negras,
    sombreiros altos e baixos;
100 montecristos e chaquetas;
    de vestidos de cretona,
    de lan, de pano e de seda;
    todo de tantos coores,
    de feituras tan diversas,
105 que aquelo tal ves paresce
    unha ben surtida tenda,
    unha esposición andante,
    un bazar de roupas feitas
    con mecánecos resortes
110 que as soparan, que as achegan,
    que as alargan, que as encollen,
    e confunden e marean.


3

    Diron as doce, i ó punto
    chegou, tocando unha marcha
115 a múseca, que compuñan
    o bombo, tambor e gaita;
    e doce bombas, i un ledo
    repinicar de campanas,
    anunciaron a función
120 que na ermida escomenzaba.
 
    Encheuse o santo recinto
    de xente, e preto da entrada
    tamén eu me coloquei
    antre as hercúleas espaldas
125 dun fornido labrador
    i ó frontis dunha beata.
 
    Pola gaita acompañados,
    empezaron en vos alta
    tres cregos i un monecillo
130 a cantar... ¡Pero de ganas!
    ¡Que os seus berros parescían
    como arrincados da ialma
    dun coitado a quen as gorxas
    o verdugo lle apertara!
135 Dempois, un subiuse ó púlpeto
    e con sonoras palabras
    máis fortes que cañonazos,
    dende alí faloulle ás masas.
    Aixiña acabouse a misa
140 i entre foguetes e gaita,
    en solene procesión,
    levaron santos e santas
    polos redores da ermida
    i á baoneta calada,
145 ¡pois os que menos corrían
    cuasque non sei si voaban!
 
    Ó fin os santos marcharon
    outra vez para a súa casa;
    os cregos foron detrás
150 pra se quitar as sotanas,
    i a xente toda esparxeuse
    pola alboreda inmediata,
    a desocupar as cestas
    i a xantar en santa calma.
 
4

155 Eu, achegueime ó meu burro
    e saqueille das alforxas
    unha comida modesta
    pro en troques apetitosa,
    si para un príncepe mala,
160 para min ¡función de groria!
 
    De súpeto cando estaban
    tódalas xentes á obra,
    (i o que menos i o que máis
    cobizara ter dúas bocas
165 por si cansaba con unha
    contar de fixo coa outra),
    cal unha praga de Exipto,
    unha nube de langostras,
    un enxamio de mosquitos
170 ou dous batallós de moscas,
    polo campo se estenderon
    atentando as nosas bolsas
    mil cegos con lazarillos
    e cas crásicas zanfonas,
175 que iban a destro e siniestro
    tocando e dicindo copras.
 
    Un apilloume por banda
    e díxome, antre outras cousas:
    -Siñorito do pollino,
180 bonito como unha rosa.-
    ¡¡Que astra non sei si o piropo
    foi ó burro ou á presoa!!
 
    Por últemo os cregos todos
    deixaron as maniobras;
185 acabáronse as comidas
    i esgurricháronse as botas;
    as xentes fóronse erguendo,
    estrondaron unhas bombas,
    chegou tocando o gaiteiro
190 a muiñeira retozona,
    saíron os bailarís
    a buscar as bailadoras,
    escoitouse alá de lonxe
    certo aire como de polka,

195 dun acordeón... (que non sei
    si estaba enfermo do cólera)
    e que un mozo compracente
    tocáballe a unhas señoras
    que non querían xuntarse
200 con xente de pouca monta,
    i os bailes escomenzaron
    i o rebullicio i a groma.

5

    Eu, a verdade confeso,
    cando sentín a muiñeira,
205 as castañolas saquei
    sin poder conterme apenas
    e... ¡Ala que te vas, salero!
    Púxenme a beilar de veras
    con unha linda rapaza
210 roxa como unha cereixa,
    con un talle, unha cintura
    i unhas formas tan esveltas
    que astra ó recordala... ¡Vamos!
    Volvo a perder as chavetas.

215 ¡Que romaxe tan enxebre!
    ¡Que tarde feliz aquela!
    ¡Alí todo era ventura,
    fraternidade e pesetas!
    (¡I anque estas pouco rendían
220 drento as miñas faltriqueiras,
    aquela esceución do diaño
    confirmaba máis a regra!)
    ¡Que unión e que paz reinaban!
    ¡Qué soltura e que franqueza!
225 ¡Astra había algún romeiro
    que amostraba sin reserva
    un furmigueiro nos pés
    i unha cuba na cabeza!

    Mais ó fin chegou a noite,
230 (que no mundo todo chega)
    e, por tempos, comenzaron
    a iluminar a arboreda,
    foguetes de mil coores
    e de mil formas diversas;
235 houbo un macaco de pólvora,
    que dou voltas pola vella;
    un grobo que non subiu
    porque... tiña pouca mecha;
    doce bombas de palenque
240 i unha marcha a toda orquesta.

    Dempois, homes e mulleres
    marcháronse prás aldeas;
    i o campo foi despexándose
    de xentes, carros e cestas.
245 Solo quedaron alí
    pra seguer facendo a festa,
    as mozas de rompe e resga
    i os paxaros de correa
    que se erguen ó vir a noite
250 i ó sair o sol se deitan.

    ¡Estaba unha noite hermosa,
    crara, temprada, poéteca!
    ¡Solo un farol alumeaba
    sobre a mesa dunha tenda!
255 ¡Un alalála melancónico,
    alá lonxe, con tristeza
    resoaba, producindo
    non sei que emoción secreta!
    De súpeto... ¡Adiós poesía!
260 Sonan paus, as xentes berran,
    i un fato de condanados
    preto de min estrapexan,
    tan preto, que os loitadores
    nos seus rempuxós me estreitan,
265 tomándome como centro
    dunha espantosa quimeria;
    ¡sinto un fungueiro que pasa
    rozando a miña cabeza!
    Escúrrome nun istante,
270 monto no meu burro á ingresa;
    e sin mirar atrás, fuxo
    ¡como alma que o demo leva!
    . . . . . . . . . . . . . . .
    E si hai quen queira saber
    como arrematou a festa,
275 vaia un ano pola tarde,
    e, armándose de pacencia,
    quede astra o fin... ¡¡Que de noite
    lle romperán a cabeza!